Arquivos da etiqueta: Silvia Penas
Vilar de Santos: presentación de O resto é céu, de Silvia Penas
Inma López Silva gaña o premio Eusebio Lorenzo Baleirón de poesía
Desde Nós Diario:
“A escritora Inmaculada López Silva é gañadora da actual edición do premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón que convoca o Concello de Dodro. (…)
O xurado significa da obra de López Silva, Clepsidras, “a potencia das imaxes que van artellando un discurso arredor da xenealoxía feminina, ao patente reflexo das violencias cotiás, así como a exploración que fai da lingua e das formas do dicir”.
Ademais, a nivel formal consegue unha cadencia rítmica altamente suxestiva que coloca o texto nunha predisposición performativa”, continua o xurado do premio, composto por autoras como Rexina Rodríguez Vega, Silvia Penas Estévez, Oriana Méndez Fuentes e o poeta Francisco Valeiras González, xunto cos concelleiros de Servizos Sociais e Cultura do Concello de Dodro.
O certame coordinado pola poeta Elvira Ribeiro Tobío está dotado con 2.500 euros e supón ademais a publicación do poemario. Precisamente, o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón é un dos máis prestixiosos e lonxevos do país, estando próximo a cumprir 35 anos.”
Vigo: actos destacados na Feira do Libro 2021 para o 8 de xullo
O 8 de xullo continúa a Feira do Libro de Vigo (na Rúa do Príncipe, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 18:00 h. Cándido Duro asina Luz do abrente outonizo, publicado por Medulia.
– 19:00 h. Silvia Penas asina O resto é céu, publicado por Urutau.
– 19:00 h. Andreia Costas asina Corazón de vaca e outras vísceras, publicado por Urutau.
– 20:00 h. Xabier Paz asina A Barcelonesa, publicado por Xerais.
– 20:00 h. Xoán Antón Pérez Lema asina Quando os grupos vulneráveis são feridos, publicado por Através.