A
segunda
feira 27 de marzo, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Culturas da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Celso Fernández Sanmartín e a poeta zapoteca Natalia Toledo. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos marzo 2017.
Arquivo da categoría: Poesía
Vigo: presentación de O Segredo de Sheela na Gig, de Iolanda Aldrei
“Obradoiros e prácticas da escritura”
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Entrevistas a Manuel Forcadela, Carlos Negro e Antía Otero, entre outros/as escritores/as sobre Obradoiros e prácticas da escritura. Pode accederse á entrevista aquí.”
Xosé Luís Méndez Ferrín lembra a Derek Walcott
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Lembramos a Derek Walcott e a súa visita a Galicia en 2001 con Xosé Luís Méndez Ferrín. Pode escoitarse a conversa aquí.”
Atlas Brussel, Xavier Queipo
Entrevista a Eduard Velasco, arredor de O filósofo coxo
Compostela: Adela Figueroa presenta Memória de Pés Sem Sombra
Compostela: presentación da revista DiVersos, números 24 e 25
A
cuarta feira 22 de marzo, ás 20:00 horas, en Chan da Pólvora (Rúa de San Pedro, 74), en Santiago de Compostela, preséntanse os números 24 e 25 da revista DiVersos. No acto participan Alfredo Ferreiro e Carlos Quiroga.
Cork, Irlanda: Yolanda Castaño en Poetry. Readings at UCC
“Conducir no Afganistán”, por Arancha Rodríguez
Crítica
de Arancha Rodríguez na Sega (foto de Paula Gómez del Valle):
“O camiño de descuberta do mundo é sempre un camiño violento, sórdido; cheo de tropezóns e de obstáculos. Se a ese camiño se lle engade o peso de ser muller, masticalo faise case imposíbel.
Non obvia Angélica Freitas (Pelotas, Brasil – 1973) esta natureza do percorrido, presentándonos un libro cun título igual de cru: um útero é do tamanho de um punho. Editado por Kriller71 nunha preciosa edición bilingüe portugués-español, o poemario semella un pedazo de carne sen cociñar, sangrante e imprevisíbel, que un xigante enorme nos fai tragar mentres esmaga as nosas gorxas.
Ler um útero é do tamanho de um punho é complicado; é ao tempo inmensamente certo. Navega a autora por temas tan recurrentes como o corpo, a hixiene, o sexo, evitando a discreción. Por que ninguén fala do noxo?, parece berrar esta obra. Por que ninguén fala do medo.
Talvez porque molesta.
uma mulher gorda
incomoda muita gente
uma mulher gorda e bêbada
incomoda muito mais
A natureza da muller no mundo, estranxeira a todo lugar máis que a si mesma -estranxeira ás veces de si mesma- parece empañar tamén todo o poemario. A súa anatomía, a súa voz; todo é censurábel. Se cadra o camiño de descuberta do mundo era, despois de todo, unha penitencia. (…)”



