Estas son algunhas das fotografías do Roteiro Darse en auga. Os versos do azul, en Bueu, enmarcado nos Roteiros Literarios pola provincia de Pontevedra 2022, que guiou Míriam Ferradáns o domingo 3 de xullo. A crónica fotográfica completa pode verse aquí:
Arquivo da categoría: Actividades AELG
Roteiros Literarios pola provincia de Pontevedra 2022
Os Roteiros Literarios pola provincia de Pontevedra 2022 son unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Servizo de Cultura da Deputación de Pontevedra, co obxectivo de dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas autoras e autores, que exercen de guías tomando como base obras literarias propias ou alleas ambientadas nos diversos espazos da provincia de Pontevedra.
Todos os percorridos faranse a pé, a partir das 11:30 horas.
Hai 25 prazas para cada un deles. As inscricións (máximo de 2 roteiros por persoa que se inscriba) poden realizarse no formulario dispoñíbel aquí.
Os roteiros son os seguintes:
– Vigo. 29 de maio. Ana Abad de Larriva. Roteiro polo Vigo teatral a través do tempo. De 11:30 a 13:00. Partida: Porta do Sol.
– A Estrada. 5 de xuño. Xoán Carlos Garrido Couceiro. Manuel García Barros, o escenario da súa pluma insubmisa. De 11:30 a 13:00. Partida: Casa do Concello.
– Pontevedra. 19 de xuño. Elena Gallego Abad. CITA na Pontevedra de tinta e pedra. De 11:30 a 13:00. Partida: Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA).
– Cuntis. 26 de xuño. Héitor Picallo: O Baño (Cuntis), unha vila de augas e de letras. De 11:30 a 13:00. Partida: Praza das Árbores.
– Bueu. 3 de xullo. Míriam Ferradáns. Darse en auga. Os versos do azul. De 11:30 a 13:00. Partida: Biblioteca Torrente Ballester.
Crónica fotográfica do Roteiro Literario pola provincia de Pontevedra con Héitor Picallo
Estas son algunhas das fotografías do Roteiro O Baño (Cuntis), unha vila de augas e de letras, enmarcado nos Roteiros Literarios pola provincia de Pontevedra 2022, que guiou Héitor Picallo o domingo 26 de xuño. A crónica fotográfica completa pode verse aquí:
Crónica fotográfica da homenaxe O Escritor na súa Terra – Letra E 2022, dedicada a Xosé Manuel Martínez Oca (II)
A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou este ano á súa XXVIII edición, recaendo, por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias, na figura de Xosé Manuel Martínez Oca, que foi homenaxeado na Estrada o 18 de xuño de 2022.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do/a homenaxeado/a ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co/a autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor (unha peza escultórica a cargo de Soledad Penalta), a plantación da árbore simbólica elixida polo propio autor (un bidueiro) e a colocación dun monólito conmemorativo.
Aquí pode verse un adianto da crónica fotográfica, da que publicamos a continuación unha pequena escolla:
Crónica fotográfica do Roteiro Literario pola provincia de Pontevedra con Elena Gallego Abad
Estas son algunhas das fotografías do Roteiro CITA na Pontevedra de tinta e pedra., enmarcado nos Roteiros Literarios pola provincia de Pontevedra 2022, que guiou Elena Gallego Abad o domingo 19 de xuño. A crónica fotográfica completa pode verse aquí:
Crónica fotográfica da homenaxe O Escritor na súa Terra – Letra E 2022, dedicada a Xosé Manuel Martínez Oca (I)
A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou este ano á súa XXVIII edición, recaendo, por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias, na figura de Xosé Manuel Martínez Oca, que foi homenaxeado na Estrada o 18 de xuño de 2022.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do/a homenaxeado/a ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co/a autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor (unha peza escultórica a cargo de Soledad Penalta), a plantación da árbore simbólica elixida polo propio autor (un bidueiro) e a colocación dun monólito conmemorativo.
Aquí pode verse un adianto da crónica fotográfica, da que publicamos a continuación unha pequena escolla:
O Escritor na súa Terra: Xosé Manuel Martínez Oca. A Estrada, 2022
A Homenaxe O Escritor na súa Terra: Xosé Manuel Martínez Oca terá lugar na Estrada o 18 de xuño de 2022, co apoio do Concello da Estrada, CEDRO e Xunta de Galicia.
A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chega este ano á súa XXVIII edición, recaendo, por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias, na figura de Xosé Manuel Martínez Oca, que será homenaxeado na Estrada o 18 de xuño de 2022.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do/a homenaxeado/a ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co/a autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor (unha peza escultórica a cargo de Soledad Penalta), a plantación da árbore simbólica elixida polo propio autor e a colocación dun monólito conmemorativo.
No desenvolvemento desta actividade aplicaranse os protocolos sanitarios vixentes en cada momento.
PROGRAMA PREVISTO DE ACTOS
11:30 h. Casa das Letras (Avenida Benito Vigo, 60)
Descubrimento do monólito conmemorativo e plantación da árbore escollida polo autor.
Interveñen:
José Carlos López Campos, Alcalde do Concello da Estrada.
Cesáreo Sánchez, Presidente da AELG.
Xosé Manuel Martínez Oca.
12:30 h. Teatro Principal (Rúa Serafín Pazo)
Acto de entrega da “Letra E”
Interveñen:
José Carlos López Campos, Alcalde do Concello da Estrada.
Beatriz Maceda Abeleira, Vicepresidenta da AELG.
Cesáreo Sánchez, Presidente da AELG.
Laudatio do autor, por Carlos Loureiro Rodríguez.
Entrega da peza escultórica, elaborada por Soledad Penalta.
Intervención do homenaxeado, Xosé Manuel Martínez Oca: Resposta á laudatio.
14:30 Samaná Restaurante, na Estrada (Rúa Gradín, 45)
Xantar de confraternidade posterior. Xantar de confraternidade posterior. As persoas interesadas deberán anotarse previamente enviando un correo electrónico oficina@aelg.org, indicando o seu nome, apelidos e número de teléfono, até o 12 de xuño. O prezo do menú é de 30 euros, que se pagarán antes de comezar o xantar, no mesmo restaurante (deberán indicar tamén no mesmo correo electrónico se prefiren carne ou peixe no menú).
ANTERIORES MERECEDORES/AS DESTE GALARDÓN
I Edición: ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS
1995 • Boa, Taramancos
II Edición: BERNARDINO GRAÑA
1996 • Cangas do Morrazo
III Edición: MANUEL MARÍA
1997 • Outeiro de Rei
IV Edición: MARÍA XOSÉ QUEIZÁN
1998 • Vigo
V Edición: XOSÉ NEIRA VILAS
1999 • Gres, Vila de Cruces
VI Edición: UXÍO NOVONEYRA (póstumo)
2000 • Parada do Courel
VII Edición: LUZ POZO GARZA
2001 • Ribadeo
VIII Edición: XOSÉ CHAO REGO
2002 • Vilalba
IX Edición: XOSÉ FERNÁNDEZ FERREIRO
2003 • Nogueira de Ramuín
X Edición: SALVADOR GARCÍA-BODAÑO ZUNZUNEGUI
2004 • Teis, Vigo
XI Edición: PURA E DORA VÁZQUEZ
2005 • Ourense
XII Edición: MARÍA DO CARME KRUCKENBERG
2006 • Vigo
XIII Edición: MANUEL LOURENZO
2007 • O Valadouro
XIV Edición: XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR
2008 • Melide
XV Edición: AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
2009 • Vilalba
XVI Edición: MARILAR ALEIXANDRE
2010 • Santiago de Compostela
XVII Edición: PACO MARTÍN
2011 • Lugo
XVIII Edición: XAVIER RODRÍGUEZ BAIXERAS
2012 • Ribadeo
XIX Edición: MARICA CAMPO
2013 • O Incio
XX Edición: XABIER P. DOCAMPO
2014 • Castro Ribeiras de Lea
XXI Edición: XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ CÁCCAMO
2015 • Vilaboa
XXII Edición: HELENA VILLAR JANEIRO
2016 • Rianxo
XXIII Edición: MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO
2017 • Lugo
XXIV Edición: NACHO TAIBO
2018 • Oleiros
XXV Edición: PILAR PALLARÉS
2019 • A Coruña
XXVI Edición: VÍTOR VAQUEIRO
2020 • Santiago de Compostela
XXVII Edición: CONCHA BLANCO
2021 • Cee
Paseos Literarios por Compostela 2022
Os Paseos Literarios por Compostela 2022 son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Santiago de Compostela.
No marco da Semana do Libro de Compostela (SELIC) 2022, ten lugar unha nova edición deste Ciclo de percorridos literarios por Compostela, procurando outra ollada á historia e xeografía da cidade.
A participación nos paseos é libre e gratuíta, non é precisa inscrición previa.
PROGRAMA
– Construíndo a capital das letras. Compostela na narrativa galega do século XX
Mario Regueira
Data: 10 de xuño, 16:30 h. Praza de Galicia.
– Compostela fóra de mapa
Ana Cabaleiro
Data: 11 de xuño, ás 16:30 h. Barrio de Sar, ao pé da ponte que pasa sobre o río.
Santiago de canto em lenda
Susana S. Arins
Data: 14 de xuño, ás 16:30 h. Arco de Mazarelos.
Prácticas de piratería con Jamas, de Dios Ke Te Crew. O roteiro do Pirata (des)Confinado
Jamas (Julio Negueruela)
Data: 18 de xuño, 16:30 horas. Rúa do Home Santo, 55.
Compostela: actividades do 18 e 19 de xuño na SELIC 2022
Crónica fotográfica dos Paseos Literarios por Compostela con Mario Regueira e Ana Cabaleiro
Estas son algunhas das fotografías dos Paseos Literarios por Compostela con Mario Regueira e Ana Cabaleiro, celebrados os pasados 10 e 11 de xuño, no marco da SELIC. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.