O
venres 5 de xullo, ás 21:00 horas, na Casa Dopeso (Rúa Rosalía de Castro, 24) das Pontes, Ofelia López, pertencente ao grupo Alalá, presenta o seu primeiro poemario editado por Edicions Galebook Fume de cerna. No acto, xunto á autora, participa o prologuista da obra, Xulio L. Valcárcel.
Arquivo da categoría: Poesía
Arteixo: inauguración da exposición Coa lus dos faros, de Nolo Suárez e Modesto Fraga
Betanzos: presentación de Resina de poliéster, de Xabier Correa Corredoira
O
venres 5 de xullo, ás 20:00 horas, na Libraría Carricanta (Rúa Doutor José Fariña, 1) de Betanzos, preséntase Resina de poliéster, de Xabier Correa Corredoira, publicado en Baía Edicións. No acto, xunto ao autor, participan Yolanda Castaño e Sara Seoane, quen acompañará a voz do Corredoira ao piano.
Insua dos Poetas, Carballiño: V Festa da Palabra, o sábado 20 de xullo
Vigo: espectáculo de poesía e música con María Lado e Lucía Aldao
O
xoves 4 de xullo, ás 22:30 horas, no Pub El Ensanche (Travesía de Santiago, 1) de Vigo, terá lugar un novo recital conxunto de María Lado e Lucía Aldao, con poesía, música e a presenza dos músicos Mig Seoane e Suso Feixón. A entrada custa 4 euros.
Versos no Olimpo colleita unha calurosa benvida nas súas presentacións públicas
Desde
a Asociación Monte Pindo Parque Natural:
“A obra poética colectiva Versos no Olimpo. O monte Pindo na poesía galega, microfinanciada e editada grazas á nosa rede de colaboradores, non puido recibir unha benvida máis calurosa nas súas primeiras presentacións en sociedade por parte non só da xente que comprometera as súas achegas para ver este soño literario feito realidade, senón tamén por parte de quen, non tendo formado inicialmente parte do proxecto, desexa facerse con esta xoia literaria nacida da suma de sinerxias de moitísimas persoas boas e xenerosas.
O pasado martes 25 de xuño á tardiña, Versos no Olimpo foi recibido na capital galega por todo o alto. No escenario inmellorábel da libraría Couceiro os seus dous coordinadores, Miro Villar e Francisco Xosé Fernández Naval, asi como Merche Díaz e Xil Caamaño en nome da nosa Asociación, foron debullando tanto os seus aspectos literarios coma os técnicos que levaron a materializar a antoloxía. (…)
O sábado 29 ás 19:00 horas, xusto cando arribaban ao Pindo os participantes da celebrada subida ao Olimpo Celta que nos deixou unha nova marabillosa, producíase outra boa noticia co cheo rexistrado na Confraría de Pescadores do Pindo para participar na presentación do libro no marco das VIII Xornadas de Pesca, a cargo de Chisco Fernández Naval, Merche Díaz, Xil Caamaño e Mario Maceiras, acompañados dalgúns dos 56 autores e das autoras dos 79 textos que de agora en sempre engalanarán as follas de Versos no Olimpo: Marta Dacosta, Estevo e David Creus, Alexandre Nerium, Paco Souto ou Nieves García Centeno, entre outros, foron algúns dos encargados de facer voar os versos do Olimpo no recital poético O Monte Pindo, vixía do mar. (…)”
Lugo: Cultura Express: 3 horas de cultura concentrada
Vigo: presentación de Lusocuria e Vattene! na Librería Rescrómica do Museo Marco
Nove poemas de liberdade. Lectura de poesías de Manuel Lueiro Rey
Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Un amigo advertiume da existencia deste vídeo que abaixo reproduzo e realizado no Colexio Público de Educación Infantil e Primaria «CEIP Doutor Suárez» de Fornelos de Montes, vila natal de Lueiro Rey. A gravación artellouse co gallo da entrega do I Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey celebrada o 13 de abril deste ano.
Neste proxecto cada aula recita unha poesía do autor, que reparou con recorrencia e en toda a súa obra na infancia como motivo literario. Os meus parabéns por esta iniciativa.”



