Ortigueira: Programa do Congreso “Cunqueiro en Ortigueira en 1936” do 2-3 outubro 2026 e formulario de inscrición

Desde a Asociación Terras do Ortegal:
“O congreso que está a organizar Terras do Ortegal, e que terá lugar os próximos 2 e 3 de outubro (venres tarde e sábado mañá) no Teatro de Beneficencia de Ortigueira, xa ten o programa completo.
En semanas anteriores fomos dando conta e anunciando as persoas que participarían cunha charla ou relatório no congreso, pero agora temos xa a palestra completa.
Está formado por un plantel selecto de profesores, ensaístas, escritores, editores e historiadores, combinando homes e mulleres tanto do Ortegal como de fora do noso territorio, nunha combinación que agardamos mereza a atención das persoas interesadas na figura e na obra de Álvaro Cunqueiro.
Como temos lembrado en numerosas ocasións en todos estes días de prolegómenos do evento, Álvaro Cunqueiro chegou a Ortigueira a primeiros de outubro de 1936, poucos meses despois da sublevación militar e do inicio da Guerra Civil —van polo tanto 90 anos desde súa chegada— e aquí estivo ata mediados de maio de 1937, case 8 meses.

Inscrición no Congreso
A inscrición é gratuíta pero necesaria, tanto por cuestións loxísticas como polas limitacións de espazo da sala que acolle ao Congreso, e debe facerse AQUÍ:

Programa do Congreso
Enumeramos a continuación os relatorios que conforman o congreso. Cada un dos relatores será presentado por persoas colaboradoras da asociación Terras do Ortegal relacionadas co mundo da cultura nas súas diversas formas, ás que agradecemos a súa participación.”

Allariz: Xornada Vicente Risco: Da construción histórica ao territorio do futuro, o 26 de setembro

Máis información e inscricións aquí.

Compostela: XXIII Simposio O Libro e a Lectura. Apoio institucional ao comercio exterior do sector editorial

Inscricións: s.tecnica@editorasgalegas.gal
Información completa aquí.

Entrimo: IX Xornadas Arraianas

Compostela: Xornada Os Centros de Estudos Galegos a debate, o 17 de xullo

Máis información e inscricións aquí.

Carballo: XIX Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística

Máis información e inscrición aquí.

Celanova: III Xornadas Memoria e Muller. Lembranza de María Cabaco

III Encontro do Livro Galego, na UDC