Arquivo da categoría: Audiovisual
Crónica videográfica da Gala Premios Mestras e Mestres da Memoria 2019 (I)
A
Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria 2019 tivo lugar o 25 de outubro, no Centro Cultural Vello Cárcere de Lugo (Rúa Alcalde Anxo López Pérez, 34). O acto, organizado pola AELG, co apoio da área de Cultura do Concello de Lugo, foi amenizado por Germán Díaz.
Para esta sétima edición dos “Premios Mestra e Mestre da Memoria” (cuarta edición da Gala), a Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, previa deliberación do Grupo de Traballo composto por Ana Acuña, Félix Castro Vicente, Carme Pernas Bermúdez, Calros Solla, Xurxo Souto, X. Manuel Varela, Lois Pérez e Antonio Reigosa, propuxo ao Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega someter á consideración da Asemblea Xeral recoñecer como Mestra e Mestre da Memoria 2019 respectivamente a Dorothé Schubarth e a Pablo Quintana. A Asemblea aprobou a proposta, e a entrega destas distincións fíxose na IV Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria que se celebrou en Lugo co apoio do Concello de Lugo e da Deputación Provincial de Lugo.
No acto, conducido Antonio Reigosa, participaron Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, Antón Santamarina, quen fixo a laudatio de Dorothé Schubarth, e Xosé Luís Freire, quen leu a laudatio de Pablo Quintana.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe estes vídeos:
– Apertura da Gala, por Antonio Reigosa e Lois Pérez:
Entrevista audiovisual de Ronsel Pan á poeta Eli Ríos
Vídeo da entrega dos Premios Xerais 2019
Vídeo da presentación en Vigo de Partituras, de Xoán Carlos Domínguez Alberte e Mercedes Queixas
Arteixo: presentación do libro Sabón, de Xabier Maceiras, e o documental 12 Leiras, de Xosé A. Bocixa
Gondomar, Nigrán e Baiona: A Volta das Nove, Xornadas sobre a represión contras as mulleres no Val Miñor
Mouruás, San Xoán de Río (Ourense): presentación de Festas con representacións de mouros e cristiáns en Galicia e terras do noroeste veciñas, de Xosé Manuel González Reboredo
Feira do Libro da Coruña 2019: actividades literarias destacadas do 8 de agosto
O
8 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 18:00 h. Presentación de Bergan, de José Lorenzo Tomé, publicado por Baía Edicións. Participan Xosé Manuel Fernández Costas e Belén López.
– 18:00 h. Presentación de Pelo de nube, de Dani Vieitez e Iria Iglesias, publicado por Embora.
– 19:00 h. Presentación de Sementes viaxeiras, de Yolanda Castaño e Xosé Tomás, publicado por Embora.
– 19:00 h. Conversa arredor de Todo isto antes era noite, de Lucía Aldao, publicado por Apiario. Con Dores Tembrás.
– 19:30 h. Anxo Tarrío e Ana Cristina Vasconcelos asinan O mundo en que vivín, publicado por Hércules de Edicións.
– 19:30 h. Eduardo Pérez Baamonde asina Cadernos de viaxe, na caseta de Lume.
– 19:45 h. Presentación de Hei de entrar no meu povo. Reivindicarmos Carvalho Calero, con Bernardo Máiz e Xosé María Dobarro, publicado por Embora.
– 19:45 h. 10 Tips para Booktubers (maiores de 14 anos). Por Illa Bufarda e booktuber Nubes baixo ti. Obradoiro de creación para booktubers.
– 20:30 h. Presentación O último barco, de Domingo Villar, publicado por Galaxia.



