Arquivo da categoría: Aniversarios e efemérides
A web Galicia Encantada celebra o 15º aniversario na Rede hoxe, 5 de marzo
“Galicia Encantada, a Enciclopedia da Fantasía Popular de Galicia, celebra o 15º aniversario na Rede.
Galicia Encantada naceu para internet o 5 de marzo de 2005. Desde entón, baixo o coidado do seu creador, coordinador e responsable de contidos, Antonio Reigosa, incorporou 3.000 documentos e varios milleiros de visitas.
Nas próximas datas chegará ás librerías unha publicación conmemorativa do 15º aniversario: Guía de campo da Galicia Encantada. Dos seres míticos e dos lugares que habitan (Xerais, 2020), con ilustracións de Noemí López.
Ilustracións: Noemí López.
Mantemento técnico: Manuel Fernández, de Lugonet.
Estadísticas: Google Analytics 1 de xaneiro de 2011- 1 de marzo de 2020
Usuarias/os: 317.501
Sesións: 443.439
Nº de visitas a páxinas: 2.294.611
ANTECEDENTES
Algúns recoñecementos e premios.
Premio de Cultura Tradicional María Castaña (2006).
Premio Irmandade do Libro (2013).
Homenaxe Festival Atlántica (2015).
Finalista Gala do Libro (2018), modalidade Proxecto Literario na Rede.
Finalista Gala do Libro (2019), modalidade Proxecto Literario na Rede.
Publicación conmemorativa do 10º aniversario.
Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías (Xerais, 2015), con prólogo de Xabier DoCampo e ilustracións de Noemí López.
Sobre a web Galicia Encantada
Artigos publicados en revistas como Murguía e Culturas Populares, e en monográficos como Palabra viva, Cultura tradicional e desenvolvemento rural.
Seccións/categorías
Os arquivos orgánizanse en 33 seccións ou categorías temáticas organizadas alfabeticamente.
Documentación
Ademais, inclúe, entre outros apartados, “Aulas da memoria”, con traballos escolares, e “Didáctica da Fantasía” con propostas para a realización de enquisas e traballos de campo.
Revista (ISSN 1887-2859)
Publicados ata o de agora 16 números e 120 artigos, a maioría sobre o patrimonio inmaterial galego e veciñanzas (Norte de Portugal, Asturias e León).
Colaboradores
– Individuais.
– Centros escolares.
– Iconografía.
– As ilustracións, tanto a imaxe de cabeceira como as que encabezan as diferentes sección ou categorías son da autoría da ilustradora lucense Noemí López.”
A Coruña: visita guiada á exposición “Nós de onte a hoxe”, con Pilar García Negro
A Coruña: inauguración da exposición Nós. De onte a hoxe. 100 anos de historia
Vilagarcía e Compostela: Lembranza expansiva. A toma do Santa María. Santa Liberdade
Carlos Mella: “Castelao foi moi pouco comentado e moi pouco lido”
Entrevista a Carlos Mella en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): A 70 anos da morte de Castelao, cal é o legado do seu pensamento que transcendeu até o día de hoxe?
– Carlos Mella (CM): Castelao foi o único que lle deu a Galiza unha formulación teórica. Até ese momento Galiza era un sentimento. Castelao, ademais de sentimento, foi quen de darlle unha formulación política, era o único que chegou a escribir o que poderiamos chamar unha idea do que debía de ser a Galiza e a España do futuro.
– ND: Por que se mantén vixente ese legado de Castelao?
– CL: Dío el: “Se non pensamos na Galiza, en que pensamos? Pensamos co estómago?”. É dicir, se lemos a Castelao, vemos que sabe que Galiza é unha nación, sabe que Galiza é un país de homes libres, mais non gusta nada desas historias fantásticas, desas formulacións máxicas que fan de Galiza algo que non sabemos o que é. El dedícase aos problemas reais da Galiza, e é o único que realmente se centra nese eido e trata de por remedio a esas dificultades.
– ND: Cales son as tarefas máis inmediatas a acometer pola Fundación Castelao?
– CL: Na Fundación damos a coñecer e estendemos o pensamento de Castelao, e que máis quixeramos nós que facelo máis. Porque co pensamento de Castelao cada un fixo del o que quixo: hai quen fala dunha Galiza independente apoiada no pensamento de Castelao; hai quen fala de Castelao como un personaxe perigosísimo para a unidade española… o que significa que o pensamento de Castelao foi moi pouco comentado e moi pouco lido, e Sempre en Galiza conviña lelo unha vez polo menos.
– ND: Cales foron os logros da Fundación Castelao nos últimos anos?
– CL: Dentro da escaseza terríbel de medios que temos, eu penso que fixemos uns cursos moi importantes para estender o pensamento de Castelao coa universidade de Santiago de Compostela, coa Universidade de Vigo, co Consello da Cultura Galega, co Concello de Rianxo, co de Lalín, coa Semana Ourensá de Análise Política… acho que fixemos unha boa ristra de acontecementos sobre Castelao e a súa filosofía e a súa política.”
2020: 40 aniversario da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
Neste 2020 a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega cumpre 40 anos de existencia. Na Asemblea Xeral de febreiro informarase sobre as actividades previstas para este aniversario.
Compostela: palestra sobre a Xeración Nós, por Victorino Pérez Prieto
Compostela: proxección audiovisual e visita guiada á exposición “Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia”
A visita guiada será realizada por Xosé Carlos López Bernárdez.
A Estrada: acto de homenaxe no 50º cabodano de Virxinia Pereira
“Con motivo do 50 cabodano de Virxinia Pereira, a Asociación Cultural “Vagalumes” vai lembrar esta muller estradense que pagou co exilio e o espolio dos seus bens o seu compromiso coa causa do nacionalismo galego e a defensa da democracia. Como compañeira de Castelao percorreu o mundo desde Moscova até Nova York, de Cuba a Arxentina, na guerra e no desterro, leal aos ideais da defensa do dereitos de Galiza e das liberdades.
Por todo isto, o luns 23, data do aniversario da súa defunción, temos previsto facer unha homenaxe diante da súa tumba no cemiterio da Estrada ás 17:00 h. e, posteriormente, ás 20:30 h., na sala de exposicións do MOME, un acto de lembranza para dar a coñecer a vida e pensamento desta muller. O acto consistirá nunha intervención escénica baseada nunha entrevista a Virxinia que rescatamos do xornal El Progreso de Lugo do ano 1968. Tamén intervirá no acto a profesora da Universidade de Vigo Ana Acuña, que vén de publicar un traballo de análise da correspondencia de Virxinia; e Xoán Carlos Garrido, quen falará sobre a relación de Virxinia co noso Concello.”