O venres
4 de febreiro, a partir das 21:00 h., na Asociación de Veciños da Agra do Orzán (Rúa Entrepeñas, 38) da Coruña, e con previa inscrición no local da asociación ou 981-200869 (horario de tarde), Xurxo Souto falará sobre “A canción tradicional popular galega e coruñesa”. Organizado en colaboración coa A. C. Alexandre Bóveda.
Arquivos da etiqueta: Xurxo Souto
Xurxo Souto recibe o Premio Leixaprén
A Coruña: Xurxo Souto homenaxea á orquestra Os Satélites
O vindeiro xoves, ás 20.30 horas, no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (rúa dos Olmos, nº 16/18, 1º), Xurxo Souto recitará un poema longo titulado Satélites, Carta Astral. Os Satélites -a gran orquestra coruñesa- cumpre 70 anos e vaino celebrar este venres, cun concerto no teatro Colón. Na véspera do evento Xurxo Souto quere renderlle homenaxe coa lectura destes versos. O propio poema tamén está de aniversario, pois foi escrito hai vinte anos e recitado por primeira vez na Galería Sargadelos de Santiago, o 4 de abril de 1989.
En Satélites, Carta Astral, encóntrase a tradición nutricia da Grecia Clásica coa exuberancia tropical. Entre glosas de música caribeña, o autor acode a varias referencias helénicas -presentes na estética musical contemporánea- que acadan a súa apoteose no preciosismo desta orquestra.
A Coruña: conferencia de Xurxo Souto
Dentro da programación do obradoiro de canción popular A Coruña Son mañá xoves 26 de febreiro Xurxo Souto impartirá unha conferencia co título O influxo afro-americano na canción galega. Durante o relatorio haberá ocasión de escoitar diferentes exemplos que reflicten a pegada dos sons atlánticos na música popular galega. O acto terá lugar no auditorio do Fórum Metropolitano de cinco a oito da tarde, con entrada libre.
O músico e escritor Xurxo Souto é autor entre outros dos libros O retorno dos homes mariños, Contos da Coruña e Os tres trebóns. Desde outubro de 2005 é Director de Programas da Radio Galega, emisora na que conduce o espazo musical Aberto por reformas.
Presentación de “Contos da Coruña”, de Xurxo Souto
Ás 19.00 horas na Feira do libro d’ A Coruña (Xardíns de Méndez Núñez), o escritor Xurxo Souto presenta a nova edición do libro Contos da Coruña, publicada por Edicións Xerais de Galicia.
