Arquivos mensuais: Xuño 2024
A Coruña: presentación de O amante expresionista, de Álex Mene
Compostela: presentación de A pousa da libélula, de Esperanza Mariño Davila
O historiador Rafael García Ferreira gaña o premio Vicente Risco de Ciencias Sociais
Desde Nós Diario:
“Outubro 1934 en Compostela. Mobilización, consecuencias políticas e represión, do historiador Rafael García Ferreira é o gañador do XXVIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais.
O xurado valora deste traballo ser un ensaio rigoroso, ben escrito, argumentado, estruturado e con bo dominio das fontes.
Tamén valora que a temática e o estudo de caso son de interese e actualidade, dado que se aborda un período histórico complexo, con elementos que poden ter certas conexións coa actualidade e seren abordados dende diversas perspectivas e ámbitos das ciencias sociais.
O xurado do XXVIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais estivo composto por: Teresa Devesa Graña, polo Concello de Allariz; Joaquim Vázquez Rodríguez, polo Concello de Melide; Manoel Carrete Rivera, polo Concello de Castro Caldelas; e Carmen Villarino Pardo, pola Universidade de Santiago de Compostela; Isabel Mociño González, en representación do Padroado da Fundación Vicente Risco e como secretaria,
Desculparon a súa presenza por motivos persoais Xavier Limia de Gardón, pola Deputación de Ourense; Xosé Henrique Costas González, pola Universidade de Vigo; e Maria Luísa Soares, pola Universidade de Tras-Os-Montes e Alto Douro, que remiten a súa valoración dos traballos.”
A Coruña: recital de Lorena Conde e Andrea Cote no Ciclo Poetas Di(n)versos
Laura López Drusetta gaña o Premio de novela curta Antón Risco 2024
“A gañadora do Premio de novela curta Antón Risco 2024 é a obra Todo pasa de Laura López Drusetta.
O xurado estivo composto por Serafín Alonso Pintos, Luís González Tosar (por delegación), Cándida Prieto Alonso (por delegación), Xosefa Salgado Robles e Jorge Temes Montes. Actuou como secretaria sen voz e sen voto Ana Gloria Rodríguez Alonso.
O premio consiste en 3.000 € máis a publicación da obra no selo editorial Doutor Alveiros.
O xurado salientou unha trama histórica motivadora que mestura o presente e o pasado con protagonismo dunhas personaxes femininas que defenden o seu.”