Arquivos da etiqueta: Museo de Pontevedra
Pontevedra: III Xornada de Onomástica Galega. Os alcumes
Pontevedra: relatorio arredor de Protexer o invisible, de Xaime Toxo
O venres 14 de outubro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra (Rúa do Padre Amoedo Carballo, 3), terá lugar un relatorio arredor do libro Protexer o invisible, de Xaime Toxo, publicado pola Editorial Ancoradouro. No acto participan, xunto ao autor, Xosé Leal, Ramón Rozas, Antón Sobral, Carmen Quinteiro e Jonathan Balbuena. Organizan, xunto á editora, o Ateneo, a Deputación e o Museo de Pontevedra.
Pontevedra: Mesa de debate Un novo teatro galego, no Centenario das Irmandades da Fala
María Xosé Queizán leva o Premio da Cultura Galega de Letras
Desde Cultura Galega:
“O xurado dos Premios da Cultura Galega, os galardóns cos que a Xunta de Galicia recoñece “a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección da construción cultural de Galicia nos diferentes ámbitos”, daba a coñecer o seu ditame para este ano. No mesmo, recoñecen a María Xosé Queizán polo seu labor literario, mentres Miguel Fernández-Cid levou o premio das Artes Plásticas e Sarabela Teatro o de Artes Escénicas. Maximino Zumalave foi escollido no campo musical, mentres a cooperativa Numax obtivo o premio Audiovisual. O labor da Irmandade Xurídica Galega a prol da nosa lingua viuse tamén recoñecido co galardón neste campo, mentres o Museo de Pontevedra obtivo o premio na categoría de Patrimonio Cultural e Elena Zernova na de Proxección Exterior.
O xurado, presidido polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, estivo composto polo xerente do Consello da Cultura Galega, Marcelino Fernández Santiago, por delegación do seu presidente; a bibliotecaria-arquiveira da Real Academia Galega, Margarita Ledo, por delegación do seu presidente e mais o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, Manuel Quintana Martelo. O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño, delegou o voto na Consellería de Cultura e Educación. Canda a eles participaron na elección o editor Xosé Ballesteros, a música Susana Seivane, a directora teatral Fefa Noia, e o fotógrafo Manuel Vilariño, coa subdirectora xeral de Xestión e Coordinación Cultural, Cristina Fabeiro como secretaria. Os gañadores seleccionáronse entre un total de 40 candidaturas e recibirán como galardón unha escultura de Manolo Paz.”
Pontevedra: inauguración da exposición Saúde e Terra, irmá(n)s!
Pontevedra: presentación de O encargo do señor Castelao, de Luís Rei Núñez
O xoves 14 de xullo, ás 20:00 horas, no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, Luís Rei Núñez presenta O encargo do señor Castelao, de Luís Rei Núñez, publicado por Xerais. No acto, coorganizado pola editorial, o Museo e o Ateneo de Pontevedra, participan, xunto ao autor, Xosé Enrique Acuña, Ana Acuña, Xaime Toxo e Manuel Bragado. Durante o mesmo, lerán textos da obra Fina Casalderrey como Virxinia e Xosé Álvarez Castro como Castelao, con acompañamento musical de Óscar Ibáñez.
Pontevedra: presentación de A rotura das paisaxes, de Xesús Constela
O xoves 28 de abril, ás 20:00 horas, no Salón de Actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra (Rúa do Padre Amoedo Carballo, 3), preséntase A rotura das paisaxes, de Xesús Constela, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola editorial, o Ateneo de Pontevedra e a Deputación, participan, xunto ao autor, Ramón Rozas e Manuel Bragado.
Pontevedra: presentación de Camaño Xestido, de Ramón Rozas
Os vellos non deben de namorarse, por primeira vez en versión para monicreques
Desde Sermos Galiza:
“Pontevedra e Rianxo acollerán este próximo sábado a estrea en Galiza da que é a primeira versión para títeres da obra teatral Os vellos non deben de namorarse de Castelao. Trátase da nova produción da compañía de monicreques Fantoches Baj, con cuxa estrea tanto a Deputación Provincial de Pontevedra, como o concello natal de Castelao, Rianxo, iniciarán os actos conmemorativos do Ano Castelao 2016, do centenario da chegada do autor á cidade do Lérez e do 75 aniversario da estrea da que foi a súa única obra teatral.
A estrea da adaptación a marionetas de Os vellos non deben de namorarse presentouse a terza feira 26 de xaneiro no Museo de Pontevedra e os primeiros pases da representación, abertos a todos os públicos, terán lugar o sábado 30 de xaneiro ás 12 horas no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra e o mesmo día, sábado 30 de xaneiro, ás 20:30 horas no Auditorio de Rianxo. En ambos lugares da estrea a función será de balde. En Pontevedra as entradas convite poden retirarse xa calquera destes días pasando polo propio Sexto Edificio do Museo; e en Rianxo, as entradas convite poden retirarse desde unha hora antes do comezo da función, no propio Auditorio municipal.
Os vellos non deben de namorarse de Fantoches Baj está dirixida por Inacio Vilariño. Para deseñar os bonecos -tarefas da que se encargou o propio Inacio e o artesán e artista Luis Javier Iglesias Rodríguez “Luchi”- a compañía inspirouse no método de elaboración de máscaras do propio Castelao. A partir desta semana, a obra estará en distribución co obxectivo de chegar ao público de todos os concellos de Galiza.”