Arquivos mensuais: Xuño 2024
Vigo: presentación do número 13 da revista Mazarelos
Compostela: presentación de Máis alálá, de Xelís de Toro e Alejandro Vargas
A Coruña: encontro con Ledicia Costas arredor de Pel de cordeiro
O escritor e xornalista Ramón Vilar gaña o VII Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey
A Coruña: presentación de De centeo e durmideiras, de Rosalía Fernández Rial
Lugo: presentación de Ubasute, de Paula Carballeira
A Estrada: presentación de Somos un pobo de artistas. O método Luísa Villalta, de Xurxo Souto
Mondoñedo: III Encontro Álvaro Cunqueiro: Cunqueiro aquí e acolá, os 6 e 7 de xullo
A Coruña: Fragmentos teatrais de Luísa Villalta
“O 18 de xuño, ás 19:30 h, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, o grupo de teatro Alexandre Bóveda presentará Fragmentos teatrais de Luísa Villalta.
Súmase así o grupo teatral á ben merecida homenaxe a Luísa Villalta, á que consideramos unha excelente dramaturga. Partindo da Obra dramática completa editada no 2018 pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, escollemos escenas de catro das súas obras: O representante, O paseo das esfinxes, Os doces anos da guerra e As certezas de Ofelia, para facer unha lectura dramatizada onde intérpretes actúan co texto na man seguindo a posta en escena dirixida pola directora do grupo, Manuela Varela.
As persoas interesadas en asistir á lectura poden inscribirse aquí.”