“Os dedos e o monstro, de Francisco Antonio Vidal Blanco, acaba de ser recoñecida co Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia 2024, un galardón convocado anualmente pola Fundación Xosé Neira Vilas co apoio da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia co obxectivo de lembrar e honrar a figura de Anisia Miranda.
A obra premiada destaca, fundamentalmente, pola mestría da súa construción dramática e a habilidade na elaboración dos diálogos a través de frases curtas que axilizan o texto e outorgan dinamismo e diversión. Tamén cómpre salientar o feito de poñer en valor a diversidade e a diferenza entre os iguais a través da metáfora dos dedos, polo recurso de tradicións como as adiviñas e a sortes.
O xurado estivo composto polos membros do Padroado da Fundación Xosé Neira Vilas Pilar Sampedro e Miguel Anxo Fernán Vello, xunto con Euloxio R. Ruibal, dramaturgo e membro da Real Academia Galega.
Francisco Antonio Vidal Blanco posúe unha traxectoria literaria consolidada, tendo sido merecedor de premios como o Laudamuco para textos teatrais do concello de Brión no 2022 ou o Avilés de Taramancos de Relatos de Aventuras no 2003. No ámbito do ensaio, son de resaltar as súas achegas á obra de Murguía e conta con diversas novelas publicadas.
O acto de entrega do premio terá lugar o sábado 25 de maio ás 19:00 horas na sede da Fundación Xosé Neira Vilas, en Gres (Vila de Cruces). Ese día presentarase, ademais, o volume premiado na edición anterior: Medo me dá, de Ramón Domínguez Veiga, editado por Embora.”
Arquivos da etiqueta: Edicións Embora
Ourense: presentación de Ósos de santo e Un tiro para Méndez Ferrín, de Xosé Manuel del Caño
A Coruña: presentación de Martín Sarmiento. O primeiro naturalista, de Rafael López Loureiro
Elba Pedrosa e Álvaro Iglesias: “Entre os poemas e as músicas produciuse unha especie de sinestesia”
Entrevista a Elba Pedrosa e Álvaro Iglesias no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“”Borrar sen rencor os tempos pasados. Riscar para sempre o seu contido”. Son versos dun poema que forma parte dun proxecto poético-musical que está piques de arrancar a súa xira. As notas poéticas ponas Elba Pedrosa e as musicais, Álvaro Iglesias. Des a mar ultrasónico fala de algo tan persoal como o desamor que, con todo, terá tantas versións como lectores ou ouvintes. A entrevista pode verse aquí.”
Vigo, A Coruña, Santiago e Ourense: Des a mar, con Elba Pedrosa e Álvaro Iglesias, os 9, 15, 23 de marzo, e 7 de xuño
Vigo: presentación do libro e espectáculo Des a mar. Ultrasónico, con Elba Pedrosa e Álvaro Iglesias
Allariz: presentación de Alma de grilo, de María García
Antón Cortizas: “O xogo tradicional foise perdendo porque a rúa deixou de ser das crianzas para ser dos coches”
Entrevista a Antón Cortizas en Diario de Ferrol:
“(…) – Diario de Ferrol (DF): Como se xestou o libro [Os versos da mariola]?
– Antón Cortizas (AC): É froito do Tastarabás e de Chirlosmirlos (dous traballos previos). Son versos dedicados a este xogo que en Ferrol chamamos a chapa, aínda que ten moitísimos nomes e tamén deseños. É un xogo iniciático, como un camiño de vida simbólico. A idea foi poemizar nel todos os valores do xogo tradicional.
– DF: Que vostede cultivou desde neno en Canido…
– AC: Si. Na tribo que eramos da rúa Atocha levabámonos moi ben nenos e nenas e non había un que mandase sempre. Seguiamos as pautas do xogo tradicional, así que iso se botaba a sortes.
– DF: A súa xeración, a que viviu a infancia nos anos 60, foi a última que puido gozar plenamente do xogo tradicional, do xogo na rúa?
– AC: Non, hóuboas posteriores. Por exemplo, cando estaba dando aulas en Mugardos nos 80 un dos meus labores foi divulgar o xogo tradicional e que non se perdese. Teño unha recolleita, contada polo meu alumnado, de máis de 140 diferentes. Só en Mugardos.
– DF: Chama a atención a enorme diversidade que hai neste eido…
– AC: Moita. En Chirlosmirlos, enciclopedia que publiquei despois, grazas a Henrique Sanfiz –chamoume para dicirme que aquel programa de radio que fixeramos nos 80 podía saír en libro–, aparecen 450 xogos diferentes. Posteriormente, en Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais, hai máis de 800 xoguetes. É unha riqueza espectacular. (…)”