Desde
o Chamando á Terra da Radio Galega:
“O debut literario de Rodrigo Costoya con Portosanto. Un libro que conta a historia de Cristovo Colón coa hipótese do seu nacemento en Galicia. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Arquivos da etiqueta: Editorial Toxosoutos
Rianxo: actos destacados na Feira do Libro 2019 para o 26 de xullo
O
26 de xullo continúa a Feira do Libro de Rianxo (na Praza Castelao, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 18:30 a 22:30 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 20:30 h. Presentación de Liñas compartidas, publicado por Toxosoutos, onde se recollen os traballos literarios derivados do Obradoiro As historias no espello, dirixido por Antón Riveiro Coello en 2018.
– 21:15 h. Presentación de Mulleres, de María del Carmen Rey Núñez, publicado por Toxosoutos.
A Coruña: presentación de A plus tard, de Ronsel Pan
O
sábado 29 de xuño, ás 12:00 horas, na Libraría Berbiriana (Rúa Santiago, 7), na Coruña, Ronsel Pan presenta A plus tard, publicado por Toxosoutos.













