Vigo: actos destacados na Feira do Libro para o mércores 6

OFeira do Libro de Vigo 2016 mércores 6 de xullo continúa a Feira do Libro de Vigo (na Porta do Sol, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:

19:00 h. Presentación de Mäelstrom, Mäelstrom, de Manuel Sánchez Gálvez, publicado por Galaxia. Intervirán o autor e o editor Francisco Castro.
19:00 h. Manrique Fernández asina exemplares de Tres feridas, publicada por Belagua, na caseta da Libraría Librouro.
19:45 h. Presentación de Peixes e mariscos. As receitas de Benigno Campos, publicado por Galaxia. Participan, xunto ao autor, Alfonso Cabaleiro e Víctor F. Freixanes.
20:30 h. Presentación de Contos nerviosos, de Fran Alonso, publicado por Edicións Embora. No acto, o autor manterá unha conversa coa xornalista Teresa Cuíñas, sendo acompañados polo editor Miguel Toval.

Vigo: actos destacados na Feira do Libro para o martes 5

OFeira do Libro de Vigo 2016 martes 5 de xullo continúa a Feira do Libro de Vigo (na Porta do Sol, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:

18:30 h. Luís Davila asina exemplares de O Bichero, na caseta da Libraría Librouro.
19:00 h. Presentación do álbum-disco Oviravai, publicado por Galaxia. Intervirán Verónica Santalices, Federico Welicki e Francisco Castro.
19:45 h. Presentación do libro Camilo Nogueira. Pensar Galicia. Pensar o mundo, publicado por Galaxia. Intervirán tamén Fernando Randulfe, Ana Gandón e Víctor F. Freixanes.
20:00 h. Ledicia Costas asinará exemplares das súas obras na caseta da secretaría da feira.
20:30 h.: Presentación de Galería de saldos, de Diego Giráldez, publicado por Xerais. Participan, xunto ao autor, Deborah Vukusic e Fran Alonso.

Vigo: actos destacados na Feira do Libro para o luns 4

OFeira do Libro de Vigo 2016 luns 4 de xullo continúa a Feira do Libro de Vigo (na Porta do Sol, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:

19:00 h. Presentación de Raiolas de sol, de Antonio García Teijeiro, publicado por Galaxia. Intervén, xunto ao autor, Francisco Castro.
19:45 h. Presentación de Aqueles días en que eramos malas, de Inma López Silva, publicada por Galaxia. No acto, xunto á autora, interveñen María Xosé Porteiro e Víctor Freixanes.
20:00 h. Alberte Momán asina exemplares de Bosquexos para unha distopía, publicado por Redelibros, na caseta da Libraría Cartabón.
20:00 h. Sinatura de Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo, publicado por Xerais, na caseta da secretaría da feira.
20:30 h. Presentación de A dúbida, de María Reimóndez, publicado por Xerais, con Gema Zunzunegui e Manuel Bragado.

O galeguismo agasalla a Camilo Nogueira en Trasalba

DesdeCamilo Nogueira Galaxia:
“Unha xornada emocionante. Amigos, compañeiros de andaina política, xente vencellada á cultura galega e ao galeguismo, mesmo de distintas xeracións, confluíron o domingo en Trasalba, na Casa Grande de Cimadevila, para homenaxear a Camilo Nogueira Román (Lavadores, Vigo, 1936), por toda una vida comprometida con Galicia e o galeguismo. O espírito de Otero Pedrayo e da Xeración Nós deixábase sentir no ambiente, coa idea de Europa en primeiro plano, idea tan querida por Camilo, igual que o foi no seu día por Castelao, Otero, Vicente Risco, Villar Ponte…
O escritor Suso de Toro encargouse da laudatio. Unha intervención documentada e sentida, entregada á personalidade da figura a homenaxear, á que no anos 80 dedicou un libro de conversas: Camilo e outras voces (Xerais). “O optimismo da vontade e da intelixencia. A Idea de Galicia sempre en positivo, sempre para avanzar, porque a vontade das persoas é fundamental para construir o futuro dos pobos”, en palabras de Suso de Toro.
Camilo agradeceu o Premio e fixo una chamada á ilusión, a unidade de esforzos para seguir construíndo o país, porque as ideas seguen vivas “e non debemos deixarnos levar por circunstancias que debemos analizar e superar. Galicia é hoxe moito máis forte que hai cincuenta ou sesenta anos, ten moitísima máis creatividade, dispón de moitos mais recursos. Só temos que sabelo organizar e activar”. A continuación, recibiu de mans do Presidente de Honra da Fundación Otero Pedrayo, Xesús Alonso Montero, a figura en bronce de Otero Pedrayo, realizada polo escultor Manuel Buciños,
Actuou no acto o grupo musical Tundal, e presentáronse dous novos títulos da Fundación: a primeira entrega das memorias de Otero Pedrayo, Lembranzas do meu vivir, que comentou o profesor Ramón Villares, autor do limiar; e a recuperación de Parladoiro, escolma xornalística de Otero que no seu día, en vida do autor, realizou o profesor Carlos Baliñas. O presidente da Fundación, Víctor F. Freixanes, fixo tamén referencia ao Premio de Ensaio Ramón Piñeiro, que este ano se concedeu ao libro de Alfonso Mato e Santiago Lamas, De camiños, viaxeiros e camiñantes, unha homenaxe á viaxe a pé que en 1927 realizaron a Santo André de Teixido Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey.”

Camilo Nogueira (Galaxia xuño 2016)(Fotomontaxe publicada por Galaxia)

Compostela: actos destacados do venres 6 na Feira do Libro

OFeira do Libro Santiago 2016 venres 6 de maio continúa a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Lateral da Alameda, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 21:30 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para ese día:

19:00 h. Presentación de Contos nerviosos, de Fran Alonso, publicado por Embora, coa participación de María Solar.
– 20:00 h. Presentación de Canta o cuco, libro-CD de Uxía e Magín Blanco, baseado en poemas de Manuel María, publicado en Galaxia. Participan tamén Romina Bal e Víctor F. Freixanes.

Compostela: actos destacados do xoves 5 na Feira do Libro

OFeira do Libro Santiago 2016 xoves 5 de maio continúa a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Lateral da Alameda, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 21:30 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para ese día:

11:00 h. Inauguración da exposición A Historia da Literatura Fantástica, por Urco Editora.
19:00 h. Memorias contadas. Homenaxe a Neira Vilas, espectáculo de humor con Cándido Pazó.
20:00 h. Presentación da Antoloxía poética de Manuel María, a cargo de Darío Xohán Cabana, publicada en Galaxia. Con Víctor F. Freixanes.