Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Velaquí a nova Tabela dos Libros, que ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”
Arquivos mensuais: Xuño 2021
Compostela: conferencia “A arte de anosar A Divina Comedia“, por Darío Xohán Cabana, o 10 de xuño
Compostela: presentación de Quérote canto, de Baldo Ramos e Eva Veiga
Medos Romero: “As obras teñen que estar sostidas por vida; se non a teñen, cáense das mans”
Aberta a participación en galego nos Premios do Tren Antonio Machado de Poesía e Conto
A Fundación dos Ferrocarrís Españois convoca a 40.ª edición dos Premios do Tren Antonio Machado de Poesía e Conto co obxetivo de apoiar a creatividade literaria arredor do mundo do ferrocarril.
Os Premios do Tren están dotados cun total de 22.000 euros, que se reparten entre as dúas categorías (poesía e conto) do xeito seguinte: 6.000 euros para o primeiro premio, 3.000 euros para o segundo e catro accésit de 500 euros en cada unha das modalidades.
O prazo de presentación de obras, que se realizará en formato dixital através da web de Premios do Tren, conclúe o 16 de xullo de 2021. Poden participar autores/as residentes no Estado ou noutros países con obras escritas en calquera lingua oficial do Estado español.”
Conferencia “Cen anos do poeta e crego Faustino Rey Romero”, por Xosé Ricardo Losada Vicente
Presentación das letras galegas 2021: Construción popular e procura da identidade, de Lois Alcayde
Vigo: presentación de Trevo. Triloxía do outono, de Manuel Seixas
Inma López Silva e Ana Romaní gañan os Premios da Crítica 2020 en narrativa e poesía en lingua galega
Desde Nós Diario:
“Este sábado entregáronse os Premios da Crítica 2020, organizados pola Asociación Española de Críticos Literarios, resultando galardoadas as escritoras Inma López Silva e Ana Romaní nas categorías de narrativa e poesía en lingua galega respectivamente.
O libro da filla, a obra narrativa escrita por Inma López Silva, e A desvértebra, o libro de poemas da man de Ana Romaní foron os traballos seleccionados polas colegas de gremio das autoras galegas. (…)
En lingua catalá, os galardóns foron Albert Pijoan, por Tsunami; e María Josep Escrivà, por Sempre és tard.
Na categoría de mellores obras en éuscaro, Pello Lizarralde, por Argiantza; e Jon Gerediaga por Natura berriak, foron os premiados.
Con respecto a selección de autoras e autores en lingua castelá, a elección recaeu en Arturo Pérez-Reverte, coa novela Línea de fuego e en Ramón Andrés por Los árboles que nos quedan.”
Conversas con Sibila, de Rosa Aneiros, na Libraría Couceiro de Santiago os martes de xuño ás 19:00 h.
Desde Xerais:
“Os martes de xuño terán lugar as conversas con Sibila de Rosa Aneiros na Libraría Couceiro de Santiago. Reunións dun máximo de 7 persoas para pequenos encontros arredor de Sibila. Hai café e te -cortesía da casa anfitrioa- para axudar a engulir as palabras. As persoas interesadas poden confirmar asistencia por mensaxe interna de Facebook da autora ou da libraría, na propia libraría Couceiro ou por correo electrónico a rosaneiros@hotmail.com. É imprescindible confirmación de dispoñibilidade.
Martes 8, 15 e 22 de xuño de 2021
Libraría Couceiro. Santiago de Compostela
Inscrición previa obrigatoria.”