
“O 7 de novembro, ás 19.30 h, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, o poeta e mariñeiro Xosé Iglesias presentará unha performance poética e audiovisual.
O acto, de aproximadamente unha hora de duración, combinará a creación plástica en directo (o autor pintará un tema mariño con acuarelas) coa proxección dunha peza audiovisual. Esta peza, gravada a bordo do seu pesqueiro “Primero Villar”, formúlase como un “canto poético ao mar” e, á vez, como un “berro de esperanza por un oficio que pouco a pouco vai chegando ao seu límite”.
A intervención busca artellar un discurso sobre o mar desde o propio mar, seguindo o ronsel de referentes como Manoel Antonio. Proxectaranse tamén videopoemas baseados nos seus catro poemarios anteriores: Transfusión Oceánica, A relixión do mar, Luces da Costa da Morte e Atlántico Norte, Chamádeme Ismael.
Ademais da performance, presentarase a súa última publicación, o álbum ilustrado Nao Cetácea (Editorial Canela), que continúa a liña da súa obra previa, Nación Mar. Concibido como un “libro de resistencia mariñeira”, Nao Cetácea recolle en 60 ilustracións anécdotas e historias dos pesqueiros do noso país, ofrecendo unha testemuña gráfica e poética dunha cultura en profunda transformación.
As persoas interesadas poden inscribirse aquí.”
Arquivo da categoría: Audiovisual
Crónica videográfica do Encontro Galeusca 2025 (III)
O Encontro Galeusca 2025, organizado pola AELG, coa participación da AELC e da EIE, que contou co apoio de CEDRO, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago, tivo lugar en Santiago de Compostela o sábado 20 de setembro de 2025.
Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe a terceira parte:
– Mesa redonda sobre literatura de tradición oral:
Compostela: Simposio Castelao, o sábado 8 de novembro
Crónica videográfica do Encontro Galeusca 2025 (II)
O Encontro Galeusca 2025, organizado pola AELG, coa participación da AELC e da EIE, que contou co apoio de CEDRO, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago, tivo lugar en Santiago de Compostela o sábado 20 de setembro de 2025.
Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe a segunda parte:
– Diálogo sobre Intelixencia Artificial desde a perspectiva das linguas e literaturas minorizadas:
Pontevedra: Momentos da cultura galega: Castelao en Buenos Aires
Crónica videográfica do Encontro Galeusca 2025 (I)
O Encontro Galeusca 2025, organizado pola AELG, coa participación da AELC e da EIE, que contou co apoio de CEDRO, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago, tivo lugar en Santiago de Compostela o sábado 20 de setembro de 2025.
Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe a primeira parte:
– Apertura do Encontro Galeusca:
– Relatorio inaugural, por Goizalde Landabaso (EIE). A versión en galego do relatorio de Goizalde Landabaso pode descargarse aquí:
Compostela: Coloquios Castelao hoxe e sempre
O autor fala da súa obra: entrevista longa a Manuel Forcadela
Pode verse aquí a entrevista extensa sobre a súa traxectoria a Manuel Forcadela.
Crónica videográfica da Letra das Festas. Revista oral do San Froilán 2025. Chegaron de lonxe: a poboación inmigrante no San Froilán
A Letra das Festas. Revista oral do San Froilán 2025. Chegaron de lonxe: a poboación inmigrante no San Froilán, é unha actividade organizada pola Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo. Tivo lugar o 7 de outubro, ás 19:00 horas, no Auditorio do Centro Cultural Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n). Participaron Luz Darriba, Julieta Insagaray, Kike de Vidal e Leo Zordán, contando coa ambientación musical de Vadim Yukhnevich, nun acto conducido por Lois Pérez.
Aquí pode verse a crónica videográfica:




