Lugo: Día de Rosalía de Castro 2025


O 21 de febreiro, ás 11:30 horas, no Parque de Rosalía de Castro (en caso de choiva, o acto tería lugar no Auditorio do Vello Cárcere), terá lugar a conmemoración do Día de Rosalía de Castro en Lugo, organizado pola AELG, coa colaboración da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.

O acto consistirá na lectura do Manifesto da AELG, elaborado neste 2025 por Marga do Val, a lectura pública da obra de Rosalía de Castro por alumnado do CEIP Veleiro Docampo de Castro Ribeiras de Lea e escritoras/es da cidade de Lugo, e unha ofrenda floral en homenaxe á autora.

Pontevedra: acto polo Día de Rosalía 2025


O sábado 22 de febreiro, ás 12:30 h., no Bar Verbena, Lucía Novas lerá o manifesto da AELG, nun acto ambientado polo colectivo O Fruto e a Serpe, onde o público está convidado a participar nun recital de micro aberto. Esta actividade terá lugar dentro das propostas do Concello de Pontevedra e o seu Servizo de Normalización Lingüística con motivo do Día de Rosalía de Castro.

Oiartzun: homenaxe a Concha Murgia Egaña 2025

Carral: presentación de Cantos de dor e liberdade no Poetry Slam Carral