Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Compostela: presentación de Amantes, de María Lado
Vigo: actos destacados na Feira do Libro 2018 para o 7 de xullo
O sábado 7 de xullo finaliza a Feira do Libro de Vigo (na Porta do Sol, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 13:00 h. Presentación de Dramaturxia galega actual, de Esther F. Carrodeguas, Ernesto Is, Miguel Sande e Inherente Teatro, publicado por Á Feira Edicións.
– 19:00 h. Manuel Miragaia presenta Galeguia, publicado por Chiado Editora.
Vídeo da presentación de Labirinto ou memoria, de Marta Dacosta, en Vigo
Bases do Premio de Novela Do Peirao 2018
Prender os fachos, compoñer os ósos, de Carlos da Aira, gaña o 34 Premio de Poesía Cidade de Ourense
Desde o Concello de Ourense:
“Prender os fachos, compoñer os ósos, do poeta Carlos da Aira, foi a obra gañadora do 34 Premio de Poesía Cidade de Ourense. O xurado, composto por Luís G. Tosar, poeta e presidente do Pen Club Galicia, Soedade do Muíño, profesora de lingua e literatura galegas, Edelmiro Vázquez Naval, poeta, e Fernando Fitas, xornalista e poeta gañador da edición anterior, resolveu por unanimidade concederlle o premio ao poeta allaricense.
Os integrantes do xurado valoraron a súa obra do seguinte xeito: “Alicerzado nun discurso literario despoxado de artificialismos, mais presentando un conxunto de belas metáforas e un interesante vocabulario, esta obra constitúe un exemplo de como é posíbel transmitir a mensaxe, denunciar, insinuar, dar o recado, usando para o efecto, a poderosa suxestión da palabra, ao final, unha das trabes-mestras da poesía, desempeñando así, unha das súas funcións primordiais, cuxo significado se reviste de particular significado nos días que corren”.
O Premio de Poesía Cidade de Ourense está dotado cun premio de 6.000 euros máis a publicación de 150 exemplares do libro, e está aberto á participación de autores e autoras que presenten obras escritas en galego ou en portugués. O vindeiro ano, o poeta allaricense Carlos da Aira integrará o xurado da 35ª edición.”
Sarria: presentación de Claus e o alacrán, de Lara Dopazo
A Coruña: presentación de Atlas das nações sem estado na Europa
Entrevista a Andrea Barreira sobre Palabra de bruxa
Desde Chamando á Terra da Radio Galega:
“Andrea Barreira acaba de publicar a novela xuvenil Palabra de bruxa en Galaxia. A entrevista pode escoitarse aquí.”