Arquivos da etiqueta: Pablo Quintana
Xosé Manuel Sánchez Rei: “Ribeira de Piquín sempre foi unha terra de afamados gaiteiros e artesáns de gaita”
Entrevista de Antón Escuredo a Xosé Manuel Sánchez Rei en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): Que ten de particular a Ribeira de Piquín para lle dedicar un traballo así?
– Xosé Manuel Sánchez Rei (XMSR): A nación toda posúe unha extraordinaria cultura de orixe tradicional de que os cantares e poesías orais representan máis unha manifestación desa vizosidade e, neste sentido, a zona da Ribeira de Piquín non constitúe unha excepción. Sempre foi unha terra de afamados gaiteiros e artesáns de gaita, como Xosé Seivane, e sempre se caracterizou, ao mesmo tempo, por ser unha área en que o canto e poesía orais tiñan un relevante protagonismo entre a veciñanza.
Hai rexións ou concellos que contan con seus propios cancioneiros publicados (A Ribeira Sacra, A Terra Chá, Fisterra, Cotobade, Pol etc.) e Noemí e eu pensamos que era de xustiza desenvolvermos un traballo que humildemente servise para equiparar A Ribeira de Piquín a esoutros territorios. A idea pareceu ben a Pablo Quintana, polifacetado director de Edicións Canela, quen desde o primeiro momento apoiou a iniciativa co entusiasmo, a rigorosidade e a xenerosidade que caracterizan os seus proxectos editoriais.
– ND: Foi complexo estruturar a información escrita e oral que atoparon sobre a zona?
– XMSR: Na verdade, unha parte xa estaba máis ou menos pronta. Cando no ano 2018 andaba a preparar os materiais que darían forma ao libro Xosé Seivane. A gaita con maiúscula (Canela, 2019), fun organizando pastas con diferentes informacións (entrevistas, gravacións, notas biográficas, etc.).
Tamén, a consultar cancioneiros clásicos (Inzenga, Torner & Bal y Gay, Rielo Carballo, Schubarth & Santamarina etc.), reparei nalgúns cantares de orixe tradicional da zona que quizais coñecese a nai de Seivane, Estrella Rivas, que costumaba cantar durante as noites ao calor da cociña da lareira. Ese foi o núcleo do traballo, mais outras poesías (as menos) proveñen da compilación directa, produto da xentileza dalgunha xente a quen Noemí e eu entrevistamos.
Despois tivemos de adoptar certas decisións, como, por exemplo, optarmos pola orde alfabética na disposición dos textos, indicarmos a fonte, optimizarmos a lingua rexistrada (cando non afectase a rima nin a medida dos versos), etc.
– ND: Que características teñen en común estes cantares?
– XMSR: Como acontece neste tipo de literatura, algúns deles son comúns a máis rexións da Galiza e até varios retrotraen as súas primeiras documentacións ao século XVIII. O que posúen en común eses 200 textos asenta nos trazos lingüísticos locais e populares que transparecen nas letras e na expectábel vinculación á comarca de que proceden, o que se verifica nos topónimos que figuran nos versos, cal “Boel”, “Chao”, “Cuíña”, “Mestre”, “Paíme”, “Ouviaña”, etc.
Ese vínculo tamén se constata nas referencias a oficios habituais outrora na zona, como os arrieiros, segadores, etc., mais que hoxe xa non se practican.
– ND: Falan no libro da importancia de manter e difundir os cantares. Como se podería conseguir nos tempos actuais?
– XMSR: A sociedade tradicional camponesa que xerou e mantivo eses cantos durante centos de anos foi devalando ao longo do século XX e nese proceso tamén foron desaparecendo os ambientes e as situacións das comunidades rurais en que se recitaban ou en que se cantaban tales poesías.
Porén, fan parte non menor da cultura galega contemporánea e talvez un modo de os difundir puidese provir dun maior peso nos currículos escolares do país, naturalmente sempre os sabendo encaixar no seu contexto e nunca os deixando de explicar ao alumnado. Por outro lado, actualmente hai grupos de música folque que contribúen poderosamente para daren a coñecer eses textos e que desenvolven unha interesantísma actualización deles.”
A Coruña: presentación de Cancioneiro da Ribeira de Piquín, de Xosé Manuel Sánchez Rei e Noemí García Rodríguez
O 6 de xullo, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, preséntase o Cancioneiro da Ribeira de Piquín, de Xosé Manuel Sánchez Rei e Noemí García Rodríguez, publicado pola Editorial Canela. No acto participan tamén Xurxo Souto e Pablo Quintana. As persoas que queiran asistir poden anotarse aquí.
A Coruña: presentación de Xosé Seivane. A gaita con maiúscula, de Xosé Manuel Sánchez Rei
Feira do Libro da Coruña 2021: actividades destacadas do 3 de agosto
O 3 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 18:00 h. Contacontos e sinatura de As formiguiñas fiandeiras, de Victoria García e Laura Cortés, publicado por Hércules.
– 18:30 h. Presentación conxunta de E continuaremos a contar, de Paula Carballeira, e Guitarra Galega, de Isabel Rei Samartim, publicados por Através. Con Tiago Alves Costa.
– 19:30 h. Presentación cruzada de Os corpos invisibles, de Emma Pedreira e santoamaro, de Antonio M. Fraga, publicados por Xerais.
– 19:30 h. Paula Carballeira e Isabel Rei Samartim asinan exemplares das súas obras.
– 19:30 h. Pilar García Rego asina Humanario, publicado por Galaxia.
– 20:30 h. Sinatura de obras de Antonio M. Fraga e Emma Pedreira.
– 20:30 h. Presentación de Un ano no carballal. Dende a vida tradicional aos novos tempos no Courel, de Sonia María García, acompañada por Pablo Quintana, da Editorial Canela.
A Coruña: presentación de Xosé Seivane. A gaita con maiúscula, de Xosé Manuel Sánchez Rei
A Coruña: presentación de Xosé Seivane. A gaita con maiúscula, de Xosé Manuel Sánchez Rei, o 16 de outubro
Polafías Polavida, inicios coa gaita, memoria de Pablo Quintana
Desde a sección de Literatura de Tradición da AELG convidámosvos a reunirnos cada día, momentaneamente, arredor da lareira virtual que representa o noso inmenso arquivo.
Hoxe escoitamos esta curiosa anécdota contada por Pablo Quintana (Vilanova de Oscos, 1956) sobre os seus inicios coa gaita, Mestre da Memoria 2019.
Esta gravación realizouse no Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo, o de maio de 2019.
Esta é a ligazón ao vídeo.
Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora, #CulturaNaRede e/ou #aculturasegue.
Crónica videográfica da Gala Premios Mestras e Mestres da Memoria 2019 (III)
A Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria 2019 tivo lugar o 25 de outubro, no Centro Cultural Vello Cárcere de Lugo (Rúa Alcalde Anxo López Pérez, 34). O acto, organizado pola AELG, co apoio da área de Cultura do Concello de Lugo, foi amenizado por Germán Díaz.
Para esta sétima edición dos “Premios Mestra e Mestre da Memoria” (cuarta edición da Gala), a Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, previa deliberación do Grupo de Traballo composto por Ana Acuña, Félix Castro Vicente, Carme Pernas Bermúdez, Calros Solla, Xurxo Souto, X. Manuel Varela, Lois Pérez e Antonio Reigosa, propuxo ao Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega someter á consideración da Asemblea Xeral recoñecer como Mestra e Mestre da Memoria 2019 respectivamente a Dorothé Schubarth e a Pablo Quintana. A Asemblea aprobou a proposta, e a entrega destas distincións fíxose na IV Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria que se celebrou en Lugo co apoio do Concello de Lugo e da Deputación Provincial de Lugo.
No acto, conducido Antonio Reigosa, participaron Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, Antón Santamarina, quen fixo a laudatio de Dorothé Schubarth, e Xosé Luís Freire, quen leu a laudatio de Pablo Quintana.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe estes vídeos:
– Entrega do Premio Mestre da Memoria e agradecemento de Pablo Quintana, con Mercedes Queixas:
– Laudatio de Xosé Luís Freire a Pablo Quintana:
– Peche da Gala, por Antonio Reigosa:
Dorothé Schubarth e Pablo Quintana, mestres da memoria
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“A musicóloga suíza Dorothé Schubarth chegou a Galicia en 1978 e recolleu durante cinco anos miles de cantigas populares. Compilounas e sistematizounas con criterios científicos no monumental Cancioneiro popular galego. Pablo Quintana, nado en Vilanova de Oscos (Asturias), é outro dos imprescindibles na transmisión da nosa música tradicional con traballos como Recolleita ou O cego andante. A entrevista pode escoitarse aquí.”