“A
saída do prelo de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro cumprirá o ano vindeiro o 150º aniversario. A saída desta obra, datada por algúns un 17 de maio, servira a Francisco Fernández del Riego a principios dos anos sesenta para propoñer o Día das Letras Galegas. Con este referente da nosa literatura o Consello da Cultura Galega (CCG) decidiu celebrar entre os meses de febreiro e xuño de 2013 un congreso dedicado a súa figura. O anterior congreso sobre a figura de Rosalía de Castro celebrárase en 1985. Ramón Villares, presidente do CCG, explicou na presentación desta iniciativa que terá lugar o ano vindeiro que agora hai outros obxectivos. “Buscamos outras olladas”, asegurou, “procurando a vixencia de Rosalía no século XXI”. Os tempos mudan, hai máis información e máis medios. Por este motivo unha parte do Congreso será virtual, un xeito máis económico e produtivo de que participen investigadoras e investigadores de todas partes do mundo. Despois de tantos anos desde o anterior congreso as achegas serán importantes “mais non revolucionarias”, como indica María do Cebreiro, membro da comisión organizadora. Como exemplo puxo o traballo de Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda con nova documentación ao redor das figuras materna e paterna de Rosalía. “Achegará novas informacións”. O Congreso celebrarase as últimas quintas de cada mes desde febreiro até xuño de 2013 de maneira presencial no propio CCG e tamén de forma virtual. Na Comisión organizadora figuran, ademais de María do Cebreiro, Rosario Álvarez, Anxo Angueira e Dolores Vilavedra.” Desde Sermos Galiza.
Arquivos da etiqueta: Rosalía de Castro
Santiago: conferencia de Helena Villar sobre Rosalía de Castro
O
luns 19 de novembro, ás 20:00 horas, no Ateneo de Santiago (Rúa do Vilar, 19), Helena Villar pronunciará unha conferencia sobre Rosalía de Castro.
“Primeiros Cantares gallegos en inglés”
“Ás
portas de celebrarse o 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos, editada en 1863, a editorial británica Small Stations Press vai lanzar o próximo mes de novembro a edición en inglés da emblemática obra de Rosalía de Castro co título Galician songs. A tradución vén da man da poetisa e tradutora canadense Erin Moure (Calgary, 1955) e será publicada na colección Galicia Classics. (…)” Vía Galicia Confidencial.
Santiago: actividades literarias do 24 de xullo no Festigal 2012
Na
Galería das Letras do Festigal 2012, que se celebrará no Campus Universitario Sul de Santiago de Compostela, desenvolveranse as seguintes actividades literarias o martes 24 de xullo:
– 17:00 h. No Café Concerto, presentación de Dúas letras, de Eloy Varela e Fina Casalderrey, publicado en Galaxia.
– 17:15 h. Presentación do libro Por uma democracia radical, publicado en Estaleiro editora.
– 17:45 h. Presentación de: Proel e O Galo de Amado Carvalho e Folhas Novas de Rosalia, da coleção Clássicos da Galiza da Academia Galega da Língua Portuguesa.
– 18:30 h. Presentación de Dezaoito, antoloxía de poetas galegos e portugueses publicada por Penúltimo Acto. Terá lugar un recital poético coa participación de Iolanda Aldrei, Alexandre Insua Moreira, Virgílio Liquito, Cruz Martínez Vilas, Jaime Moreda Santamaría e Rosanegra.
– 19:15 h. Presentación do libro A rota do sol, de Camilo Nogueira, publicado en Laiovento. Falarán: Xabier Macias, Ana Miranda e o propio autor.
– 20:00 h. Presentación da novela As rapazas de Xan, de Manuel Iglesias Turnes, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Pablo Vaamonde, Che Turnes e Manuel Bragado.
– 20:45 h. Presentación do libro Carné de identidade, de Mahmud Darwix, publicado en Barbantesa.
– 21:30 h. Presentación do libro Mordida, de Eugénio Outeiro, publicado por Através Editora.
– 22:00 h. Presentación de Nântia e a cabrita d’ouro, de Concha Rousia.
– 22:00 h. No Café Concerto, Aid presenta o libro-disco Rapoemas, editado en Galaxia.
Quiosco: Grial 194
“Ante
a proximidade dos 150 anos da publicación de Cantares gallegos, a revista Grial dedícalle o seu número 194 cun monográfico a Rosalía de Castro. Dolores Vilavedra e María do Cebreiro coordinan esta sección con colaboracións internacionais nas que se abordan cuestións como a aculturación en varios personaxes da autora ou a situación das mulleres escritoras nos séculos XVIII e XIX. Canda a isto, Víctor Freixanes asina un artigo de lembranza ao recentemente falecido Xaime Isla Couto, Ramón Villares reflexiona sobre a importancia de Galicia como tarefa de Valentín Paz Andrade. Unha entrevista co escritor Tom McCarthy, e as habituais seccións de crítica e creación son outras dos contidos desta entrega.” Vía Cultura Galega.
Aid rapea a Rosalía
“Na
Feira do Libro de Vigo presentouse o día 3 o disco-libro de Aid, Rapoemas, un traballo sorprendente na que a voz máis coñecida do rap galego canta poemas de Rosalía, Curros ou Manuel Antonio. Poemas, escritos algúns no século XIX, que volven aos ritmos actuais e urbanos do rap a través desta singular iniciativa que pode achegar á xente máis nova outra forma de ver a nosa historia literaria. De todos os poemas escollidos, Aid, nome artístico de Aida Alonso Iglesias, foi en Rosalía onde atopou a materia máis acaída para o rap. “Os seus poemas teñen un ritmo marcado, os versos saen moi libres e adáptanse con facilidade á música” sinala Aid que, se pode escoller un deles queda, sen ningunha dúbida coa forza e a enerxía de A xustiza pola man. Tamén responde á filosofía rapeira o A emigración de Manuel Antonio que, ao seu ver, “está moi no día, moi aplicábel ao momento que vivimos, cando hai moita xente marchando de novo do país”. (…) “Nese sentido o traballo pode ser positivo, facer que a xente que se achega ao rap mire con outros ollos aos poetas e a xente que le poesía galega vexa doutra maneira o mundo do rap, co que tamén hai prexuizos”. (…)” Vía Sermos Galiza.
Betanzos: acto de homenaxe a Rosalía polo seu 175 aniversario
A
sexta feira, 23 de marzo, ás 20:30 horas, na Aula de Cultura do Edificio do Arquivo (Liceo) de Betanzos, terá lugar un novo acto de homenaxe a Rosalía polo 175 aniversario do seu nacemento. O acto, coorganizado pola plataforma Queremos Galego das Mariñas e as asociacións culturais Eira Vella e Roxín Roxal, contará coa colaboración do CEIP Francisco Vales Villamarín da Cidade dos Cabaleiros, e consistirá na lectura de textos e proxección dunha curtametraxe, contando co acompañamento da música do cantor Fucoxabier.
Ferrol: conferencia de Darío Xohán Cabana
O
xoves 1 de marzo, ás 19:30 horas, no salón de actos da Aula UNED de Ferrol (Rúa María, 52-54), e dentro do ciclo de conferencias As miñas lecturas favoritas, Darío Xohán Cabana falará sobre Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, Queixumes dos pinos, de Eduardo Pondal e Se o vello Sinbad volvese ás illas, de Álvaro Cunqueiro.
A Coruña: homenaxe a Rosalía de Castro na A. C. Alexandre Bóveda
O
venres 24 de febreiro, na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, terá lugar unha homenaxe a Rosalía de Castro, en conmemoración do 175º aniversario do seu nacemento. A partir das 20:00 horas, Pilar García Negro dará unha charla sobre a súa figura e César Morán rematará o acto lendo poemas da autora.
Santiago: presentación da edición ilustrada de Follas Novas en El Patito
O
venres 24 de febreiro, ás 20:00 horas, no espazo de arte de El Correo Gallego (Rúa do Preguntoiro, 29) de Santiago de Compostela, preséntase a edición ilustrada por Álvaro de la Vega de Follas Novas, de Rosalía de Castro, publicada pola Editorial El Patito. No acto intervirán Xerardo Conde Roa, o Secretario Xeral de Cultura e Gemma Sesar, xunto ao ilustrador.