O
sábado 10 de maio, ás 12:00 horas, na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21, baixo) de Lugo, preséntase Maria, de Eli Ríos, publicado por O Figurante. No acto, xunto á autora, participa Alberte Momán.
Lisboa: Nimbos de luz. Biopoética de Xosé María Díaz Castro, por Armando Requeixo
Pontevedra: Vermú entre libros con Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas
O Couto, Ponteceso: Xosé Neira Vilas no Festiletras
Por min o galego terá mil primaveras máis, campaña de ProLingua
Desde ProLingua:
“As Mil primaveras máis para a lingua galega, que Cunqueiro desexou e para as que fixo brotar unha obra excepcional, motívannos a botar a andar unha nova campaña na que ti es fundamental.
Somos conscientes de que unha lingua só ten sentido se a falamos, porque só así garantimos o seu futuro. Por iso sementamos vida cando a empregamos, cando soñamos nela, cando bailamos ao seu son, cando nos indignamos coa forza que ela nos dá, cando a eliximos para transmitírllela ás novas xeracións, cando a protexemos dos que non nos entenden, cando codificamos o mundo a través dela… cando ti decides que é a túa lingua.
ProLingua quere que ese compromiso individual sexa visible nesta primavera. Polo que che pedimos que graves un vídeo dicindo Por min o galego terá mil primaveras máis (ou ben coa frase Por nós o galego terá mil primaveras máis, se o fas en grupo) e que nolo envíes a prolinguagalega@gmail.com antes do 23 de maio. No correo indícanos o teu nome e apelidos, lugar de orixe e profesión.
Antes de rematar a primavera florecerá unha gravación na que cada compromiso individual dea vida a un compromiso colectivo. Sumaremos forzas e ampliaremos a rede de afectos ao redor do idioma para seguir sentindo que a Patria da Lingua Galega terá mil primaveras máis.
ProLingua, 25 de abril do 2014″
Mecanoscritos: Luís Seoane
Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
Santiago e Padrón: No camiño da lingua
Samertolameu, Meira, Moaña: recital poético de A porta verde do sétimo andar
Mañá sábado coñecerase a obra gañadora do XIV Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño
O
sábado 10 de maio reúnese o xuri do XIV Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, formado por Cristina Ferreiro, Xavier Rodríguez Baixeras e Miguel Mato Fondo, actuando como Presidente o Concelleiro de Cultura de Sarria, Francisco Pérez e como Secretaria a Presidenta de Ergueitos, María Casar, ambos os dous con voz e sen voto.
A plica da obra gañadora abrirase ás 13:30 horas no Salón de Plenos do Concello de Sárria e nese momento coñecerase quen é a persoa gañadora desta 14ª edición do Premio.
Pontevedra: actividades do venres 9 na Feira do Libro
O
venres 9 de maio continúa a Feira do Libro de Pontevedra (no Paseo de Odriozola, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados:
– 19:00 h. A escritora Fina Casalderrey, asinará na caseta de Libraría Seijas.
– 19:00 h. O debuxante Luis Dávila asinará na caseta da Libraría Paz.
– 19:30 h. CEF o poeta da vida, na Feira do Libro de Pontevedra. Presentación do documental sobre Celso Emilio Ferreiro e coloquio. Participan no acto Luís Ferreiro, Plácido Romero e Aser Álvarez, director do documental.
– 20:00 h. A escritora Anxos Sumai asinará exemplares da súa obra na caseta da Libraría Paz.





