“Despois do repouso do verán, as editoriais galegas prepáranse para a recta final do ano cunha oferta que abrangue os xéneros e autores máis diversos. Unha das novidades máis esperadas nos andeis é a das novelas galardoadas nos premios Xerais. O gañador, Xavier Queipo, recupera o xénero de aventuras en Extramunde, un relato de mar e viaxes. Na categoría infantil triunfou nestes premios a ciencia-ficción. A chave da Atlántida, de Anxo Fariña, fala da creación do primeiro ser humano artificial nunha literatura cargada de fantasía e humor. O terceiro premiado, Héctor Carré, publica a novela xuvenil Febre, unha historia do Oeste situada en terras galegas na que non faltan espías, armas e unha moza que decide non someterse ao destino e forxar o seu propio camiño. Estas tres novelas estarán acompañadas do último traballo de María Xosé Queizán, que presentará nos próximos meses Meu pai vaite matar (Xerais). Outra das novidades estrela será a nova entrega de Domingo Villar protagonizada polo detective Leo Caldas. Despois de Ollos de auga e A praia dos afogados, chega Cruces de pedra (Galaxia), unha novela que arranca coa desaparición dunha muller en Moaña. Nesta editorial publicarase tamén Laura no deserto, o regreso de Antón Riveiro Coello, e Contos da terra da tarde, de Bieito Iglesias. (…)” Vía La Voz de Galicia.
Arquivos da etiqueta: Antón Riveiro Coello
As manías d@s escritor@s de noso (II), no blog Trafegando Ronseis
Continuación do artigo no blog Trafegando Ronseis: As manías d@s escritor@s de noso (II):
“Celso Emilio Ferreiro: Antes de escribir o poema xa o elaboraba con anterioridade mentalmente e de xeito concienciudo. A súa muller era sempre a súa primeira lectora e crítica (a pedra para constatar a realidade, a emoción que pode espertar).
Yolanda Castaño: Con silencio total, pechada e con luz artificial, acode primeiro á súa cabeza antes de deixar pegadas no papel.
Antón Riveiro Coello: Merca cadernos en branco que logo non utiliza e asina sempre cun bolígrafo vermello. Un pouco de licor café axúdalle a enfeitizar as musas.
Elena Gallego Abad: Cando está en pleno proceso creativo non le outras literaturas, aínda que si se documenta moito para os seus escritos. Cociñar é o xeito que ten para desbloquearse.
Manuel Núñez Singala: Non fala do seu traballo ata telo rematado. Cambiou o caderniño e un cabo de lapis polo iPhone: sempre anda a anotar para non esquecer as ocorrencias.
María Canosa: A orde é fundamental para poder efectuar este labor que nos ocupa, algo que adoita realizar descalza e cunha vela porque lle relaxa mirar a lapa. Prefire escribir con lapis, e sempre a man.
Miro Villar: Nunca se pon á escrita de noite e faino en papel necesariamente. Adoita traballar intermitentemente e repousar a súa creación literaria.
Marta Dacosta: Acostuma utilizar as mesmas ferramentas, un vello caderno cheo de folios soltos e un bolígrafo agora extraviado. Obrígase asemade a utilizalas cando menos unha vez ao mes.
Antón Fortes: Utiliza uns pequenos cadernos de 10 por 15 centímetros nos que escribe cun Pilot de tinta líquida negra con letra minúscula (o propio autor asegura que é “de formiga”).
Marica Campo: Cómprelle a soidade e escoitar música de violonchelo, preferentemente Mischa Maisky ou Jacqueline du Pré.”
Boiro: presentación de En castellano no hay problema, de Carlos Callón
O
venres 29 de abril, ás 20:30 h., no Centro Social de Boiro, preséntase o libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola editorial, o Concello de Boiro e a Asociación Cultural Barbantia, estarán presentes, ademais do autor, Antón Riveiro Coello, Xesús Laíño, Gerardo Piñeiro e Xosé Deira.
Noia: presentación de Cabalo de ouros, de Víctor F. Freixanes
O
venres 25 de febreiro, ás 20:30 h., na Casa da Cultura “Avilés de Taramancos” de Noia, preséntase o libro Cabalo de ouros, de Víctor F. Freixanes, publicado en Galaxia. No acto, organizado pola Asociación Cultural Barbantia, participan, acompañando ao autor, Antón Riveiro Coello, Xerardo AgraFoxo, Encarna Pego, Isabel Santos, e o alcalde de Noia, Rafael G. Guerrero.
Santiago: coloquio arredor de As rulas de Bakunin, con Antón Riveiro Coello
O
mércores 2 de febreiro, a partir das 19:30 h., na Biblioteca Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII, s/n.) de Santiago de Compostela, Antón Riveiro Coello, dentro das actividades do club de lectura Compostela conversará cos lectores arredor da súa novela As rulas de Bakunin, publicada en Galaxia.
Boiro: mesa redonda sobre o O Pazo de Goiáns, con Antón Riveiro Coello
O
venres 28 de xaneiro, a partir das 20:30 h., no salón de plenos do Concello de Boiro, a Asociación Cultural Barbantia e o Concello organizan unha mesa redonda titulada Pazo de Goiáns: patrimonio histórico, cultural e medio ambiental, na que participarán o historiador “Queté” Vázquez Lijó; o profesor, escritor e socio de Barbantia Xulio Gutiérrez Roger; o escritor e presidente de Barbantia, Antón Riveiro Coello; e mais o profesor e socio de Barbantia Xesús Laíño, que moderará o debate.
Antón Riveiro Coello: “O abismo das historias”
As rulas de Bakunin, de Antón Riveiro Coello, gaña proxección internacional para a literatura galega
As
rulas de Bakunin, novela de Antón Riveiro Coello publicada en Galaxia, e xa traducida para o portugués, o castelán e o italiano, foi seleccionada para o Panel Outono/Inverno 2010 do proxecto de Venda de Dereitos no Reino Unido do New Spanish Books, proxecto promovido polo ICEX (Instituto Español de Comercio Exterior) para fomentar a tradución da literatura publicada en España no Reino Unido. Dos 228 títulos propostos polas editoras para esta edición do panel, 11 obras foron as escollidas por un comité independente de expertos polo seu interese e atractivo para seren traducidas no Reino Unido. O Panel poderá ser consultado neste enlace.
Ribeira: presentación do especial A Voz de Barbantia
O
venres 24 de setembro, ás 20:30 h., no auditorio de Ribeira, a Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia e o Concello de Ribeira presentan o especial A Voz de Barbantia, que recompila os números que van do 26 ao 50 do suplemento cultural que se edita co xornal La Voz de Galicia o último venres de cada mes. No acto estarán presentes Antón Riveiro Coello, presidente de Barbantia; X. Ramón Ares Noal, delegado no Barbanza de La Voz de Galicia; Xesús Laíño, socio de Barbantia; e José Luís Torres Colomer, alcalde de Ribeira.
Culleredo: presentación d’As pantasmas de auga, de Antón Riveiro Coello
Dentro do programa “Primavera das letras” comprácenos presentar o mércores 2 na Biblioteca da poesía Uxío Novoneyra de Vilamelania-Vilaboa o libro de relatos As pantasmas de auga, de Antón Riveiro Coello. Constitúe o número 16 da editorial artesanal Bourel, dirixida por Antonio Piñeiro. (Concellaría de Cultura de Culleredo)