Arquivos mensuais: Decembro 2020
Crónica videográfica da V Xornada de Literatura Dramática (V)
A V Xornada da Sección de Literatura Dramática. As artes escénicas e as súas literaturas ante crises e pandemias foi unha actividade organizada pola AELG co patrocinio do Concello da Coruña, Deputación Provincial da Coruña e CEDRO, e a colaboración da Universidade da Coruña e o Centro Camões de Vigo.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe o seguinte vídeo:
– III Festival Pezas dun teatro do porvir. Obras galegas:
Presentación virtual de Gramo Stendhal, de María Lado

Elviña, A Coruña: presentación de Pangalaica, de Xurxo Souto
Compostela: acto do Día das Letras Galegas 2020
A sesión poderá seguirse en directo a través da web da Real Academia Galega.
Rexina Vega: “Lembro ler Os Cinco á luz dunha lanterna debaixo das sabas”
Entrevista de César Lorenzo Gil a Rexina Vega en BiosBardia:
“(…) – BiosBardia (B): Que novela a reconciliou coa literatura?
– Rexina Vega (RV): Eu sempre estiven namorada da literatura, non precisei de ningunha obra que me reconciliase con ela, pero se teño que escoller unha obra especial que cifre o que para min é isto de inventar mundos a través de palabras escollo El año del cometa de Álvaro Cunqueiro, unha historia de historias onde aparecen todas as posiblidades do artificio e todos os ángulos da verdade da condición humana.
– B: Que libro lle gustaría ter escrito?
– RV: A paixão segundo G. H. de Clarice Lispector. En realidade calquera dos escritos por ela, levito con cada unha das súas frases. Non se parece a nada e xoga sensorialmente contigo para que abras a mente e o instante estoupe. (…)
– B: Que autor/a considera vostede responsable de que vostede se dedique á literatura?
– RV: Pois unha especie de Frankenstein feito por anacos de Gloria Fuertes, Rosalía de Castro, Kafka, Ferrín e Cunqueiro. (…)
– B: E un libro galego posterior ao 1970 que adora?
– RV: Mal Mor de Emilio Araúxo. Vellez e silencio, non se pode dicir mellor nin máis fondo. Tamén Cativa no seu Lughar de Luz Pichel. (…)”
Leitura virtual de Zizek vai ao ginásio, de Tiago Alves Costa
Vídeo sobre O derradeiro libro de Emma Olsen (novela gráfica), de Pablo Prado (baseado no libro de Berta Dávila)
Crónica videográfica da V Xornada de Literatura Dramática (IV)
A V Xornada da Sección de Literatura Dramática. As artes escénicas e as súas literaturas ante crises e pandemias foi unha actividade organizada pola AELG co patrocinio do Concello da Coruña, Deputación Provincial da Coruña e CEDRO, e a colaboración da Universidade da Coruña e o Centro Camões de Vigo.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe o seguinte vídeo:
– Aula maxistral a cargo de Mickael de Oliveira. Presentada por Afonso Becerra de Becerreá: