
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Abraham Pérez: “Os premios dan visibilidade ao texto e ao proxecto literario”
A Escritora na súa Terra: Eva Veiga. Pontedeume, 2026
Destacado
A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chega este ano á súa XXXII edición, recaendo na figura da poeta Eva Veiga, de quen se destaca, dentro da súa importante traxectoria vital, a súa amplamente recoñecida obra literaria. Está previsto que sexa homenaxeada en Pontedeume en xuño de 2026.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do homenaxeado ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritoras/es procurando o contacto directo coa autora e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritora (unha peza escultórica), a plantación dunha árbore simbólica elixida pola propia autora, e a colocación dun monólito conmemorativo.
ANTERIORES MERECEDORES/AS DESTE GALARDÓN
I Edición: ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS
1995 • Boa, Taramancos
II Edición: BERNARDINO GRAÑA
1996 • Cangas do Morrazo
III Edición: MANUEL MARÍA
1997 • Outeiro de Rei
IV Edición: MARÍA XOSÉ QUEIZÁN
1998 • Vigo
V Edición: XOSÉ NEIRA VILAS
1999 • Gres, Vila de Cruces
VI Edición: UXÍO NOVONEYRA (póstumo)
2000 • Parada do Courel
VII Edición: LUZ POZO GARZA
2001 • Ribadeo
VIII Edición: XOSÉ CHAO REGO
2002 • Vilalba
IX Edición: XOSÉ FERNÁNDEZ FERREIRO
2003 • Nogueira de Ramuín
X Edición: SALVADOR GARCÍA-BODAÑO ZUNZUNEGUI
2004 • Teis, Vigo
XI Edición: PURA E DORA VÁZQUEZ
2005 • Ourense
XII Edición: MARÍA DO CARME KRUCKENBERG
2006 • Vigo
XIII Edición: MANUEL LOURENZO
2007 • O Valadouro
XIV Edición: XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR
2008 • Melide
XV Edición: AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
2009 • Vilalba
XVI Edición: MARILAR ALEIXANDRE
2010 • Santiago de Compostela
XVII Edición: PACO MARTÍN
2011 • Lugo
XVIII Edición: XAVIER RODRÍGUEZ BAIXERAS
2012 • Ribadeo
XIX Edición: MARICA CAMPO
2013 • O Incio
XX Edición: XABIER P. DOCAMPO
2014 • Castro Ribeiras de Lea
XXI Edición: XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ CÁCCAMO
2015 • Vilaboa
XXII Edición: HELENA VILLAR JANEIRO
2016 • Rianxo
XXIII Edición: MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO
2017 • Lugo
XXIV Edición: NACHO TAIBO
2018 • Oleiros
XXV Edición: PILAR PALLARÉS
2019 • A Coruña
XXVI Edición: VÍTOR VAQUEIRO
2020 • Santiago de Compostela
XXVII Edición: CONCHA BLANCO
2021 • Cee
XXVIII Edición: XOSÉ MANUEL MARTÍNEZ OCA
2022 • Pontevedra
XXIX Edición: FINA CASALDERREY
2023 • Pontevedra
XXX Edición: EULOXIO R. RUIBAL
2024 • Santiago de Compostela
XXXI Edición: XOSÉ MANUEL BEIRAS
2025 • Santiago de Compostela
Compostela: acto de homenaxe a Castelao con motivo do seu 76º cabodano
Escritor Galego Universal 2026: Basim Mohammad Saleh Adeeb Al-Khandaqji
Destacado
O Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Basim Mohammad Saleh Adeeb Al-Khandaqji, escritor palestino, como Escritor Galego Universal en 2026, como mostra de admiración e profundo respecto pola súa persoa e polo traballo desenvolto na defensa da literatura e a dignidade nacional de Palestina.
Nado en 1983, é Licenciado en Socioloxía, cun mestrado en Estudos Israelís pola Universidade Al-Quds (Abu Dis).
A súa novela Unha máscara da cor do ceo foi galardoada co Premio Booker Internacional de Novela Árabe en 2024. Foi liberado no marco do último acordo de intercambio de prisioneiros.
A súa obra escrita está formada polos seguintes libros:
– Poemario Rituais da primeira amargura, con limiar do poeta e xornalista libanés Zahi Wehbe / Dar Al-Arabiya Lil-Ulum, Beirut.
– Alentos: poema nocturno, con limiar do poeta e xornalista libanés Zahi Wehbe / Dar Al-Arabiya Lil-Ulum, Beirut.
– Novela Almiscre da suficiencia: biografía da señora das sombras libres, con limiar do novelista palestino Mahmoud Shuqair / Dar Al-Arabiya Lil-Ulum.
– Novela Narciso da soidade, con limiar do novelista palestino Mahmoud Shuqair / Al-Maktaba Al-Sha‘biyya, Palestina.
– Novela O eclipse de Badr al-Din, con limiar do novelista palestino Ibrahim Nasrallah / Dar Al-Adab, Beirut.
– Novela Alentos dunha muller derrotada, con limiar do novelista palestino Mahmoud Shuqair / Dar Al-Ahliyya, Ammán.
– Novela Unha máscara da cor do ceo / Dar Al-Adab, Beirut.
– Novela O gardián do Holocausto / Dar Al-Adab, Beirut.
Conta con numerosos artigos publicados en sitios literarios electrónicos e en redes sociais. Ten tamén unha páxina secundaria no sitio web Al-Hiwar Al-Mutamaddin, que contén máis de corenta artigos políticos, literarios e en prosa, ademais dunha serie de artigos sobre a realidade do movemento de prisioneiros.
Nas anteriores edicións recibiron este nomeamento as escritoras e escritores Mahmud Darwix, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Luis Sampedro, Lídia Jorge, Bernardo Atxaga, Luiz Ruffato, Pere Gimferrer, Hélia Correia, Isabel-Clara Simó, María Teresa Horta, Mariasun Landa, José Luandino Vieira, Ana Luísa Amaral, Lydia Cacho, Joseba Sarrionandia e Shahd Wadi.
Mondoñedo: César Morán presenta O eco das ondas
XIV Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia
O XIV Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia conta coa colaboración da AELG.
Inspiraciencia é un concurso de relatos de inspiración científica. É unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dun xeito lúdico, un espazo aberto para pensar e imaxinar a ciencia desde a ficción. O seu obxectivo é fomentar un achegamento ao pensamento científico, de forma libre e persoal, a través da creación literaria, e explorar realidades antes non imaxinadas.
A AELG colabora habilitando prazas para as persoas gañadoras nos Obradoiros da súa Escola de Escritoras e Escritores.
As bases do concurso poden descargarse nesta ligazón.
O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) convoca, a través da súa Delegación a Catalunya, a XIV edición de Inspiraciència.
Até o 10 de marzo de 2026, poderanse presentar relatos cunha extensión màxima de 800 palabras e vídeos breves de danza en calquera das linguas oficias de Inspiraciència, galego, castelán, catalán e éuscaro, en dúas modalidades: Adultas/os (a partir de 18 anos) e Xoves (de 12 a 17 anos).
Nesta edición, os traballos gañadores recibirán por primeira vez premios monetarios e vales culturais de até 500 euros. Alén diso, seguiranse outurgando o Premio do Público, decidido mediante votación na web do certame, e o Premio de Ciencias e de Letras, dirixido ao profesorado que fomente a participación do alumnado.
O novo Premio Especial de Danza realiízase en colaboración co Departamento de Historia da Arte e Patrimonio e o Laboratorio Coreolóxico (CoreoLab) do Instituto de Historia do CSIC (IH-CSIC).
O premio inaugura o formato vídeo en Inspiraciencia con dúas subcategorías: Coreografía escénica, para pezas coreográficas que integren procesos de investigación de calquera área científica, e Screendance, para obras audiovisuais que reflicten un proceso de pesquisa de calquera área científica a través da linguaxe da danza e combinando todo tipo de recursos audiovisuais na súa edición.
En cada subcategoria, outorgarase un premio de 250 euros na modalidade Adulto/a e un vale cultural polo mesmo valor na modalidade Xove.
Para cada un dos idiomas do certame, concederase un premio de 500 euros na modaldade Adulto/a, mentres que na modalidade Xove librarase un vale cultural por valor de 250 euros tantto para o autor ou autora do relato como ao seu centro educativo.
As seguintes entidades culturais e científicas colaboran no certame coa súa difusión e premios: Escola d’Escriptura de l’Ateneu Barcelonès, Escola d’Escriptors, Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Editorial Galaxia, ElHuyar, Mètode. Revista de Difusió de la Investigació de la Universitat de València, Efervesciencia (Radio Galega), Produccions Impossibles e Casa de l’Artista en Terres de Cruïlla.
Información e participación
As bases completes e o formulario de participación están dispoñlíbeis na web oficial do certame: inspiraciencia.es
As obras poden presentarse até o 10 de marzo de 2026 ás 23:59 horas (hora peninsular).
Contacto: info@inspiraciencia.es.






