Compostela: presentación do libro-disco Cousas de papá, de Raúl Gómez Pato

O Raúl Gómez Patosábado 26 de novembro, ás 19:00 horas, na Libraría Cronopios (Rúa Alfredo Brañas, 24), en Santiago, terá lugar a presentación do libro-disco Cousas de papá, con textos de Raúl Gómez Pato, música de Héctor Lorenzo e ilustracións de Blanca Barrio, publicado por Xerais. No acto, Héctor Lorenzo cantará varias das cancións do libro acompañado da guitarra.

A Coruña: Espazo Literario na Feira de proxectos de vida feministas Laborando

Dentro15094957_10154736255884784_1356729981724532554_n da Feira Feminista Laborando, que terá lugar o sábado 26 de novembro, no Mercado de San Agustín, na Coruña, a Livraria Suévia organiza o Espazo Literario, coas seguintes actividades previstas:

Estarán asinando as súas obras:
12:00 h. Eli Ríos: Marta e a píntega. Conta-contos infantil.
12:30 h. Mercedes Leobalde: Funambulistas.
13:00 h. Dores Tembrás: Auga a través.
13:30 h. Rebeca Baceiredo: O canto da Sibila.
17:00 h. Andrea Barreira (Non hai luz sen escuridade) e Vanesa Santiago (Ninguén lembra). “Obradoiro para a bruxa moderna”.
17:30 h. Emma Pedreira: Corazón e demais tripas.
18:00 h. Beatriz Maceda: O álbum de Garrincha. Conta-contos infantil.
18:30 h. María Reimóndez: A dúbida.
19:00 h. María Canosa: Cando cae a luz.
19:30 h. Charo Pita: Oxalá estiveses aquí. Conta-contos infantil.

Cornellà: presentación da edición de Follas Novas, de Rosalía de Castro, feita por Anxo Angueira

O Anxo Angueirasábado 26 de novembro, ás 18:30 horas, na Sala García Nieto, preto da ACG Rosalía de Castro (Frederic Soler, 71), en Cornellá de Llobregat, terá lugar a presentación do libro Follas novas de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira. No acto, organizado pola ACG Rosalía de Castro de Cornellá con motivo do 30º aniversario do Certame de Poesía “Rosalía de Castro” e o peche das xornadas culturais 2016, participarán Anxo Angueira e o dúo “2 Na Fronteira”.

Marcos Pérez Pena: “Na prensa galega da Transición hai titulares que hoxe serían impensables”

Entrevistamarcos-perez-pena-xerais de Montse Dopico a Marcos Pérez Pena en Praza (foto de Xerais):
“”Malia todos os defectos que se poidan detectar na actuación dos medios galegos na Transición e todas as críticas que se lles pode e se lles debe facer, cómpre realizar un acto de recoñecemento ao labor que naqueles anos realizaron tantos profesionais, redactores, fotógrafos, impresores e directivos dos medios de comunicación. Cómpre facer, en xeral, un recoñecemento da profesión xornalística e unha reivindicación da súa función social e da súa autonomía e capacidade de influencia, que tanto parece asustar as propias empresas informativas e os grandes poderes públicos e privados. Durante a Transición houbo un número moi importante de xornalistas galegos que exerceron a súa responsabilidade social, exercendo de voceiros da cidadanía e de defensores da democracia e da xustiza fronte ás forzas reaccionarias”. O xornalista e investigador Marcos Pérez Pena remata con palabras coma estas o seu ensaio A prensa en Galicia na Transición, que vén de publicar en Xerais.
– Praza: O libro é a túa tese, supoño que adaptada. Por que escolliches o tema da prensa en Galicia na Transición?
– Marcos Pérez Pena: O libro é unha versión resumida da tese, si, con menos aparataxe teórica. Fíxenlle ademais algúns engadidos á tese, como algunhas entrevistas e unha introdución máis ampla sobre o contexto xeral. O punto de partida foi un TAD, -o que antes se chamaba Traballo Academicamente Dirixido-. Unha tesiña, que foi o inicio da tese. O meu director, Luís Álvarez Pousa, animoume a estudar esta parte da historia de Galiza e do xornalismo, que está pouco traballada. É un período que aos historiadores quédalles demasiado próximo e aos xornalistas quédalles demasiado afastado…
En España a Transición tampouco está ben estudada, pero si houbo un revival, nos 90, de libros, memorias persoais… Poden ser mellores ou peores, pero en Galicia é unha etapa moito menos estudada. Por iso tiven un dobre traballo: a análise da actuación da prensa neste período e en paralelo un labor que se cadra non me correspondía tanto, pero que había que facer para a tese, que é un relato da Transición en Galicia, da historia da Transición. O obxectivo era analizar a prensa e a súa estrutura, tan importante para explicar o presente. O dominio das grandes familias e empresas da comunicación españolas e galegas non se entende sen a Transición. (…)”

Compostela: presentación de O inspector e mais eu, de Ignacio Vidal Portabales

O Ignacio Vidal Portabalesmércores, 23 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6), en Santiago de Compostela, terá lugar a presentación da novela O inspector e mais eu, de Ignacio Vidal Portabales, publicada por Xerais. Acompañarán ao autor Armando Requeixo e Manuel Bragado.