Artigo
de Susana Sánchez Arins na Plataforma de Crítica Literaria A Sega:
“(…) Margot Sponer. Do galego antigo ás fronteiras da resistencia é, na aparência, um ensaio para filólogas entusiastas (para mim, vamos): uma pesquisa para recuperar o trabalho, muito especializado, duma investigadora de inícios do século XX. Mas, no avanço da leitura o que encontramos é o relato dum compromisso. Um compromisso claro com a diversidade, com as indefesas, com as perseguidas.
A primeira escolha de Margot Sponer é o objeto de estudo. Era filóloga românica. Podia centrar o seu trabalho em grandes línguas. É provável que todo corresse mais fácil, em recursos e prestígio, se isso fizesse. Porém, escolheu a língua pequena, uma dessas que nem sequer foram levadas ao campo científico, de tão desprezadas e ignoradas. Decidir-se pola língua galega foi uma maneira de tomar partido. De escolher a luz.
Mas não foi a única. Margot Sponer escolheu ficar em Berlim quando outras iam embora, caminho do exílio. E escolheu ficar em Berlim porque desde aí podia ajudar, às rebeldes, às judias, às comunistas. Às anti-nazistas. E novamente luz.
E depois nem sequer sombra. Só trevas.
Assassinada pola Gestapo, provavelmente, o seu nome foi esquecido, o seu trabalho arrombado no faio e a luz apagada. Como a de tantas mulheres que antes que nós foram.
Neste sentido, o trabalho de Antón Figueroa foge das margens da filologia para instalar-se no da memória histórica. Mesmo precisa de recorrer às fontes das que bebe esta última. No rastejo de hemerotecas e fundos de arquivos e cartórios notariais são-nos furtadas informações, falta verdade, mesmo dando com os feitos. Por isso deve recorrer às fontes orais, aos documentos privados, aos testemunhos familiares. (…)”
Arquivo da categoría: Ensaio
Vigo: actos destacados na Feira do Libro 2018 para o 3 de xullo
A
terza feira 3 de xullo continúa a Feira do Libro de Vigo (na Porta do Sol, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 18:30 h. Roteiro con Pedro Feijoo polos lugares recollidos no seu libro Camiñar o Vigo vello, publicado por Xerais. Nesta actividade poderán participar un máximo de 25 persoas por día previa inscrición na Caseta de Secretaría da Feira. Poden participara todas as persoas que presenten un comprobante de compra na feira. A inscrición será por rigorosa orde de chegada.
– 19:00 h. Presentación de O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas, de Iago López, publicado por Xerais.
– 19:00 h. Jorge Lamas asina exemplares de Historias de Vigo, publicado por Xerais, na caseta de Secretaría.
– 19:45 h. Presentación de Fóra do normal, de María Reimóndez, publicado por Xerais. No acto participan, xunto á autora, Fran Alonso e Éric Dopazo. Posterior sinatura en Secretaría.
– 20:30 h. Presentación de María Vinyals. Un talento rebelde, de Isabel Blanco, publicado por Belagua. Participan Carmela Silva, Silvia Cernadas e Edurne Baines. Posteriormente sinaturas en Secretaría.
Ourense: presentación de O Couto Mixto. Aspectos folclóricos, de José Rodríguez Cruz
Vigo: actos destacados na Feira do Libro 2018 para o 30 de xuño e 1 de xullo
O
domingo 1 de xullo continúa a Feira do Libro de Vigo (na Porta do Sol, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para estes días:
Sábado 30 de xuño
– 18:30 h. Presentación do novo libro+cd de Chuches Amil, Monstros con ou sen consentimento, publicado por Galaxia.
– 19:45 h. Presentación de Castelao na arte europea, de Siro López, publicado por Garañón. Posterior firma na Secretaría.
Domingo 1 de xullo
– 19:45 h. José Manuel Ledo Santiso presenta o seu libro de relatos Camiño, publicado por Ir Indo.
– 20:30 h. Falando con Fausta Cardoso Pereira, autora de Dormir com Lisboa, publicado por Urco. Participa David Cortizo.
Nogueira de Miño (Chantada): presentación de Cromatismo divino, de Xosé Lois García
Porto: Manuel Cebral Loureda presenta Teoria da imagem
Casa de Rosalía: presentación de Música da nosa terra, do Padre Manuel Feijoo
Marcas na paisaxe: unha historia do cinema en galego
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“A editorial Galaxia publica Marcas na paisaxe, para unha historia do cinema en lingua galega, coa axuda do Grupo de estudos audiovisuais de Margarita Ledo. Son seis textos arredor do cinema galego que tratan temas como a lingua, a militancia ou a emigración. Pode verse aquí.”





