Compostela: XXI Simposio O Libro e a Lectura. O libro galego nas librarías, o 18 de setembro

Aquí podes consultar toda a información.

Pontevedra: III Jornada de Estudo Clara Corbelhe, o 5 de outubro

III Jornada de Estudo Clara Corbelhe

XVII Xornada de Literatura de Tradición Oral. Daquelas que cantan. Lugo, sábado 19 de outubro


A XVII Xornada de Literatura de Tradición Oral. Daquelas que cantan é unha iniciativa da Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, co apoio da Deputación Provincial de Lugo e a colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega.

Terá lugar o 19 de outubro no Salón de Actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8).

A inscrición será obrigatoria e previa, con matrícula gratuíta, seguindo estes criterios:
– As persoas que queiran dispor da homologación da Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, por un total de 8 horas, deberán inscribirse directamente a través https://www.as-pg.gal/ no apartado de Formación.
– As persoas que desexen recibir un certificado de asistencia por parte da AELG, e aquelas que queiran asistir sen obter homologación nin certificado, deberán incribirse enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org. Nel indicarase o nome, apelidos e documento de identidade.

PROGRAMA

10.15 Recepción, entrega de material e inauguración

10.30-11.30 Conferencia: Olga Novo
As que cantan, as que contan, as que calan: intrahistoria das subalternas.

11.30-12.30 Conferencia: Beatriz Busto Miramontes
As de Mens. A oralidade invisíbel tornando a visíbel

12.30-14.00 Mesa redonda: Olga Novo e Beatriz Busto Miramontes
Axudaime compañeiras. As transmisoras da memoria inmaterial
Coordina: Eva Teixeiro

16.00-17.00 Conferencia: Ugia Pedreira
 As autorías na música tradicional

17.00-18.00 Conferencia: Xiana Lastra
Tradición e corazón

18.00-19.30 Mesa redonda: Ugia Pedreira e Xiana Lastra
Cantar e crear a partir da tradición. As liñas de fuga
Coordina: Branca Villares

19.30-20.30 Sesión práctica: Su Garrido
Da túa man para a miña

O programa pode descargarse en formato pdf na seguinte ligazón

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

Lugo: 4º Encontro ao redor da zanfona. “Celme da zanfona”, do 12 ao 15 de setembro

Adianto da convocatoria para o VII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2024

ATENCIÓN! CONVOCATORIA! CALL!

Para quen teña un proxecto escénico ou unha peza en proceso e lle gustaría estreala nun teatro, dentro dos parámetros do ámbito profesional.

O domingo 27 de outubro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña vaise celebrar o VII FESTIVAL PEZAS DUN TEATRO DO PORVIR 2024: GALIZA + PORTUGAL (no marco da IX Xornada da Sección de Literatura Dramática da AELG), que consiste na presentación de 15 minutos dese proxecto ou peza en proceso. Vanse seleccionar 7 propostas (4 de Galiza + 3 de Portugal). Cada proposta recibirá un orzamento económico pola súa participación.

O VII FESTIVAL PEZAS DUN TEATRO DO PORVIR 2024: GALIZA + PORTUGAL comeza ás 10h30 AM e remata sobre as 21h00, incluíndo nesa xornada a presentación das 7 propostas seleccionadas, con media hora dedicada a cada unha delas (15 minutos de presentación + 15 minutos de análise/debate), unha Masterclass no medio da xornada, e a votación por parte das persoas integrantes de cada unha das 7 propostas, así como por un xurado de especialistas designado pola entidade organizadora, a Sección de Literatura Dramática da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega). Por tanto, é condición indispensable para poder participar que as equipas de cada unha das 7 propostas estean presentes durante toda a xornada, desde as 10h30 da mañá até as 21 h. da noite, porque van ter que emitir o seu voto polo mellor proxecto presentado, que optará ao premio da estrea nun teatro.

Aínda non publicamos as BASES, onde aparecerán todos os detalles. Non obstante, adiantámosvos, para que vos dea tempo, que a data límite para o envío das propostas é moi posible que sexa o 11 de outubro.

Animádevos! Esta é outra porta aberta a poder estrear nun teatro a vosa peza!

Organizado pola AELG co apoio do Concello da Coruña, CEDRO, o Camões-Centro Cultural Português em Vigo e a subvención da Deputación Provincial da Coruña.

***

ATENÇÃO! CONVOCATÓRIA! CALL!

Para quem tiver um projeto cénico ou uma peça en processo e gostaria de estreá-la num nun teatro, dentro dos parámetros do âmbito profissional.

O domingo 27 de Outubro no Teatro Rosalia de Castro da Corunha vai-se celebrar o VII FESTIVAL PEÇAS DE UM TEATRO DO PORVIR 2024: GALIZA + PORTUGAL (no marco da IX Jornada da Secção de Literatura Dramática da AELG), que consiste na apresentação de 15 minutos desse projeto ou peça em processo. Vão-se selecionar 7 propostas (4 de Galiza + 3 de Portugal). Cada proposta receberá um orçamento económico pela sua participação.

O VII FESTIVAL PEÇAS DE UM TEATRO DO PORVIR 2024: GALIZA + PORTUGAL começa às 10h30 AM e remata sobre as 21h00, incluindo nesa jornada a apresentação das 7 propostas selecionadas, com meia hora dedicada a cada uma delas (15 minutos de apresentação + 15 minutos de análise/debate), uma Masterclass no meio da jornada, e a votação por parte das pessoas integrantes de cada uma das 7 propostas, assim como por um júri de especialistas designado pela entidade organizadora, a Secção de Literatura Dramática da AELG (Associação de Escritoras e Escritores em Língua Galega). Portanto, é condição indispensável para poder participar que as equipas de cada uma das 7 propostas estejam presentes durante toda a jornada, desde as 10h30 da manhã até as 21 h00 da noite, porque vão ter que emitir o seu voto pelo melhor projeto apresentado, que optará ao prémio da estreia num teatro.

Ainda não publicamos as BASES, onde aparecerão todos os pormenores. Porém, adiantamos, para terem tempo, que a data limite para o envio das propostas é muito possível que seja o 11 de Outubro deste 2024.

Animem-se! Esta é outra porta aberta a poder estrear num teatro a sua peça!