Arquivo da categoría: Poesía
A Coruña: proxección do documental sobre Luz Fandiño A poeta analfabeta, de Sonia Méndez
Carballo: presentación de Fragor do urdido, de Eva Veiga e Francisco X. Fernández Naval
A Coruña: recital/conferencia “Ti, nós, Palestina”, por Lois Diéguez
A Coruña: presentación de En sístole, de Fe Núñez
A Coruña: presentación de Dispersión, de Ana López
Crónica fotográfica da lectura pública na Coruña da obra de Luísa Villalta
Estas son algunhas das fotografías da lectura pública de Luísa Villalta polo Día das Letras Galegas que tivo lugar na Coruña o 12 de maio, en colaboración coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
A Coruña: presentación de A liña da vida, de Xosé María Álvarez Cáccamo
Versos na Baixamar en Barreiros 2024
Versos na Baixamar en Barreiros 2024 é unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Barreiros e a Deputación de Lugo.
O domingo 26 de maio, ás 12:00 horas, na Escola de Reinante, co gallo do Día das Letras Galegas, terá lugar a cuarta edición do ciclo poético Versos na baixamar, que consistirá nun recital poético-musical a cargo de Eva Veiga, Uxía, Beatriz Dourado, Lois Pérez e Lucía Ferro.
Durante o mesmo tamén se fará a entrega de premios do Certame das Letras Galegas, e terá lugar a actuación da Orquestra Infantil Sinfónica no Rural.