Arquivos da etiqueta: Editorial Galaxia
Pontevedra: Teñamos a poesía en Paz con Oriana Méndez e Samuel Merino
Compostela e Pontevedra: presentacións de Sentinelas da lúa carmesí, de Andrés Castro, Ozo Perozo e Alexandre Senande
Samuel Merino: “Non é doado vivir da poesía e o noso tecido cultural tampouco axuda”
Entrevista a Samuel Merino en La Opinión:
“(…) – La Opinión (LO): Ten público a poesía ou faltan lectores e lectoras?
– Samuel Merino (SM): Hai bastante público de poesía e moita xente se está achegando agora de novas. Eu son relativamente novo nisto, levo cinco anos publicando, e por sorte xa me pillou nunha época de bonanza, de repunte da poesía. Son optimista e creo que cada vez está tendo máis público, hai máis xente que colle un libro de poesía por vez primeira por curiosidade para ver o que se agocha detrás.
– LO: E a que cre que é debido ese repunte?
– SM: Estamos nunha época na que a información é multicanle e chega a máis xente dun xeito máis directo, o que ofrece unha visión que antes non existía. Eu antes a visión que tiña da poesía era só a que che ensinan no instituto. Agora, a golpe de clic, podes achegarte a textos e a xente recitando que tocan temas que chegan á sensibilidade. Tamén estamos nunca época na que a arte tende a diluírse. Podes ler un libro e non saber se estás lendo un ensaio, poesía ou narrativa. Estes híbridos axudan a que non haxa unha etiqueta pechada.
– LO: Vostede tira das redes para achegar a súa poesía. Que lle aportan?
– SM: Tiro das redes sociais porque é o que teño, non teño unha tradición vinculada ao mundo da literatura. A miña vinculación é a través da lectura, e especialmente do teatro e as artes escénicas. Moito do que coñecín de literatura foi a través das redes sociais, por intereses propios e mesmo por azar en moitas librerías. Todo foi chegando ata o punto no que estou agora. (…)”
A Coruña: presentación de Retratos de vodas, partos e funerais, de Silvia Penas
A Coruña: presentación de Coímbra, de Xosé de Cea
A Coruña: encontro con Paula Carballeira arredor de As alumnas
Vilalba: presentación de O paso en falso, de Abraham Pérez, o 12 de xaneiro
A Coruña: presentación de Claustro corda comensal, de Samuel Merino
Xesús Fraga: “Había moitas mulleres que emigraban soas ou que collían a iniciativa e logo levaban ao mozo”
Entrevista de Laura Veiga a Xesús Fraga en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): Por que tiña ese interese polo Montserrat?
– Xesús Fraga (XF): Hai tres anos publiquei un libro que recollía a memoria e a migración da miña familia, Virtudes (e misterios) (Galaxia). Revisando un álbum de fotos atopei unhas imaxes da miña nai e a miña avoa na cuberta dun barco no que se lía perfectamente Montserrat e, falando con outras persoas que marcharan ao Reino Unido arredor desa época, mencionaban moito ese barco. Cando entrei a formar parte da Comisión Técnica do Arquivo da Emigración do Consello da Cultura Galega fixen a proposta de armar un traballo sobre esa travesía, sobre esas persoas que embarcaban cara un país do que non sabían practicamente nada.
A maioría nin sequera viaxara nunca en barco nin ao estranxeiro. Parecíame moi interesante para indagar sobre como era a emigración naquel momento, sobre todo no que respecta á parte emocional: que medos tiñan, as circunstancias que levaran a esas persoas a marchar, que sabían do país, que levaban e que traían. Logo ademais tamén fomos ampliando o foco para indagar sobre como era a vida aló e as relacións que estabelecían. (…)”








