

Estes son algúns dos vídeos do acto central do Día de Rosalía de Castro 2025 en Compostela, que tivo lugar o 22 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval, organizado pola AELG, co apoio de CEDRO. A crónica videográfica completa pode verse aquí.
– Recital poético. Xosé Manuel Beiras. Profesor e escritor.
– Recital poético. Pilar Astray (Asociación do Traxe Galego).
– Recital poético. María Precedo Castro (Asociación Cultural e Musical Solfa).
– Recital poético. Zoe IriArte (Plataforma Ulloa Viva).
– Recital poético. Leire Prieto Orjales e Irene Sampedro Fuentes (alumnas do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela).
Estas son algunhas das fotografías do acto central do Día de Rosalía de Castro 2025 en Compostela, que tivo lugar o 22 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval, organizado pola AELG, co apoio de CEDRO. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
O acto central do Día de Rosalía de Castro terá lugar o sábado 22 de febreiro, ás 12:00 horas, no Panteón de Galegos Ilustres (San Domingos de Bonaval), en Santiago de Compostela. A entrada é libre e gratuíta.
Este é o programa previsto:
– Intervención do coro da Asociación Cultural e Musical Solfa.
– Saúda do Presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias.
– Lectura do Manifesto da AELG en 2025, Marga do Val.
Lectura de poemas rosalianos:
– “San Lorenzo”. Pilar Astray. Asociación do Traxe Galego.
– “Unha vez tiven un cravo”. María Precedo Castro. Asociación Cultural e Musical Solfa.
– “Daquelas que cantan as pombas i as flores”. Zoe IriArte, Plataforma Ulloa Viva.
– “Has de cantar” (Fragmento). Leire Prieto Orjales e Irene Sampedro Puentes, Alumnas do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.
– “A Gaita Gallega. Resposta” (Fragmento). Xaquín Rubido Muñiz, Voceiro da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa.
– “Silencio”. Olaia Novo, Música, ensinante e mediadora cultural.
– “Abrid´as frescas rosas”. Ana Díaz Freiría, Ecoloxistas en acción.
– “Cando penso que te fuches”. Felín Romero Lorenzo, Comunidade de Montes de Mosende (O Porriño), escritor.
– “Olvidémo-los mortos” (Fragmento). Paz Fernández Pereiro, Veciña de Mos, ensinante e activista social.
– “Xan”. Noela Vázquez Ledo e José González Alonso, Sociedade Cultural e Desportiva do Condado (SCD).
– “Tecín soia a miña tea”. Mercedes Espiño Amil, Mesa pola Normalización Lingüística (MNL), ensinante.
– “Dend´ aquí vexo un camiño”. Cristal Méndez Queizán, Música, Maga de Voz.
– “Por que”. Helena Pousa Ortega, Presidenta da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, o Condado, a Louriña.
– “A xustiza pola man”. Xosé Manuel Beiras Torrado, Profesor e escritor.
– “Eu cantar cantei”. Goretti Sanmartín Rei, Alcaldesa de Santiago de Compostela.
– Intervención do coro da Asociación Cultural e Musical Solfa.
– Ofrenda floral.
– Interpretación do himno.
Estas son algunhas das fotografías do acto central do Día de Rosalía de Castro 2022 en Compostela, que tivo lugar o 19 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval, organizado pola AELG, co apoio de CEDRO. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
A AELG organiza o acto central do Día de Rosalía de Castro, o sábado 19 de febreiro, ás 12:00 horas, no Panteón de Galegos Ilustres (San Domingos de Bonaval), en Santiago de Compostela, co apoio de CEDRO.
Este é o programa:
– Saúda do Presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias.
– Lectura do Manifesto da AELG, pola súa autora, Beatriz Maceda Abeleira.
– Lectura de poemas rosalianos:
Lucía Carreira (A. C. Solfa)
Pilar Astray (Asociación Traxe Galego)
Daniel Asorey
Jakson Renner Rodrigues Soares
Montse Vilar Figueirido
Sagrario Abelleira
Nuria Vil
Laura Veleiro
Nacho Pena Maceda
Nee Barros Fernández
– Ofrenda floral.
– Interpretación do Himno Galego polas persoas asistentes.
O acto central do Día de Rosalía 2020 tivo lugar o domingo 23 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que destacamos hoxe estas intervencións:
– Lectura do Manifesto da AELG no Día de Rosalía 2020, por Daniel Asorey:
Pode descargarse o cartaz en formato .pdf aquí.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemorou un ano máis o Día de Rosalía de Castro.
Para o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón desde 2010 á cidadanía que agasalle cun libro en galego e cunha flor ás amizades e persoas queridas, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web.
Para a edición de 2020 Daniel Asorey foi a persoa escollida para a redacción do Manifesto da AELG, que foi lido no acto central do Día de Rosalía de Castro, o domingo 23 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela. O texto foi tamén lido en todos os actos promovidos pola AELG. así como nos organizados por outras entidades que se sumaron ás propostas que a entidade remitiu a concellos, asociacións e centros de ensino.
Compartimos as palabras do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste 2020, Ricardo Carvalho Calero, sobre a nosa poeta, a quen dedicou gran parte do seu rigoroso traballo crítico: “A realidade rosaliana é particularmente complexa -mesmo, a nível superficial, contraditória, ainda que, a nível profundo, se conciliem as contradiçons na raiz unitária da singularidade pessoal de Rosalia. […] Enfim, Rosalia é umha rosa de cem folhas.”
Ambos errantes polo mundo andamos, dixo a muller. Daquela, as xentes silenciadas, ás que lle roubaran ata as palabras, recuperaron o alento. Fixérono de golpe. Souberon decontado o que eran, o que somos. Transmatria errante nunha humanidade errante. Seres humanos que vagaron e vagan; que pularon e pulan; que morreron e morren na procura do pan e da liberdade. Logo, a muller aquela, desafiando leis masculinas, sentenciou: Toda a terra é dos homes e das mulleres. Toda a terra.
Foi evidente entón que ela xa non precisaba apelidos. Sería sempre Rosalía, e había sinalar futuros e denunciar dores e inxustizas. Errantes polo mundo.
A súa palabra inzou poderosa, precisa, contundente. Outra vez os vaivéns da fertuna / para lonxe me arrastran, afirmou, así que axiña entendemos que os camiños nos igualan e os tránsitos nos fan humanos.
Si, Ambos errantes polo mundo andamos! Elas e nós. Ti e mais eu. Nosoutres.
Camiñamos. Marchamos. Fuximos. E, no medio do desamparo, da dor da partida, do mundo deixado e do degoirado, Rosalía amosou o desconsolo de migrar e o afliximento de ficar. Tamén nos aprendeu a ollar, a saber, a ser. Dende entón a nosa voz foi para sempre palabra de muller. No éxodo infinito. A nosa voz errante polo mundo.
Velaquí talvez o inaudito. Rosalía, unha daquelas que debían ser silenciadas pola forza, daquelas que pretenderan enmudecer tantos deuses e leis dun heteropatriarcado opresivo, ergueu a palabra libre e entregóunola. Será por iso que habemos ser unha anomalía? Unha transmatria errante con voz de muller. Unha nación errante que nos iguala no camiño coas desposuídes. Ambas errantes polo mundo.
Mais que é de Rosalía agora? Vivimos tempos duros, sen dó, nos que rexorden discursos de odio e medo. Decotío, vemos homes que acenan carraxes co seu dedo. Berregan palabras de ferro. As vítimas son sinaladas polos verdugos. No entanto, nesta transmatria nosa conservamos armas lilas contra a desolación. Fabricounas unha muller con versos irredentos. Vacinas contra a xenofobia que han formar parte do noso ADN. Sermos errantes ha impedir que a arañeira do odio medre no corazón. Grazas a Rosalía temos o sangue envelenado coa afouteza das que foxen. Infectado con versos que denuncian e nos fan ser as outres. A miseria está negra en torno deles / ai!, i adiante está o abismo!, dixo. Si, o abismo. Cemiterios no mar. Refuxiadas. asasinadas. O silencio.
Cremos por iso en identidades errantes, aquelas que elixamos nós. Ninguén ha decidir o noso xénero nin os afectos. Ninguén nos ha retirar dereitos nin nos ha facer súbditas. Ninguén nos ha expulsar de ningures, porque Rosalía instalou en nós a insubmisión de ser e un futuro para soñar. El serán os seus versos un andazo? Insubmisión na denuncia da violación e da violencia de xénero: que morden si acariñan, que cando miran queiman/ que dan dores de raiba, que manchan e que afrentan. Insubmisión contra o poder e o capital: Embargaránnos todo, que non teñen/ esas xentes conciencia, nin tén alma. Insubmisión contra quen coloniza, contra quen explota: déronlle fel por bebida/ peniñas por alimento.
É difícil imaxinarnos sen Rosalía, como é difícil alentar sen ar ou vivir sen auga. É difícil entendérmonos sen nos saber errantes. Fagamos vivos os seus versos en cada persoa que foxe, en cada ser humano que chimpa un muro, que se bota ao mar, que decide o seu futuro e a súa identidade libremente. Levamos no sangue a valentía de quen camiña e, grazas a Rosalía, sabemos que as errantes tamén somos nós. Contra o medo e a intolerancia. Errantes polo mundo e sempre libres!
Daniel Asorey
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
#ErrantesPoloMundo_rdc_20
O Manifesto pode descargarse en formato .pdf aquí.
Acto central. Panteón de Galegos Ilustres (San Domingos de Bonaval), Santiago de Compostela
A AELG organizou o acto central do Día de Rosalía de Castro, o domingo 23 de febreiro, ás 12:00 horas, no Panteón de Galegos Ilustres (San Domingos de Bonaval), en Santiago de Compostela, con entrada libre. Este foi o programa previsto:
– Actuación da Coral da Asociación cultural e musical Solfa.
– Saúda do Presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias.
– Lectura do Manifesto da AELG, polo seu autor, Daniel Asorey.
– Lectura de poemas rosalianos:
Jakson Renner Rodrigues Soares
María Novoa
Concha de la Fuente
Alexandre Espinosa
Elisa Barreiro
Marilar Aleixandre
Pilar Astray
Miguel Fariña
Mercedes Queixas
– Actuación musical da Coral da Asociación cultural e musical Solfa
– Ofrenda floral
– Interpretación do himno
Alén deste acto central, a AELG, en colaboración coa súa base asociativa, organizou lecturas públicas da obra de Rosalía de Castro.
En todos estes actos leuse o tradicional manifesto da AELG, que este ano elaborou o escritor Daniel Asorey.
A Coruña
O luns 24 de febreiro, a partir das 18:00 horas, na Sala de exposicións Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10), en colaboración coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, tivo lugar a lectura do Manifesto e de poemas de Rosalía de Castro.
Ferrol
O 21 de febreiro, a partir das 20:00 horas, no Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202-204), en colaboración con esa entidade, tivo lugar a lectura do Manifesto e un recital de poemas rosalianos.
Lugo
O 22 de febreiro, ás 13:00 horas, no Parque Rosalía de Castro de Lugo, tivo lugar a lectura pública da obra de Rosalía, coa música de Germán Díaz.
Vigo
O 24 de febreiro, ás 18:00 horas, tivo lugar a colocación dunha ofrenda floral na Imprenta de Juan Compañel (Rúa Real, número 12), e posteriormente realizouse unha ruada até o local da Federación de Asociacións Veciñais Eduardo Chao (Praza da Princesa 7, 2º), onde se levou a cabo a lectura do Manifesto da AELG e o recitado de poemas de Rosalía de Castro.
Actos da Fundación Rosalía de Castro
Arteixo
O 24 de febreiro, ás 11:00 horas, na Residencia de Maiores de Arteixo, Ana Hermida fixo unha dramatización da obra da Nai das nosas letras con “Tecín soia a miña tea” e deu lectura ao Manifesto da AELG. As persoas usuarias do centro tamén renderon homenaxe á padronesa universal dando lectura á obra Rosaliana. O acto central tivo lugar na Residencia de Maiores do Concello, pertencente ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social.
Betanzos
Bueu
Burela
A Concellería de Cultura de Burela organizou diversas actividades con motivo da conmemoración do Día de Rosalía.
O 24 de febreiro, ás 12:45 horas tivo lugar a colocación na fachada do Concello da pancarta conmemorativa do día de Rosalía e ás 12:55 procedeuse á lectura do manifesto da Asociación de Escritoras-es en Lingua Galega no salón de plenos. Ás 13:00 horas o alumnado do CEIP Vista Alegre interpretou Negra Sombra, baseada na composición de Rosalía de Castro. Estarán acompañados de Óscar Fernández, guitarrista de Eu Son Band.
Ao longo da semana fíxose un reparto nos colexios de Burela de marcapáxinas conmemorativos, tamén dispoñíbeis para os usuarios e usuarias que se acheguen eses días á Biblioteca Municipal, á Casa da Xuventude ou ao propio Concello.
O Carballiño
Sargadelos, Cervo
O 22 de febreiro pola tarde, no Café Bar Cultural A Sacabeira, tivo lugar un acto onde Eli Ríos deu unha charla co título “Todas as escritoras somos fillas de Rosalía de Castro?” Posteriormente leuse o manifesto.
A Estrada
O vindeiro luns, 24 de febreiro, día de Rosalía, a Asociación Cultural Vagalumes sumouse á iniciativa para conmemorar esta data cunha xornada de diálogo entre os/as escritores/as estradenses e Rosalía de Castro. A autora que inaugura o sistema literario galego contemporáneo ten unha pegada decisiva nos escritores posteriores de toda Galiza. Quixeron lembrar a influencia e relación entre a súa poesía e a obra de Avelina Valladares, Manuel García Barros, Varela Buxán e Cabada Vázquez. Para iso achegáronse aos seus espazos vitais para amosaren o seu recoñecemento aos que deron continuidade á obra rosaliana, estendéndoa aos outros xéneros literarios como o teatro (Varela Buxán) e actualizando as novas temáticas que se impuxeron co tempo, pero sempre leais á Nosa Terra e á nosa lingua.
Os actos comezaron en Berres, ás 12:00 h. da mañá, diante da tumba de Avelina Valladares, contemporánea de Rosalía. Alí deuse lectura dun texto da escritora desta parroquia Chus Nogueira e de poemas de Rosalía e de Avelina.
Ás 13:00 h. da mañá, diante da tumba de Manuel García Barros en Callobre, guiados pola introdución do profesor Carlos Loureiro, o actor Gonzalo Valcárcel realizou unha breve intervención escénica e a continuación deuse lectura a textos de ambos os autores que poñen en evidencia a súa relación.
Ás 17:00 h, en Lamas, diante da súa igrexa, celebrouse o encontro co dramaturgo Varela Buxán, orixinario desta parroquia, coa lectura de textos que poñen luz sobre os vencellos que os unen. Intervieu a escritora do Foxo Susana Sanches Arins.
Por último, na parroquia de Codeseda, ás 18:00 h. no seu adro, diante da tumba de Cabada Vázquez, lembraron da man do seu sobriño e biógrafo Manuel Cabada Castro, a conexión entre ambos os poetas, coa lectura dos seus versos irmandados polo sentimento común de amor á Galiza e á súa redención.
Para rematar a xornada, deuse lectura ao Manifesto de Rosalía deste ano, elaborado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega ás 20:00 h. no MOME.
Foz
A Concellaría de Patrimonio e Normalización Lingüística do Concello de Foz organizaron o 24 de febreiro, ás 17:00 horas, no Centro de Interpretación da Mariña, un acto aberto ao público que consistiu na lectura do manifesto da AELG e o recitado de poemas de Rosalía de Castro.
A Guarda
Lugo
O sábado 22 de febreiro, ás 13:00 horas, a AELG realizou no Parque de Rosalía de Lugo a tradicional lectura popular da obra de Rosalía, á que se puideron sumarse todas as persoas que o desexen. Antes, leuse un manifesto asinado polo escritor Daniel Asorey centrado no fénomeno da emigración e do que signifou para Galiza.
O venres 28 de febreiro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Deputacíon de Lugo, celebrarase un acto poético musical coa presenza de 23 poetas que lle porán voz a poemas de “Follas Novas” e “Cantares Galegos” e recitarán versos da súa propia autoría sobre temáticas abordadas por Rosalía de Castro. A cantautora Paloma Suanzes acompañará o acto con varias pezas musicais.
Durante o Mes de Rosalía, dúas montaxes teatrais xirarán polos concellos da provincia. Unha delas é Rosalía de Culturactiva, unha montaxe para público familiar que recrea parte da infancia da escritora e que se está a estrear en toda Galiza. A primeira representación foi o sábado 15 de febreiro ás 18:00 horas no Salón de Actos do Pazo de San Marcos.
A outra produción que poderá verse en distintos escenarios da provincia ao longo desas semanas será A pluma viva de Rosalía dos Quinquilláns, unha obra sobre igualdade e liberdade a partir dos textos da poeta de Padrón baseada nun feito real de censura da súa obra.
Zoelas, Paloma Suanzes, Faia, Xoana e García MC completan o elenco de actuacións musicais que se desenvolveron durante o Mes de Rosalía, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos.
O graffiti foi o outro elemento da oferta cultural do Mes de Rosalía. Otro Prisma e Concepto Circo realizaron intervencións artísticas en doce colexios da provincia.
Ademais, o 6 de marzo, o Salón de Actos do Pazo de San Marcos acollerá unha proxección de audiovisuais realizados en centros escolares arredor do Día de Rosalía, na que a pintura mural tamén terá protagonismo.
Narón
Noia
Ourense
Pontevedra
O venres 21 de febreiro, ás 11:00 horas, no Pazo Provincial, a Deputación de Pontevedra organizou un acto institucional aberto ao público no que actuou o grupo ‘Xardín desordenado’ interpretando poemas musicados de Rosalía de Castro. Ademais das intervencións da presidenta Carmela Silva e da deputada de Lingua María Ortega, a escritora vilagarciá Montse Fajardo leu o manifesto da AELG. Todas as persoas asistentes ao acto e as que se achegaron ao Pazo provincial durante todo o venres recolleron unha camelia e o último número da Colección Cíes da Deputación de Pontevedra, A conversa expansiva, froito do traballo no obradoiro internacional de tradución poética celebrado na Illa de San Simón en 2018 con 36 poemas e as súas correspondentes traducións do iraquí Abdul Hadi Sadoun, a portuguesa Rosa Alice Branco, a vasca Miren Agur Meabe, o indio Subhro Bandopadhyay, o alemán Timo Berger, e o galego Xosé María Álvarez Caccamo.
O luns 24 de febreiro, a Deputación recibiu a visita ilustre da escritora Rosalía de Castro e do pintor e escritor Modesto Brocos no pazo Provincial en Pontevedra e nas rúas da contorna pola mañá, de 11:00 a 12:00 horas, aproximadamente, onde foron recibidos pola Presidenta da Deputación e percorreron parte das instalacións desta institución e pasearon pola rúa para conversar coa xente e compartir a súa poesía. Pola tarde, ás 19:00 horas, fixeron un paseo polas prazas e rúas da Porta do Sol e contorna da rúa Chao, dedicada a un apelido moi ben acaído nesta ocasión polo seu vínculo co xornalismo e a edición no século XIX (Eduardo e Alejandro Chao), para rematar a representación na Sede da Deputación en Vigo. Rosalía e Brocos, representados polos Quinquilláns, Tero Rodríguez e Lucho Penabade, viaxaron no tempo e interactuaron con toda a xente que se achegou a eles para compartir a importancia da cultura e a literatura en concreto, cunha sociedade presente que segue a ter a esta muller do século XIX como un auténtico referente, porque como proclama o manifesto deste ano da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua galega, “é difícil imaxinarnos sen Rosalía, como é difícil alentar sen ar ou vivir sen auga”.
Rodeiro
A Rúa
Santiago de Compostela
Coa inocencia propia da infancia, unha Rosalía aínda nena, foi debullando a súa vida entre versos, cancións e soños. Quen mellor que Rosalía para facelo? Moito se ten escrito da nosa poeta, pero aínda non está todo dito. Foi este un achegamento ao mundo infantil da Nai das nosas letras, a Rosalía defensora da muller, da súa terra, unha Rosalía reivindicativa, divertida… Vida e obra contada en primeira persoa ao xeito de teatro infantil.
A cita cos contos foi o sábado 22 de febreiro, no salón de actos da Biblioteca Pública de Santiago de Compostela, ás 12:00 h., con entrada libre e gratuíta ata completar aforamento.
Vilalba
O 23 de febreiro, ás 12:00 horas, na Praza da Constitución de Vilalba, celebrouse un recital poético polo Día de Rosalía. Acto que organizou o Concello de Vilalba, a Asociación Cultural CALDALOBA e Culturalia GZ. Voces como as de Marisa Barreiro, Miguel Díaz, Pilar Maseda, Luís Teixeiro Castro, Sesé Roca, Ana Mar Fraga Rábade, Adolfina Mesa, Martiño Maseda ou Vanesa Siso Calvo deron corpo poético aos versos de Rosalía de Castro ou da súa propia autoría. Tamén se realizou a lectura do Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2020, Errantes No Mundo, obra de Daniel Asorey. Pódese ver toda a información nesta ligazón de CulturaliaGZ.
Estes son os centros que nos comunicaron a súa participación:
En 2º ESO elaboráronse murais con debuxos, imaxes, colaxes, etc. No mes de marzo, coincidindo co Día da Poesía e o da Árbore, tense previsto realizar estas actividades:
As actividades a desenvolver no Conservatorio teñen lugar entre o xoves 27 e venres 28 de febreiro, consistindo na lectura de textos nas diferentes aulas.
Propostas da AELG para a celebración do Día de Rosalía no ensino
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web.
Por iso, para expandir o poder da súa palabra entre a xente nova, a AELG convida a celebrar o Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino con estas accións colectivas de difusión da súa obra, ideadas a partir do manifesto da AELG no Día de Rosalía de Castro, creado nesta ocasión polo escritor Daniel Asorey.
O lema da proposta, Errantes polo mundo, pode desenvolverse a través de actividades que permitan ao alumnado observar e reflexionar sobre a vixencia do amplo abano de inxustizas sociais, incluída a situación da lingua galega, presentes na obra de Rosalía de Castro.
Para isto, despois de facer un repaso da figura literaria da Autora, e dalgunhas lecturas que dean conta da pluralidade significativa da súa obra, propoñemos para o venres 21 de febreiro a realización das seguintes actividades:
Suxerimos que o alumnado traballe fotos, debuxos, fotos pintadas, editadas, gravados… que tratasen o tema das migracións actuais, baixo o lema #ErrantesPoloMundo_rdc_20. As fotos, debuxos, gravados, etc., terán como pé versos de Rosalía que traten as migracións en todos os seus aspectos (a soidade de quen fica, a morriña de quen vai, a dor, o medo, o desamparo, a xenofobia, a explotación, os conflitos…). Trataríase de textos que o alumnado e profesorado estimen interesantes (por exemplo, os poemas “Airiños airiños, aires”, “Adios rios, adios fontes”, “Castellanos de Castilla”, “Vivir para ver”, “Tecín soia a miña tea”, “Pra a Habana!”, “¿Que lle digo?”, “Tan sóio”, “Daquelas que cantan”, “Amores cativos” ou “A xustiza pola man”).
Tamén se podería ampliar a elección das fotografías, deseños e versos a aqueles teñan en conta a idea de errante na elección da identidade sexual, afectiva e de xénero, a partir, igualmente, dos versos de Rosalía que o alumnado considere acaídos.
Todas as fotos, deseños, gravados… cos seus versos como pé, poderían encher os corredores dos centros e divulgarse en redes sociais como Instagram, Facebook, Twitter…, tamén baixo o lema #ErrantesPoloMundo_rdc_20
Como remate poderíase realizar unha actividade de Postcrossing (enviar esas postais cun verso de Rosalía no pé sobre o tema #ErrantesPoloMundo_rdc_20 a outras persoas). As postais pódense enviar individualmente, entre clases ou entre centros, ben por correo postal ou empregando as redes sociais como Whatsapp, Telegram… Despois pódense compartir as recibidas, ben fisicamente, ben nas redes sociais.
En relación a esta proposta de actividades, recomendamos encarecidamente que se usen imaxes con dereitos de uso libre en internet (indicando, en todo caso, a fonte desde a que se obteñen).
A documentación gráfica xerada por estas actividades será compartida nas correspondentes redes ou medios de difusión do centro educativo, antes do 24 de febreiro, ou ese mesmo día, coa etiqueta #ErrantesPoloMundo_rdc_20. A AELG comprométese a colaborar na difusión da mesma a través da súa web e redes sociais, para o que agradecemos que se envíe noticia das actividades ao correo oficina@aelg.org. A este mesmo correo podedes comunicarnos a vosa intención de participar nesta iniciativa ou noutras coas que o voso centro celebre o Día de Rosalía 2020, para a irmos facendo constar na nosa web.
Desde a AELG, convidamos á comunidade educativa a que se implique de forma activa nesta festa que celebra o nome e a obra da poeta maior de Galicia, chave mestra da nosa literatura e da nosa conciencia como pobo.
Redes sociais
#ErrantesPoloMundo_rdc_20
O acto central do Día de Rosalía 2017, organizado pola AELG, co apoio de CEDRO, tivo lugar o domingo 19 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que destacamos hoxe estas intervencións:
– Coral da Asociación cultural e musical Solfa: A Rosalía.
– Saúda da Presidencia da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias.
– Lectura do Manifesto da AELG no Día de Rosalía de Castro, por Ledicia Costas.
– Lectura de poemas rosalianos, Henrique Alvarellos (Asoc. Galega de Editoras); Pilar Rodríguez (Federación de Librarías), Pilar Astray Rodríguez (Asoc. Traxe Galego), Pilar Reino (A. C. e Musical Solfa) e Ramiro Torres.