Arquivo da categoría: Narrativa
Gondomar: presentación de A memoria da choiva, de Pedro Feijoo
O
venres 22 de novembro, ás 20:30 horas, na Libraría Libraida (Rúa Rosalía de Castro, 13) de Gondomar, preséntase a novela A memoria da choiva, de Pedro Feijoo, publicada en Xerais. No acto, xunto ao autor, participa Fran Alonso.
Compostela: presentación de Ámote Leo A. Destino Xalundes, de Rosa Aneiros
O
mércores 20 de novembro, ás 12:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase Ámote Leo A. Destino Xalundes, de Rosa Aneiros, publicado en Xerais. No acto participan, xunto á autora, Manuel Bragado e a colaboración especial de alumnos e alumnas do IES Eduardo Pondal de Santiago, acompañados pola profesora Mercedes Espiño.
Vigo: presentación de O corazón de Branca da Neve, de Francisco Castro
O
martes 19 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa do Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno, 27), preséntase O corazón da Branca de Neve, de Francisco Castro, publicada en Galaxia. No acto, xunto ao autor, participan Víctor F. Freixanes e Ramón Nicolás.
O Fogar das Palabras: un novo espazo para os xéneros fantásticos en galego
Desde
Praza:
“As historias de ciencia ficción, fantasía, steampunk e demais xéneros do mundo fantástico, teñen unha nova rampla de lanzamento. A libraría-taller O Fogar das Palabras en Santiago de Compostela abre outra vía de achegamento aos xéneros que van máis alá da simple ficción. Pero ademais, este espazo ofrecerá talleres de creación, de autoedición e mesmo unha plataforma para quen queira iniciarse na creación literaria desde os xéneros que tratarán os dous responsables do proxecto: Fernando Cimadevila e David Cortizo. Falamos con eles para que nos expliquen algo máis sobre esta iniciativa.
– Praza: Que é este lugar, O Fogar das Palabras?
– Fernando Cimadevila (FC): Pois podemos dicir que é unha mestura entre libraría e taller literario. Nós somos, antes que libreiros, editores. David é editor de Urco Editora e eu de Contos Estraños. Por iso decidimos crear un lugar onde poder levar adiante o noso labor como editores e ao mesmo tempo achegar aos lectores, aos autores e a aqueles que queren entrar no mundo literario, unha ferramenta para entrar neste mundo, a través dos talleres e a autoedición que ofertamos grazas ao selo propio que temos que é O Fogar das Palabras. (…)
– P: Hai elementos propios na ciencia ficción galega e a fantasía galega?
– David Cortizo (DC): Na ciencia ficción non, na fantasía ao mellor si polo substrato céltico e no terror o que xa comentaba Fernando, o agro-terror.
– FC: Outro punto sería a ambientación. En vez e ambientar as historias en Gran Bretaña, ambientalas en Galicia xa lles dá un punto distintivo.
– DC: Agustín Fernández Paz ten unha novela fantástica na que aparecen elementos como meigas e personaxes da mitoloxía galega.
– FC: En tal caso o importante é que se escriban cousas. (…)”
A Coruña: coloquio sobre literatura fantástica con Xosé Duncan e Vanesa Santiago
Pontevedra: presentación de A memoria da choiva, de Pedro Feijoo
O
martes 19 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Paz (Rúa Peregrina, 29) de Pontevedra, preséntase a novela A memoria da choiva, de Pedro Feijoo, publicada en Xerais. No acto, xunto ao autor, participa Manuel Bragado.
Santiago: presentación de A memoria da choiva, de Pedro Feijoo
O
venres 15 de novembro, ás 16:30 horas, no pub Modus Vivendi (Praza Feixoo, 1) de Santiago de Compostela, terá lugar unha roda de prensa de presentación da novela A memoria da choiva, de Pedro Feijoo, publicada en Xerais. No acto, xunto ao autor, participa Manuel Bragado.
A Pobra do Caramiñal: encontro literario sobre Vattene!, de Alberte Momán
O Grove: presentación de Bícame, Frank, de Miguel Anxo Fernández
O
venres 15 de novembro, ás 20:00 horas, no espazo da Galería Besada (Rúa Concepción Arenal, 18) do Grove, preséntase Bícame, Frank, de Miguel Anxo Fernández, publicado en Galaxia. No acto, xunto ao autor, participan Carlos Álvarez e Dunia Álvarez.


