
Vigo: presentación de Madriña, de Antonio Tizón
Bases do I Certame Literario de relatos e versos Re-versos de Santa Comba
Mondoñedo: presentación de Literatura insólita, de Armando Requeixo
A Coruña: Cláudio López Garrido presenta Discurso da servidume voluntária, de Étienne de La Boétie
Compostela: presentación de Un intre no tempo. Poesía reunida 1967-2017, de Xosé Luís Franco Grande, en edición de Teresa Seara
Compostela: palestra 25 edicións discográficas para Rosalía de Castro, por Xaime Estévez Vila
Compostela: acto central do Día de Rosalía de Castro 2026, o domingo 22 de febreiro
O acto central do Día de Rosalía de Castro terá lugar o domingo 22 de febreiro, ás 12:00 horas, no Panteón de Galegos Ilustres (San Domingos de Bonaval), en Santiago de Compostela. A entrada é libre e gratuíta.
Este é o programa previsto:
– Intervención do coro da Asociación Cultural e Musical Solfa.
– Saúda do Presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias.
– Lectura do Manifesto da AELG en 2026, pola súa autora, Eva Veiga.
– Lectura de poemas rosalianos.
– Intervención do coro da Asociación Cultural e Musical Solfa.
– Ofrenda floral.
– Interpretación do himno.
Roteiro Deter o sol. Un paseo sentimental polo mar de Valdoviño, de Rosa Aneiros
O roteiro Deter o sol. Un paseo sentimental polo mar de Valdoviño, elaborado por Rosa Aneiros, pode consultarse e descargarse na páxina web da AELG, aquí. Esta actividade contou co apoio da Deputación da Coruña.
A Coruña: Día de Rosalía de Castro 2026
En colaboración coa A. C. Alexandre Bóveda, o luns, segunda feira, 23 de febreiro, ás 17:00 horas, diante do Teatro Rosalía de Castro, terá lugar a lectura do Manifesto da AELG, obra de Eva Veiga, por parte de Beatriz Maceda Abeleira, e unha posterior lectura pública da obra de Rosalía. O acto contará tamén con música do grupo de Cantos de Taberna da A. C. Alexandre Bóveda e coa actuación de Noite Bohemia. Esta actividade conta apoio do Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO) e a Deputación da Coruña

























