Faleceu Narciso Luaces Pardo

Desde a Asociación Nordés:
“Narciso Luaces Pardo partiu como unha figura emblemática, un referente, un tesouro da Faladora…
Para achegarnos á súa vida, compartimos este texto do profesor Bernardo Penabade, escrito para “O libro dos amigos” como homenaxe ao seu infatigable compromiso coa terra. Unha publicación coordinada polo profesor Emilio Castro Fustes no 2018 e editada pola Asociación Terras do Ortegal en colaboración coa SIR “La Devesana”. (…)”

Acto de entrega do I Premio de Oratoria Filomena Dato

“O pasado ano 2019 a Asociación Cultural Lisístrata convocaba o I Premio de Oratoria Filomena Dato para o alumnado dos diferentes ciclos do Ensino Obrigatorio, coa intención de promover o Idioma Galego e o Feminismo, ademais de render homenaxe a Filomena, un dos escasos referentes do feminismo do S. XIX e segunda escritora, despois de Rosalía, que publicaría un libro en galego nese século.
Este premio, o primeiro que leva o nome da “poeta das Mariñas” e que nesta primeira edición ten como tema a sororidade, terá o seu acto de entrega o domingo 26 de xullo ás 12:00 h. no Anfiteatro do Concello de Arteixo. Será un acto axustado ao protocolo Covid que consistirá nunha breve presentación, entrega de premios as persoas gañadoras, que expoñerán o seu traballo ante o público e como colofón a obra de Filomena soará na voz de Ana Hermida.”

Rianxo: actos destacados na Feira do Libro 2020 para o 24 de xullo

O 24 de xullo continúa a Feira do Libro de Rianxo (no Campo de Arriba, con horario de 12:00 a 14:00 horas, e de 18:30 a 22:30 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:

12:00 h. María Xesús Blanco asina O caderno de Rosalía, publicado por Galaxia.
18:30 h. José María Rodríguez Tubío asina Liorta viquinga, publicado por Mascolor Comunicación.
19:30 h. Charo Baleirón asina De Carballo Calero a Carvalho Calero, publicado por Hércules.

Rianxo: actos destacados na Feira do Libro 2020 para o 23 de xullo

O 23 de xullo comeza a Feira do Libro de Rianxo (no Campo de Arriba, con horario de 12:00 a 14:00 horas, e de 18:30 a 22:30 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:

13:00 h. Inauguración. Pregón de Xosé Ricardo Losada.
20:30 h. Natalia Carou asina O mal querer, publicado por Baía.
21:30 h. Xosé Ricardo Losada asina A casa xunto ao volcán, publicado por Galaxia, e o resto da súa obra.