A Coruña: presentación de A Galicia urbana, coordinado por Rubén Lois e Daniel Pino

OA Galicia urbana martes 5 de abril, ás 20:00 horas, no Auditorio da Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco 27), na Coruña, terá lugar a presentación do libro A Galicia urbana, publicado por Xerais, do que son coordinadores Rubén Lois e Daniel Pino. No acto participarán, xunto aos coordinadores, Xurxo Souto, Manuel Bragado e Xulio Ferreiro.

A Coruña: presentación de O soño galego de Julio Cortázar, de Francisco X. Fernández Naval e proxección de Cortázar Galicia

O soño galego Cortázar 1O soño galego Cortázar 2

A Coruña: exposición Valentín Paz-Andrade. Galiza como tarefa

Entre o martes 7 de febreiro e o domingo 6 de maio, na Fundación Luís Seoane, poderase visitar a exposición Valentín Paz-Andrade. Galiza como tarefa.
“Coincidindo coa homenaxe da que será obxecto o escritor e economista Valentín Paz-Andrade (Lérez, Pontevedra 1898-Vigo 1987) o Día das Letras Galegas do presente ano, a Fundación Luís Seoane dedícalle á súa obra e á súa traxectoria vital unha exposición comisariada por Xosé Díaz Arias de Castro coa que pretende ofrecer unha visión ampla dun personaxe polifacético: poeta, ensaísta, activista político, empresario (…) Valentín Paz-Andrade. Galiza como tarefa divídese en 25 seccións, ordenadas na súa maior parte cronoloxicamente, nas que o espectador atopará documentos orixinais, fotografías da época, mapas, debuxos, maquetas, diferentes obras de arte e documentos audiovisuais: un percorrido exhaustivo pola biografía, a creación, o compromiso e o inmenso esforzo de Valentín Paz-Andrade por reivindicar Galicia como nación, cultural e económica, e dotala dos medios e instrumentos necesarios para superar un atraso de séculos que impedía o seu desenvolvemento completo e o seu posicionamiento como enclave estratéxico dentro do espectro económico do século XX.”

A Coruña: presentación do libro-catálogo Lois Pereiro: Quen corta os fíos do soño?

O xoves 22 de decembro, ás 19:00 horas, na Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco) da Coruña, preséntase o libro-catálogo Lois Pereiro: Quen corta os fíos do soño?, onde se recollen os traballos que fixeron parte da exposición co mesmo nome. Participan: Manuel Rivas, Xosé Manuel Pereiro, Silvia Longueira e Antón Patiño.

Santiago: presentación de Formas da indefinición, de Ignacio Castro

O mércores 14 de decembro, ás 20:00 horas, na Sala de Conferencias da Fundación Araguaney (Rúa Montero Ríos, 25-47), preséntase o libro Formas da indefinición, de Ignacio Castro, publicado por Axóuxere, xunto á reedición de Roxe de Sebes, publicada pola Fundación Luís Seoane. No acto, acompañando ao autor, participan Rafa Xaneiro, Alberto Ruiz de Samaniego e Alberto Sucasas.