Arquivo da categoría: Historia
As Pontes: presentación de Rotas, de Montse Fajardo
Vilalba: presentación de Vida e historias LGBT da Idade Media, de Carlos Callón
Vigo: conferencia “Castelao, Galaxia e a censura franquista”, por Xosé Manuel Dasilva
Carral: 179 aniversario dos Mártires de Carral
Lugo, Compostela, Catoira, Silleda e Vilalba: presentacións de libros con Carlos Callón
A Coruña: presentación de Federico Tapia Segade 1825-1891. Primeiro alcalde republicano da Coruña, de Ana Romero Masiá e Carlos Pereira Martínez
Lugo: apresentação de Terra a nossa!, de Antom Santos
O Carballiño: presentación de Abril é un país, de Tereixa Constenla
A Coruña: presentación de Personaxes da Galiza medieval II
O 15 de abril, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, terá lugar a presentación do libro Personaxes da Galiza medieval II. A Asociación Cultural O Galo de Santiago está a editar unha colección sobre personaxes da Galiza medieval, para contar a historia de homes e mulleres que desempeñaron na nosa Terra un rol relevante, entre os séculos VI e XV. É importante coñecer a nosa historia e tomar conciencia sobre a ocultación e deturpación que sufriu canto sucedeu aquí ao longo dos séculos. As biografías que aquí se recollen son as da raíña Dona Sancha, Fernando e Vermudo Peres de Trava, o arcebispo Bernardo II, Paio Gómez Chariño, Afonso Soares de Deza, Pedro Fernández de Castro e Fernando Ruis de Castro. Contarase na presentación co historiador Xosé Miguel Andrade Cernadas, catedrático na USC (coautor desta obra) e con Mª Antonia Pérez, profesora titular na UDC. As persoas interesadas poden inscribirse aquí. As asistentes levarán de agasallo ese libro que se editou grazas a unha axuda da Deputación da Coruña.