Entrevista
de Montse Dopico a Paula Carballeira en Praza:
“(…) – Praza (P): Hai quen escolle os camiños máis longos revisa contos clásicos universais. Ou non sei se chamarlles tradicionais… Non es a primeira persoa que fai isto pero, como xorde este libro?
– Paula Carballeira (PC): Pois a verdade é que a primeira idea que xurdiu foi a do bosque. E si, podemos chamarlles contos tradicionais porque son contos da tradición indoeuropea. Son tradición no sentido de que son transmitidos tradicionalmente por distintas culturas. Non son só contos europeos. Están baseados en estereotipos, personaxes que simbolizan unha serie de aspectos: a nena que se perde no bosque, a nena que queda durmida moitos anos, a que se refuxia no bosque… Os mesmos estereotipos repítense en moitos lugares.
O que eu quixen foi partir do punto de vista do personaxe, e non da voz narradora, que é a que nos conta normalmente os contos. E facer isto permíteme reflexionar sobre unha serie de cuestións, coma os papeis femininos nos contos. Trátase, así, de darlle voz no conto aos personaxes aos que normalmente non escoitamos: a voz do lobo, a voz da bruxa…
– P: O título do libro está explicado ao principio: os nenos e nenas prefiren o camiño longo, e non o curto, o atallo que buscan os adultos para non “perder o tempo”. Ao final do libro tamén se di que o camiño longo implica, ás veces, perigos. Pero tamén liberdade. Vida, supoño. Que ten que ver todo isto coa idea do bosque?
– PC: A idea do bosque é, entre outras cousas, unha maneira de reivindicar a liberdade de escoller. Dinnos que se vamos por certos sitios estamos a meternos no perigo, e o que eu reivindico é a liberdade de escoller, de dispoñer do noso espazo, do noso tempo… Ademais, o bosque representa tamén os lugares aos que non prestamos moita atención ata que, por exemplo, se incendian. O bosque pode representar moitas cousas: o perigo, pero tamén o refuxio, a propia natureza…
Despois, en cada parte do libro, o bosque simboliza algo distinto. En ‘O da nena coa carapuchiña vermella’ o bosque é o camiño, e o que lle importa á nena é o camiño e non tanto chegar ao seu destino. En ‘O da nena de pel branca coma a neve’ (Brancaneves) o bosque é refuxio, e en ‘O da nena que durmiu 100 anos’ é protección. En ‘O da nena que atopou a bruxa da casa de chocolate’ (Hänsel e Gretel) o bosque é a casa da bruxa. E neste libro teñen bastante presenza as bruxas, mulleres conectadas coa natureza, co pasado e coa sabedoría… (…)”
Arquivos da etiqueta: Edicións Positivas
Entrevista a Paula Carballeira sobre Hai quen escolle os camiños máis longos
Desde
a Televisión de Galicia:
“Paula Carballeira presenta Hai quen escolle os camiños máis longos. A entrevista pode verse aquí.”
Compostela: Procesión da Santa Bolaña 2018, o 22 de decembro

“Este sábado 22 de decembro, á partir das 17:00 h. da tarde, regresa a Procesión da Santa Bolaña, en celebración dramática do solsticio de inverno, con vía crucis teatral polo casco vello de Santiago.
A procesión da Santa Bolaña, partirá, como é tradición, do local da Asociación de Veciños “As Brañas de Andrés”, nos Pelamios. Acompañada por unha tropa de músic@s, acróbatas, gallofeir@s e fieis devot@s a entoar cantigas e ladaíñas en honra da santa, a procesión percorrerá logo as rúas do casco vello compostelán, facendo parada dramática en catro locais senlleiros da cultura local: o Centro Socio-Cultural “Gentalha do Pichel”, a Casa do Matadoiro, o Cantón de San Bieito, e a Nave Sete da Praza de Abastos.
Provista dun bocoi de viño, da vella e romana casta do Ribeiro, de xeito a saciar a sede e estimular o canto de devotas e devotos, a procesión honrará todas as tabernas e antros de malvivir que lle saian ao paso. E aquecidos no místico transo, celebrará en éxtase a rifa da Santa, na que se ofrecen gorentosas viandas culturais ao afortunado ou afortunada devota a quen lle caiba tal sorte, legadas xenerosamente por entidades culturais da cidade como as librarías Pedreira, Chan da Pólvora, Os mundos de Carlota, Lila de Lilith, o laureado escritor Carlos Meixide, Edicións Positivas, Numax, Teatro Principal, Triskel e Queroté.
Nas catro paradas deste vía crucis dramático serán oficiados os catro Misterios Teatrais previstos para esta edición, coa participación do público presente orientado polos confrades maiores deste ano: Zé Paredes, Mónica Caamaño, Lucho Penabade e Esther F. Carrodeguas, rematando o paso no vestíbulo do Teatro Principal, coa lectura colectiva, a xeito de coro grego, do manifesto poético-dramático da procesión.
A xeito de doazóns á Santa, recolleranse no libreto sacro da procesión editado por Edicións Positivas, diversos textos ofrecidos por dramaturgas e dramaturgos galegos como Esther F. Carrodeguas, Ana Carreira, Roi Vidal Ponte, Mónica Caamaño e o Grupo Oportunista de Drama G.O.D. “Flavia Antonia”, polo prezo de 5 euros.”
Bases do I Premio Laudamuco para textos teatrais
Domus das Pedreiras, Lago de Carucedo, As Médulas: presentación de Hai quen escolle os camiños máis longos, de Paula Carballeira
Compostela: presentación de Detéxtonos, de Xabier Xil Xardón
Bases do IX Premio de erotismo Narrativas Quentes 2019
O VIII Premio Narrativas Quentes 2018 queda deserto
Reunido
o xurado do VIII Premio Narrativas Quentes, decidiu deixar DESERTA a concesión deste premio.
Asemade, aconsella á editora que, sempre que o premio quede deserto, convoque o premio para o ano seguinte, sen necesidade de agardar outro dous anos.









