Arquivo da categoría: Infantil e xuvenil
Boiro: presentación e contacontos de Porque Cuqui non quere ir á lavadora, de María Lado
Pontevedra: mesa redonda A literatura infantil de onte a hoxe. Fortalezas e debilidades
O
sábado 14 de marzo, ás 19:00 horas, no XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra (no Pazo da Cultura), terá lugar unha mesa redonda sobre A literatura infantil de onte a hoxe. Fortalezas e debilidades, moderada por Paz Castro, coa participación de Blanca Roig Rechou, David Pintor, Xavier Senín, Romina Bal e Manuel Bragado. A entrada é libre.
Pontevedra: mesa redonda Alimarias, estrelas e clons, coordinada por Marilar Aleixandre
O
venres 13 de marzo, ás 19:00 horas, no XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra (no Pazo da Cultura), terá lugar unha mesa redonda sobre Alimarias, estrelas e clons, organizada polo Consello da Cultura Galega, baixo a coordinación de Marilar Aleixandre. As ciencias son unha forma de contar o mundo, unha narración argumentada. Parte do traballo científico é comunicar estas narracións ou cambiar as que foron contadas. Por que chamar “alimarias” ao lagarto ou ao lobo? Que nos contan as estrelas? Existen os clons, fóra das novelas?
Lugo: encontro sobre O veleno da risa. Un misterio para Tintimán en Lugo, con Santiago Jaureguízar
O
xoves 12 de marzo, a partir das 18:00 horas, no Museo Interactivo da Historia de Lugo (Parque da Milagrosa), Santiago Jaureguízar será o escritor protagonista da Cata Literaria, onde manterá un encontro cos lectores da súa obra, dirixida a público xuvenil, O veleno da risa. Un misterio para Tintimán en Lugo, publicada por Xerais.
A Estrada: presentación e contacontos arredor de Porque Cuqui non quere ir á lavadora, de María Lado
A Coruña: presentación de Acuario 2 e Druídas, de María Canosa
A Coruña: Poesías, rimas e cancións, con Yolanda Castaño, na Biblioteca González Garcés
O
sábado 7 de marzo, ás 12:00 horas, na Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña (Rúa Miguel González Garcés, s/n), terá lugar unha actividade para nenas e nenos maiores de 3 anos, coa presenza de Yolanda Castaño, arredor de Poesías, rimas e cancións.
Pontevedra: presentación de Flash-Black 13, de Ramón Caride
O
sábado 7 de marzo, ás 19:00 horas, no XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra (no Pazo da Cultura), preséntase Flash-Black 13, de Ramón Caride, publicado por Urco Editora.
Compostela: Rimando e xogando, por Ana Hermida, actividade con textos poéticos galegos
Como adianto do Día Mundial da Poesía terá lugar esta actividade, dirixida ao público infantil, onde se recitarán poemas de Manuel María, Antonio García Teijeiro, Helena Villar, Xesús Rábade Paredes, Anisia Miranda, etc., xunto a outras actividades.



