Arquivos da etiqueta: Nacho Muñoz
A Coruña: actividades arredor do Día das Letras Galegas no Teatro Colón
Con motivo da execución do Laboratorio Teatral, patrocinado pola Deputación Provincial da Coruña, os días 14, 15 e 16 de maio de 2013 representarase, de forma gratuíta, As marxes da desgraza, un espectáculo baseado nunha selección de textos de Roberto Vidal Bolaño, dirixido por Santi Cortegoso, no que actuarán os alumnos do Laboratorio Teatral acompañados da actriz profesional Lucía Regueiro.
Dentro dese mesmo proxecto, teremos o venres 17 de maio día das letras galegas un recital poético, e o sábado 18 de maio un concerto.
O recital poético do 17 de maio estará dirixido, presentado e con textos escolmados e traducidos por Estíbaliz Espinosa.
Á súa vez, o concerto do 18 de maio está dirixido por Estíbaliz Espinosa, que será a voz, cos músicos Marcel Chirilov (clarinete), Patxi Valera (percusión e aquófono) e Nacho Muñoz (piano).
Todas as representacións terán lugar en torno ao día das Letras Galegas que este ano homenaxea a Roberto Vidal Bolaño.
– Lugar: Teatro Colón.
– Función teatral: martes 14, mércores 15 e o xoves 16 ás 20:30 horas.
– Recital: Venres 17 de maio de 2013, Día das Letras Galegas, ás 20:30 horas.
– Concerto: Sábado 18 de maio de 2013, ás 20:30 horas.
– Reservas: Mediante correo electrónico a produccion@teatrocolon.es ou chamando ao 606232857. Iranse asignando os convites por orde de solicitude. É imprescindible realizar a reserva antes do día 12 de maio de 2013.
Aproveitamos para informar de que o Laboratorio Teatral inclúe unha mesa redonda o 9 de maio ás 20:30 horas, e as invitacións se recollerán en billeteira o mesmo día sen reserva previa.
Todas as actividades serán de carácter gratuíto.
Santiago: actividades de xaneiro de Galicia, ceo das letras. Sábados de autor, na Cidade da Cultura
Os sábados 15 e 29 de xaneiro, dentro do Ciclo Galicia, ceo das letras. Sábados de autor, que se desenvolven na Cidade da Cultura, terán lugar estas actividades:
– 15 de xaneiro. Rosalía, a voz dun pobo:
12:00 | Relatorio: María do Cebreiro Rábade Villar. Poeta, profesora e investigadora na Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente desenvolve un estudio no que aborda diferentes aspectos da obra de Rosalía de Castro.
13:00 | Ao raso coas lebres (60’), da compañía CasaHamlet. Textos de Rosalía de Castro dramatizados e musicados a cargo desta compañía dirixida por Manuel Lourenzo e Santiago Fernández.
Presenta: Helena Villar Janeiro, presidenta da Fundación Rosalía de Castro.
– 29 de xaneiro. Manuel Antonio: “venador” de horizontes:
12:00 | Relatorio: Xosé Luís Axeitos. Catedrático de Lingua e Literatura Castelá e Secretario da Real Academia Galega. Experto na obra de Manuel Antonio, ten publicado varios libros sobre a poética do visionario rianxeiro.
13:00 | Manuel Antonio e mais dispois (35’). A poeta performática María Lado acompañada polo xenial pianista Nacho Muñoz interpretan textos de Manuel Antonio que mostran a súa concepción radical da creación artística.