Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
A AELG congratúlase pola concesión do Premio CEDRO 2025 a Manuel Rivas
A AELG congratúlase polo premio CEDRO 2025 a Manuel Rivas, concedido pola Xunta Directiva de CEDRO, da que forma parte a AELG a través do seu presidente, Cesáreo Sánchez Iglesias.
Con este galardón, recoñeceuse o seu firme compromiso coa cultura, así como a súa contribución á defensa dos dereitos de autoría e a propiedade intelectual.
Carme Riera, presidenta de CEDRO, destacou que «este ano, quixemos recoñecer a Manuel Rivas o seu activismo e compromiso público coa promoción e defensa da creación literaria, dos valores culturais e dos dereitos de autoría».
«Ao longo de toda a súa traxectoria profesional, tanto literaria como xornalística, Rivas sempre estivo a carón da cultura e das súas creadoras e creadores», sinalou Riera, lembrando a constante defensa de Rivas dos dereitos de escritoras/es e tradutoras/es ante o uso non autorizado das súas obras por parte dos desenvolvedores de intelixencia artificial xenerativa.
Así mesmo, a presidenta de CEDRO salientou que «Manuel Rivas non dubidou nunca en reivindicar publicamente a necesidade de preservar a autoría e a xusta retribución das escritoras e escritores na era dixital». E tamén destacou «o carácter solidario de Rivas», lembrando a súa participación en 2022 nunha iniciativa impulsada por CEDRO para dar a coñecer as axudas que a Entidade ofrece a escritoras/es, tradutoras/es e xornalistas que pasan momentos de dificultade.
O Premio CEDRO, que se concede con motivo do Día Internacional de Propiedade Intelectual, naceu en 2017, co obxectivo de recoñecer anualmente, e de maneira simbólica, a traxectoria dunha persoa ou institución que destaque por defender a cultura en xeral e os dereitos de autoría en particular. Desde entón foron premiadas/os, entre outras/os: Lorenzo Silva, Rosa Montero, José María Merino e Antonio Muñoz Molina.
Pontevedra: Vermú entre libros con Antía Yáñez, arredor de O clan das barbies
Carnota: presentación de Na Escuridade das Ondas, de Fernando Patricio Cortizo
O sábado 8 de marzo, ás 18:30 horas, no Tinglado (Capelán, 14, Carnota), Fernando Patricio Cortizo presenta Na Escuridade das Ondas.
Compostela: presentación de Cereixas roubadas, das Comadres das Letras
Nigrán: Día da Muller. Poemarte feminina, por Soledad García
Tui: centenario de Manuel Lago González
A Coruña: Roteiro “Non calarás”
Manuel F. Rodríguez: “A realidade vai moito máis alá do que podemos ver”
Entrevista a Manuel F. Rodríguez en Diario Compostela:
“(…) – Diario Compostela (DC): A muller do muro combina elementos da tradición galega co misterio e o inexplicable. Como describiría a esencia desta novela?
– Manuel F. Rodríguez (MFR): Eu creo que, ás veces, a realidade que percibimos queda moi curta; vai máis alá do que vemos. Está chea de misterios e elementos que percibimos como inexplicables, cando non o son. Diso vai esta novela. Son unha persoa cos pés na terra, pero creo que ás veces hai que mirar máis alá. É unha mestura de misterio, fantasía, e procura de respostas.
– DC: O protagonista, Xenebrando Río, é xornalista, como vostede. Canto do seu propio mundo profesional está plasmado no personaxe?
– MFR: Moito, por suposto. Agora non estou na primeira liña de combate, pero sigo sendo xornalista. Durante moitos anos vivín o oficio e quería que o protagonista tamén o fixese porque é algo que coñezo perfectamente. Sei como traballamos, a intensidade do día a día, as maneiras de buscar información… A novela necesita destes aspectos, e como sei ben de que vai a profesión, pensei que era necesario que a personaxe principal fose xornalista. Non podería poñer a un detective ou a un policía, porque habería moitas cousas do seu labor que se me escaparían. (…)”