Arquivos da etiqueta: Ánxela Lema París
IX Congreso de Poesía Nova. Novas Voces da Poesía
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organiza o IX Congreso de Poesía Nova. Novas Voces da Poesía, co apoio da Deputación da Coruña e CEDRO, 24 e 25 de novembro de 2023, no Pazo de Mariñán (Bergondo).
O programa é o seguinte:
Venres 24 de novembro:
– 12.00 Conferencia de prensa na Deputación da Coruña
Tarde
– 16:00 Recepción dos/as congresistas
– 16:15 Inauguración do Congreso
– 16:30 Mesa redonda (grupo de traballo) Os novos públicos da poesía e vínculos con outras artes e soportes
Moderadora: Rosalía Fernández Rial
Relatoras/es: Nuria Vil, Lucía Aldao e O Rabelo
– 18:30 Mesa redonda (grupo de traballo) Edición, profesionalización. Novos camiños?
Moderadora: Antía Otero
Relatoras/es: Berta Dávila, Alba Cid e Brais Lamela
Sábado 25 de novembro
Mañá
– 10:30 Mesa redonda (grupo de traballo) Internacionalización da poesía galega e diálogo con outros sistemas poéticos
Moderador: Eduard Velasco
Relatoras/es: Lara Dopazo Ruibal, Jesús Castro Yáñez e Samuel Solleiro
– 12:30 Mesa redonda (grupo de traballo) Poesía. Unha visión de xénero e identidades
Moderadora: Andrea Nunes Brións
Relatoras/es: Daniel Asorey, Diana Kurich e Ánxela Lema París
Tarde
– 16:30 Mesa redonda (grupo de traballo) Poesía e lingua
Moderadora: Patricia Torrado Queiruga
Relatoras/es: Daniel Irimia Yáñez, Martiño Maseda e Branca Trigo Cabaleiro
– 19.00 Acto poético-musical.
A Coruña: actividades do 2 de agosto na Feira do Libro 2023
A Coruña: presentación de O cento voando. Amores, alianzas e non monogamias
Compostela: presentación de O cento voando. Amores, alianzas e non monogamias
Varsovia: XIII Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos, do 21 ao 24 de setembro de 2022
Premios da Crítica Galicia 2020
Xurados e data de divulgación do ditame nos XLIII Premios da Crítica de Galicia 2020
Lupe Gómez e Daniel Asorey gañan o XX Premio González Garcés de poesía da Deputación da Coruña
Desde a Deputación da Coruña:
“Silabario da peste de Lupe Gómez e Contra natura de Daniel Asorey son as obras gañadoras do Premio González Garcés de poesía da Deputación da Coruña que chega este ano a súa vixésima edición. O premio, que se concede ex aequo, está dotado con 6.500 € máis a publicación das obras.
Un xurado composto polas poetas Lorena Conde, María Lado, Ánxela Lema, Eli Ríos e Antón Lopo co deputado de Cultura, Xurxo Couto como presidente e a xefa de sección de Cultura, Manuela Muñiz como secretaria, decidiu conceder a XX edición o Premio González Garcés ex aequo a Lupe Gómez e Daniel Asorey polas súas obras Silabario da Peste e Contra natura.
Da obra de Lupe Gómez o xurado destaca que é un “libro cruzado polas atmosferas do confinamento no que a voz da súa autora mantén o pulso poderoso da poesía como instrumento de supervivencia. A palabra rompe o silencio e convértese a través dunha escrita convulsa nunha explosión vital e escintilante”.
En canto ao poemario de Daniel Asorey o xurado puxo fincapé na interesante “incidencia da voz poética na necesidade de irmandade sobre a non normatividade e aposta polo colectivo, o cal converte este libro nunha insólita proposta de amores, alianzas e rebeldía”.
O xurado destaca tamén o alto nivel dos máis de sesenta libros presentados a esta convocatoria, o que “demostra a boa saúde da literatura galega e, en concreto, da poesía”. Precisamente, a altura das obras presentadas motivou un gran debate e propiciou que, ante unha decisión especialmente difícil, o xurado decidise declarar ex aequo o premio e reflectir neste fallo a riquísima variedade das liñas creativas presentadas ao concurso.”