
Arquivo da categoría: Roteiros
Crónica fotográfica do Roteiro imaginário polos contos e lendas da Corunha, guiado por Susana Sanches Arins
Estas son algunhas das fotografías do Roteiro imaginário polos contos e lendas da Corunha, guiado por Susana Sanches Arins, celebrado o pasado 21 de xuño. A crónica fotográfica completa (obra de Beatriz Maceda Abeleira) pode verse aquí. Esta é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.
Vigo: segunda edición do Roteiro O Vigo de Begoña Caamaño, o 27 de xuño
A Coruña: V Festa Amergin
A Illa de Arousa: Bego nas Illas
Roteiro imaginário polos contos e lendas da Corunha, guiado por Susana Sanches Arins
O Roteiro imaginário polos contos e lendas da Corunha, guiado por Susana Sanches Arins, é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.
Esta proposta pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.
No presente roteiro, en palabras da autora, “faremos um passeio imaginário pola tradição oral e a sua diversidade: cantos, lendas e contos”.
Terá lugar o domingo 21 de xuño, a partir das 12:00 horas, na cidade da Coruña. O punto de saída será a Praza de Santa Bárbara. A asistencia é gratuíta. Non é precisa inscrición previa.
Lóuzara: Roteiro Fiz Vergara Vilariño 2026, o domingo 21 de xuño
Mondoñedo: IV Encontro Álvaro Cunqueiro. Camiño ao norde, os 27 e 28 de xuño



As persoas interesadas en participar neste IV Encontro Álvaro Cunqueiro. Camiño ao norde poden matricularse xa, e ata o próximo 12 de xuño, na seguinte ligazón da USC.
A Coruña: Roteiro Festexar a Lingua
Mindelo (Cabo Verde): Moncho Iglesias Míguez participa no Txon-Poesia 2026

O 28 de maio ás 21h00
ROTEIRO POÉTICO
Ponto de encontro: La Mona l Maio – Cuontas de la Raia i de l Praino | A Mona de Maio – Contos da Raia e do Planalto, performance de Alcides Meirinhos em mirandês, António Alberto Alves em português e Márcia C. Brito em kriol, com textos de José Francisco João Fernandes (Padre Zé) no Pátio do Centro Nacional de Arte, Artesanato e Design, seguindo para Baobab, apresentação do livro de Moncho Iglesias Míguez com performance do autor no Djan Djan.
O 29 de maio ás 21h00
SPOKEN WORD MINDELO #26
Slammers: Adirsénia Pires, Cláudio da Graça, Cuktel, Érico Medina, Fabiana Gomes, Fernando Aguiar, Moncho Iglesias Míguez, Rui César e Valódia Monteiro
MICRO ABERTO // OPEN MIC
Momento musical:
Caplan Neves
Hosted by: José Oliveira Pinto
Pátio do Centro Nacional de Arte, Artesanato e Design










