Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Pontevedra: presentación de Apoteose das perchas, de Xesús Constela
A Coruña: presentación de Juan Rof Codina. Renovación na veterinaria e gandaría galega contemporánea, de Diego Conde Gómez
O xoves 11 de xuño, ás 19:30 horas, na sede do Colexio de Veterinarios da Coruña (Rúa da Profesora María Puga Cerdido, s/nº) da Coruña, preséntase o libro Juan Rof Codina. Renovación na veterinaria e gandaría galega contemporánea, de Diego Conde Gómez, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Xosé Uxío Rey Fernández, Lourenzo Fernández Prieto e Manuel Bragado.
Compostela: presentación e recital poético de Bazar de traidores, de Elías Portela
Ourense: actos destacados do sábado 6 e domingo 7 na Feira do Libro
O domingo 7 de xuño finaliza a Feira do Libro de Ourense (na Rúa do Paseo), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados para os dous últimos días:
Sábado 6
– 19:30 h. Joel Gômez presenta Ernesto Guerra Da Cal, do exílio a galego universal, publicado por Através, acompañado de Carlos Garrido.
– 20:30 h. Manuel Blanco Desar presenta Galicia: Un pobo con futuro? O noso devalo demográfico, publicado por Xerais.
Domingo 7
– 13:00 h. Contacontos a cargo de Miguel Ángel Alonso, por Nova Galicia Edicións.
– 19:30 h. David Pérez López presenta Historia de Galicia, publicado por Edicións do Cumio. Participará no acto, xunto ao autor, Cándido Meixide Figueiras.
Burela: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
Compostela: presentación de Entrar na casa, de Eduardo Estévez e fotografías de Ignacio Castro, “Nachok”
O venres 5 de xuño, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 6), preséntase o libro Entrar na casa, de Eduardo Estévez (poemas) e Ignacio Castro, “Nachok” (fotografías), publicado por Estaleiro. No acto, xunto aos autores, participa Alba Viñas.
Guitiriz: presentación de Inventario do prohibido, de Luz Campello
Ourense: actos destacados do xoves 4 na Feira do Libro
O xoves 4 de xuño continúa a Feira do Libro de Ourense (na Rúa do Paseo), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados para ese día:
– 19:30 h. Alfonso Vázquez Monxardín, Patricia Chachero e outros autores presentan Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía, da Fundación Otero Pedrayo. Participa Víctor Fernández Freixanes.
– 20:30 h. Ramón Caride presenta O frío azul, da colección Alcaián, de Urco Editora.