Arquivo da categoría: Coloquios
Compostela: Clube de lectura arredor de Ultramarino, de Jesús Castro Yáñez
Compostela: diálogo entre Eli Ríos e Emma Pedreira arredor de Culpables e Bibliópatas e fobólogos
Gondomar: presentación de O monte galego. Caos ou aproveitamento multifuncional?
A
sexta feira 9 de febreiro, ás 20:30 horas, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira, 10, baixo), en Gondomar, o Instituto de Estudos Miñoranos organiza o segundo faladoiro de anticipación do ciclo Galicia 2017-2020: presente e futuros, no que intervirán Alberte Blanco Casal e Alfredo Suárez Canal na presentación do libro O monte galego. Caos ou aproveitamento multifuncional?, publicado por Sermos Galiza. O acto será presentado por Camiño Noia Campos.
Vilagarcía de Arousa: encontro con Marcos Calveiro arredor de O xardineiro dos ingleses
Pontevedra: Teñamos a poesía en Paz, con Lara Dopazo Ruibal, Xosé María Álvarez Cáccamo e Berta Álvarez Cáccamo
Vigo: conversa con Ledicia Costas e Antonio García Teijeiro
Gondomar: María Reimóndez visita o Comando Le
Desde
Espazo Lectura:
“O sábado 27 de xaneiro, a Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas, 36388, Gondomar) vai acoller a primeira sesión do ano do Comando Le, o grupo de activismo cultural de Espazo Lectura para mozos e mozas de máis de 12 anos. Nesta ocasión a sesión xirará arredor do traballo das organizacións de cooperación internacional e contará coa presenza da escritora María Reimóndez, quen lles falará aos comandoleiros e comandoleiras da súa experiencia neste ámbito, moi especialmente desde o proxecto de Implicadas no Desenvolvemento, a ONG galega da que ela foi fundadora no ano 1998 e presidenta ata o 2013. Ademais, aproveitaremos tamén para conversar sobre a súa novela Corredora, obra que os mozos e mozas do Comando Le leron no pasado mes de novembro. Como é habitual, a sesión desenvolverase entre as 20:00h e as 00:00h e faremos unha pausa para cear.”
Gondomar: A historia negada, conferencia-parladoiro con Anselmo López Carreira
Marín: conversa de Elena Gallego Abad con Ledicia Costas
O
venres
19 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Ateneo Santa Cecilia de Marín (Rúa do Forno, 42), Elena Gallego Abad conversará con Ledicia Costas sobre a súa obra.






