Arquivo da categoría: Recitais
Entrevista de María Alonso a Yolanda Castaño desde Escocia
Entrevista
de María Alonso a Yolanda Castaño desde En Escocia en galego:
“- María Alonso (MA): Durante este mes de setembro serás unha das Hawthornden Fellows, como tamén o foron no seu día Olive Senior ou Alasdair Gray. Cales son as primeiras impresións da túa estadía?
– Yolanda Castaño (YC): Esta é a miña cuarta bolsa internacional de creación en residencia. A primeira foi no centro internacional de escritor@s e tradutor@s de Rodas, a segunda na Villa Waldberta de Múnic, a terceira foi no Home of International Poets de Pequín, e agora fun convidada durante este mes de setembro a realizar esta estadía no Hawthornden Castle. Todas estas experiencias como escritora en residencia foron grandes impulsos para a miña escrita. Este tipo de proxectos para apoiar a produción literaria parécenme apaixonantes. Noutros eidos culturais como poden ser o da música ou o do teatro si que hai un recoñecemento a este proceso de produción, pero no ámbito da literatura hai un baleiro moi grande neste aspecto. O produto final literario, en moitas ocasións, é o resultado da privación de tempo de lecer ou tempo coa familia. É preciso contribuír e axudar ao desenvolvemento do proceso creativo para que este traballo non se converta nun labor invisible. Un apoio á produción literaria na nosa realidade significaría un cambio de paradigma. Farían falla medios para que se poida levar a cabo a escrita creativa nas condicións óptimas. Isto é exactamente o que acontece nestas estadías en residencias nas que participei. Este tipo de residencias afástante durante un tempo da túa vida diaria, dos teus quefaceres, das túas distraccións e todo isto faise para poder ser escritora a tempo completo. É por esta razón que para min estas oportunidades resultan moi produtivas porque podo aproveitar o tempo ao máximo para sacar adiante moito traballo de creación. (…)
– MA: Existen algúns exemplos de residencias en Galiza, como podería ser a de Axóuxere e pola que pasaron, entre outr@s artistas, Irene La Sen ou Elías Portela. Sen embargo, aquí os proxectos como o Scottish Book Trust, o Literature Trust ou no que ti mesma participas contan con apoio institucional. Que aspectos deste modelo consideras positivos dende a túa experiencia?
– YC: Cando te achegas a outro tipo de modelos decátaste de que en Galiza estamos en cueiros neste sentido. O sistema parece, en ocasións, funcionar a través de premios literarios; é dicir, prémiase o resultado, pero non o proceso. A pesares de destacar a importancia dos premios literarios, eu tamén aspiraría a que se puidesen abrir outro tipo de vías. As iniciativas que hai son moi boas, pero non deberían quedar en iniciativas únicas con enormes esforzos persoais e voluntaristas detrás, e con escasísimos apoios institucionais. Tería que haber diferentes modelos ou proxectos, pero tamén é preciso que estes sexan plurais para permitir que se leve a cabo esta interacción necesaria para facilitar o proceso de creación.
– MA: Outra institución para a promoción da literatura en Escocia que vén de abrir as súas portas é a Scottish Poetry Library, onde participarás os días 27 e 29 desde mes con cadanseu acto.
– YC: Antes de chegar ao castelo de Hawthornden xa estaba en contacto coa Scottish Poetry Library para poder participar nalgún evento, polo que aproveitarei esta estadía para levar a cabo esta colaboración. O primeiro será o día 27, onde impartirei un obradoiro de tradución poética con outras autoras de diferentes países. O evento do día 29 será un recital poético en lingua galega, e probablemente bote tamén man dalgunha tradución ao inglés. Tanto a estadía como a colaboración coa Scottish Poetry Library coincide coa inminente publicación de Six Galician Poets, unha antoloxía de poesía galega contemporánea editada por Manuela Palacios e traducida por Keith Payne. (…)”
Ribadeo: VI Concerto Músicas e Letras en Feminino, o venres 16 de setembro
Ademais do aperitivo musical, o VI Concerto Músicas e Letras en Feminino tamén ofrecerá un recital de poemas de poetas galegas e mariñás que serán lidos por un grupo de mulleres de Trabada, Foz, Ribadeo, Mondoñedo e Viveiro.
O prezo xeral do bono-axuda-entrada será de 6 euros e poderase reservar ata o xoves 15 de setembro no enderezo observatorioigualdade@gmail.com.
Compostela: velada poética con Lala Blay e Estevo Creus
O
sábado 10 de setembro, a partir das 20:00 horas, na Novaniké (Ruela de Xerusalén, 4), en Santiago de Compostela, terá lugar unha velada poética coa presenza de Lala Blay, chegada de Barcelona, e Estevo Creus Andrade. O acto vai ser presentado por Eduard Velasco.
Vilalba: XII cabodano do pasamento de Manuel María, Día da Cultura Chairega
Salvaterra: XXX Festival de Poesia no Condado
A Sociedade Cultural e Desportiva (SCD) do Condado organiza o XXX Festival da Poesia, que este ano celebra o Centenario das Irmandades da Fala. Dentro do seu programa destacamos os seguintes actos literarios:
Venres 2
– 20:30 h. Noite nas Minas. Rochi Nóvoa. Recital poético.
Sábado 3
– 12:00 h. Poesia. Abordaxe poética no comboio de baixa velocidade.
– 13:00 h. Presentaçom. As terapias da doutora Ledicia, de Raquel Castro, publicado por Galaxia.
– 18:00 h. Teatro. A lingua na boca. Letras, riscos e pensamentos de Castelao, de Limiar Teatro.
– 18:00 h. Poesia. Assinatura de livros das poetas participantes.
– 19:00 h. Poesia. Abordaxe poética no campo da festa.
– 19:00 h. Poesia. Antía Otero & Isaac Garabatos.
– 19:30 h. Poesia. Xuventude Imbécil.
– 20:30 h. Música & Poesia. Apresenta: Xurxo Souto. Leitura do limiar, por Xurxo Martínez.
Poesia: Emma Pedreira, Mário J. Herrero, Rui Spranger, Ana Romaní, Aurora Boreal, Oriana Méndez, Jesús Castro, Manolo Pipas, Lara Dopazo e Antón Blanco.
Música: Zurrumalla, Sokram, Familia Caamagno e Selecta Alice.
Burela: actos destacados na Feira do Libro para o sábado 27 e domingo 28
O
domingo 28 de agosto finaliza a Feira do Libro de Burela, que terá lugar na Praza da Mariña, con horarios de 11:30 a 14:30 h. e de 17:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para estes dous días:
Sábado 27
– 13:40 h. Presentación-recital de Chorimas serodias, de Montse González Álvarez, con lectura posterior dalgúns poemas de Luz Pozo Garza. O acto será conducido por Julia María Labrador.
– 19:00 h. Pere Tobaruela presenta a saga Formig4s. Conduce o acto Julia María Labrador.
– 20:00 h. Farruco Graña presenta O soño de Xoán, novela publicada por Embora. Conduce Marcelino Luna.
Domingo 28
– 19:15 h. Paco Rivas presenta Entre o abalo e a zaranda. Dicionario léxico do mar.
– 19:45 h. Presentación de A maruxaina e outras sereas, de Paco Rivas, Alfonso Otero Regal e Pablo Mosquera, publicado pola Deputación de Lugo.
Caldas de Reis: recital poético de Carlos Callón dentro de Orixe Candente 2016
O
martes 23 de agosto, ás 22:00 horas, na Terraza do Mesón Bermaña, en Caldas de Reis (Rúa Porto do Río, 31), dentro da V edición de Orixe Candente, terá lugar un recital poético coa participación de Carlos Callón, quen recitará poemas de Atravesar o fantasma, publicado por Xerais.
Foz: actos destacados da Feira do Libro do sábado 20 e domingo 21
O
domingo 21 de agosto finaliza a Feira do Libro de Foz (na Praza Conde do Fontao), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 17:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
Sábado 20
– 18:00 h. Espectáculo musical O Bigote de Mimí, de Luís Vallecillo e a Banda do Cuberto, baseado no libro homónimo de Manuel María, publicado pola Casa Museo Manuel María.
– 21:00 h. Presentación do libro Entre o abalo e a zaranda. Dicionario léxico do mar, de Paco Rivas, con prólogo de Francisco Fernández Rei.
Domingo 21
– 19:00 h. Concerto da Banda de Música de Foz e recital poético musical sobre os poemarios Chorimas, de Montse González, e Versos florecidos en louvanza de Foz, de Manuel María.


