Reportaxe de Daniel Salgado en El País:
“Co sintagma “viúvas dos vivos”, Rosalía de Castro rexistrou, en Follas Novas (1880), a ferida migratoria aberta en Galicia. A poeta escribía cando as primeiras estatísticas oficiais do Goberno español ofrecían datos da emigración oficial: entre 1860 e 1880 deixaron o país 122.875 persoas. Como a literatura dificilmente se desanoa do mundo en marcha, continuou dando conta do exilio económico que asollou o territorio ao longo do século XX. Aínda a falta dunha épica da cuestión —así o denuncia Xavier Alcalá—, as pegadas de galegos á procura dunha vida mellor polo mundo adiante aparecen unha vez e outra nas letras galegas. Xosé Neira Vilas en Esperando o leiteiro (Galaxia, 2012) e o propio Alcalá en Verde oliva (Galaxia, no prelo) son as máis frescas mostras.
O detective Frank Soutelo, o personaxe creado por Miguel Anxo Fernández e protagonista de catro novelas de serie noir, é fillo de emigrantes a California. N’A fame fatal de Alberto Lema, lembra a coordinadora da revista de libros Protexta, Ana Salgado, a protagonista anuncia que marcha para as Canarias. Da Porta blindada de Margarita Ledo sae Antón Moreda, histórico galeguista da emigración marxinado dende os cenáculos piñeiristas. As maneiras en que o fenómeno social máis relevante da historia recente se entremete na narrativa son múltiples, equívocas, fragmentarias, ruinosas. “Non entendo como desaproveitamos a oportunidade da épica”, considera, ao respecto, Xavier Alcalá, “non entendo como cada escritor galego non ten unha novela sobre a emigración; dá para todos”. (…)”
Arquivos da etiqueta: Miguel Anxo Fernández
Ourense: actos destacados do mércores 6 na Feira do Libro
Finaliza
a XXVIII Feira do Libro de Ourense (na Alameda, Rúa do Bispo Cesáreo), con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:30 a 22:00 horas, coas seguintes actividades destacadas para o mércores 6 de xuño:
– 20:00 h. O escritor Miguel Anxo Fernández asinará exemplares das súas obras, publicadas por Editorial Galaxia.
– 21:00 h. Enogastrofonías Ferreirianas. Espectáculo deseñado por Arraianos. Percorrido pola obra de Celso Emilio Ferreiro a través da poesía, da música e o viño do Ribeiro, maridado con minigaleguesas. Presentación do monográfico da Revista Arraianos Celso Emilio Ferreiro fai 100 anos. Cociña en directo e degustación, previa inscrición. Participan Aser Álvarez (poesía), Alexandre Meire (música) e Mario Poti (cociña).
O Carballiño: presentación de O sabre do francés, de Miguel Anxo Fernández
O
xoves 31 de maio, ás 20:30 horas, no Casino do Carballiño, preséntase O sabre do francés, de Miguel Anxo Fernández, nunha nova edición ampliada e publicada en Galaxia. No acto, xunto ao autor, participan Carlos Lema e Saúl Otero.
Miguel Anxo Fernández: “O máis complicado da escrita é dar cun bo arranque que magnetice, que atrape ao lector”
Entrevista
a Miguel Anxo Fernández en Tempo de Lecer:
“(…) – Tempo de Lecer (TdL): As súas obras céntranse no ensaio, a historia e a ficción. Son tres ramas moi diferentes entre si? Hai algunha na que se sinta máis cómodo?
– Miguel Anxo Fernández (MAF): Certamente o son, por moito que sexa a palabra a ferramenta común. O ensaio require rigor, investigación, análise. A ficción, imaxinación e gañas de contar unha historia que atraia ao lector. O ensaio é menos agradecido pola súa difusión restrinxida, pero ao tempo moi necesario. Na ficción, confeso que rexeito o modelo de escritor onanista, que semella escribir para si mesmo póndose de costas ao lector. Con isto non reivindico a trapallada, nin moito menos, pero si que haxa comunicación co lector. Agrádame a literatura de xénero porque se pode facer desde a dignidade ao tempo que buscas a complicidade do lector. Non faría distingos, son mundos diferentes. (…)
– TdL: Que pensa cando se senta diante dunha folla en branco antes de comezar un novo proxecto?
– MAF: O tópico di que pánico, pero algo hai diso… Recoñezo que comezo unha historia cando teño un bo remate, e confeso que o máis complicado é dar cun bo arranque, que magnetice, que atrape ao lector e o convide a acompañarme na lectura. Por sorte para o ecosistema, a folla en branco trocouse en pantalla. Hei de anotar tamén que só escribo cando me apetece, e poden pasar meses e semanas ata que regreso a unha historia. O labor de escribir enténdoa como pracenteira, nunca como sufrimento. O meu masoquismo non chega a tal extremo… (…)”
Allariz: presentación de O sabre do francés, de Miguel Anxo Fernández
O
venres 25 de maio, ás 20:30 horas, na Fundación Vicente Risco (Rúa San Lourenzo, 3) de Allariz, Miguel Anxo Fernández presenta a nova edición de O sabre do francés, con dous relatos novos, publicada en Galaxia.
Ribadeo: tertulia sobre Lume de cobiza, con Miguel Anxo Fernández
O
luns 12 de marzo, ás 12:45 horas, no IES Dionisio Gamallo Fierros de Ribadeo, Miguel Anxo Fernández visita este centro de Ribadeo para ter un encontro co alumnado de bacharelato e falar da súa última novela Lume de cobiza, publicada en Galaxia.
Allariz: presentación de Leccións de cousas, de Antón Reixa
O
venres 9 de marzo, ás 20:30 horas, no Fogar dos Maiores (Campo da Barreira, 3) de Allariz, preséntase Leccións de cousas, de Antón Reixa, publicado en La Oficina de Arte. No acto participa, xunto ao autor, Miguel Anxo Fernández.
Ribadavia: charla de Miguel Anxo Fernánez sobre Lume de cobiza
O
domingo 4 de marzo, ás 13:00 horas, no IES de Ribadavia, terá lugar unha charla ofrecida por Miguel Anxo Fernández sobre o seu último libro, Lume de cobiza, publicada en Galaxia. O acto está enmarcado na na xornada da Asemblea Anual da Asociación Ecolóxica Ridimoas.
Pontevedra: coloquio sobre O sabre do francés, de Miguel Anxo Fernández
O
xoves 26 de xaneiro, ás 16:00 horas, no colexio SEK de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández visita os alumnos para falar sobre a súa novela O sabre do francés, publicada en Galaxia.
Piñor: coloquio sobre Lume de cobiza co seu autor, Miguel Anxo Fernández
O
martes 24 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Bar Ojea de Piñor, Miguel Anxo Fernández visita o clube de lectura Libros Abertos para falar sobre a súa novela Lume de cobiza, publicada en Galaxia.