Indignádevos!, de Stéphane Hessel, traducida ao galego

Indignádevos!, o opúsculo de Stéphane Hessel do que se venderon preto de dous millóns de exemplares en Francia e que está publicado nunha vintena de linguas, pódese ler en galego coa edición que Faktoría K deu a luz nos primeiros días de marzo. Manuel Rivas asina o prólogo desta obra directa, reivindicativa e axitadora cuxo autor, un veterán supervivente da barbarie nazi, se dirixe -aos seus rexos 93 anos- á sociedade en xeral, e á mocidade en particular, para que reaccione ante a inxusta realidade social, económica, política e medioambiental. A tradución de foi feita por Fernando Moreiras.

Vigo: sinatura de libros de Manuel Rivas, e tradución ao inglés e francés de Todo é silencio

O xoves 3 de marzo, a partir das 18:00 h., na Casa do Libro (Rúa Velázquez Moreno, 27) de Vigo, o escritor Manuel Rivas asinará exemplares de Todo é silencio e de todos os seus libros. Por outra banda, anúnciase a tradución da súa última obra ao inglés e francés.

A Coruña: Caruncho, sete momentos. Homenaxe dos poetas a Luís Caruncho

Crónica posterior en Galicia Hoxe.

Manuel Rivas participa no Día Mundial das Linguas Maternas na UNESCO, e comeza a publicación da súa obra en Brasil

Os escritores Manuel Rivas e Kirmen Uribe foron convidados a participar, os días 7 e 8 de febreiro, nos actos de celebración do Día Mundial das Linguas Maternas da UNESCO na sala dos Dereitos Humanos en Bruxelas, onde impartirán cadanseu recital poético nas súas respectivas linguas maternas, galego e eúscaro, con acompañamento musical. Ademais, ambos os dous escritores participarán en diversos actos, encontros e conferencias. Por outra banda, a editorial brasileira Tinta Negra (São Paulo) publica este mes de febreiro Que me queres, amor?, de Manuel Rivas, o primeiro chanzo para a publicación da obra completa de Rivas, responsabilidade que asume esa editora para todo o Brasil. A nova ven a través de Xerais. Aparece recollida tamén en Galicia Hoxe.

A Coruña: presentación de Todo é silencio, de Manuel Rivas

O sábado 5 de febreiro, a partir das 18:30 h., na Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos, 1) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, preséntase a novela “Todo é silencio“, de Manuel Rivas, publicada en Xerais, coa participación de Rómulo Sanjurjo.

Noia: presentación de Todo é silencio, de Manuel Rivas

O venres 28 de xaneiro, a partir das 20:00 h., no Teatro Coliseo Noela (Rúa Curro, 4) de Noia, preséntase o novo libro de Manuel Rivas Todo é silencio, publicado en Xerais. No acto, as alumnas Miriam López Romero e Paula Gómez González e os alumnos Pablo García Blanco e Sergio García Domínguez entrevistarán ao escritor para a revista Entrepontes. Acompañarán musicalmente o acto o trío formado pola cantante Iria Peña e os guitarristas Gastón Rodríguez e Miguel Ladrón de Guevara. Colabora o Concello de Noia.

A Coruña: sinatura de exemplares de Todo é silencio, de Manuel Rivas

Manuel Rivas asinará exemplares da súa nova obra Todo é silencio, publicada en Xerais, o venres 17, a partir das 19:00 h., na Librería Arenas (Cantón Pequeno, 25), na Coruña, o mércores 22 ás 19:00 h. en El Corte Inglés (Rúa Ramón y Cajal), e o xoves 30 deste mes de decembro, ás 19:00 h., na Librería Carballido (Avenida dos Caídos, 4) da mesma cidade.