O
xoves 20 de xuño, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura de Pobra de Trives, terá lugar a presentación das Actas do IV Congreso Manuel Luís Acuña. No acto participan Francisco José Fernández Blanco, Xosé Manuel Cid Fernández, Xoán Carlos Domínguez Alberte e Francisco García Sánchez. Posteriormente, haberá unha representación teatral d’A natureza no reino da escuridade (ambientada na época en que Acuña era estudante en Trives, na primeira década do século XX), a cargo do alumnado do CEIP da Pobra de Trives (dirixida por María Lamelas).
Arquivo da categoría: Literatura e ensino
Aula Fina Casalderrey no IES Pintor Colmeiro de Silleda
A lus do mundo: o poeta Díaz Castro desde o IES de Guitiriz
Máis de catrocentas voces soaron en Bonaval-Compostela na xornada No bico un cantar. Nenos e nenas cantan a Rosalía
Desde
o Consello da Cultura Galega:
“Foi un concerto único, cálido e particularmente emotivo arredor da figura de Rosalía de Castro. O Consello da Cultura Galega e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, xunto coa Fundación Cidade da Cultura de Galicia, organizaron a xornada No bico un cantar. Nenos e nenas cantan a Rosalía celebrada o 7 de xuño nunha ateigada igrexa de San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela. Máis de catrocentos nenos e nenas de 8 a 12 anos dos centros de ensino musical (conservatorios, escolas municipais e coros infantís) cantaron os poemas Maio longo, Rosa de abril, En Cornes e Negra sombra, acompañados polo grupo de metais Hércules Brass e dirixidos por Maximino Zumalave. A xornada veu sumarse aos actos conmemorativos do 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos (1863). Pola mañá os nenos e nenas participantes visitaron a Cidade da Cultura, onde realizaron o ensaio xeral. O concerto debía celebrarse na Praza da Quintana, mais as previsións meteorolóxicas aconsellaron levalo a Bonaval fuxindo da chuvia que, cumpridora da predicción, non faltou á cita. (…)
O acto foi presentado e conducido pola escritora Fina Casalderrey e acolleu tamén as intervencións de Rosario Álvarez, vicepresidenta do Consello da Cultura Galega, e de Xesús Vázquez Abad, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Á igrexa de San Domingos de Bonaval acudiron asemade o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o vicepresidente do Consello da Cultura Galega, Francisco Díaz-Fierros, e a Xerente da Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González Loroño, entre outras autoridades e representacións. (…)”
A cociña literaria de Xesús Constela
Desde
o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Pasou onte polo Club de Lectura II do IES de Valadares o escritor Xesús Constela. O encontro, desenvolto no Espazo de Lectura «Celso Emilio Ferreiro», centrábase nun principio en diversos aspectos que podería suscitar a lectura de 15.724 pero, na realidade, sobordou con moito os límites que podería suxerir un faladoiro sobre este título. (…)
No Club de Lectura soubemos o que, doutro xeito, talvez sería imposible como as razóns que levaron a Constela a escoller a imaxe da ave durmida ou o armadillo como símbolo; desvelou as dificultades que supoñen para el tanto a escolla dos títulos como dos nomes dos personaxes alén de confesar as fontes empregadas para construír o discurso ampuloso e cheo de naftalina que empregan os xornalistas. Non esqueceu, tampouco, confesar as claves dunha novela alicerzada nese punto exacto da ficción e realidade, no xogo de catro voces narrativas e mais na relevancia que pode adqurir un final conscientemente aberto a diversas posibilidades interpretativas. (…)”
Mazaricos: Poetic dj, con Elvira Riveiro e Carina Posse
O IES de Silleda dedica unha aula a Antonio Reigosa
Desde
Xerais:
“O IES Pintor Colmeiro de Silleda dedicou unha aula a Antonio Reigosa, tal e como recolle o blog Trafegando ronseis.
“Onte foi outro deses días extraordinarios que a min me deixan totalmente exhausta pero completamente satisfeita. Recibir un escritor, amigo, e que a homenaxe saia ben, que os bos momentos sexan todos, e que as brétemas que ás veces nos alcanzan cheguen a desaperecer… Temos un alumnado marabilloso, entregado, simpático… disposto a quedar sen recreos, a facer horas “extras” para agasallar cun álbum, para ensaiar unha obriña. Estou absolutamente rendida á súa xenerosidade.
Por suposto, Reigosa deleitounos coa súa retranca e os seus contos. Como o d‘O gato con botas en versión moderna. E contestou preguntas e o tempo voou. (…)”.
Vídeo da intervención de Xabier P. DoCampo no IES de Silleda arredor da súa obra O país atormentado
Baio, Zas: conferencia de Xosé María Lema Suárez
O
luns 13 de maio, ás 10:45 horas, Xosé María Lema, autor de Costa do Solpor, impartirá a conferencia D’A Illa do tesouro á Costa do Solpor aos alumnos e alumnas do IES Maximino Romero Lema de Baio en Zas. Esta conferencia é o acto inaugural da Semana Cultural das Letras Galegas 2013 neste centro escolar.
Materiais didácticos sobre o Día das Letras Galegas do IES Espiñeira-Aldán (Cangas)
Nesta ligazón pódense ver os diferentes materiais didácticos con motivo do Día das Letras Galegas 2013, recollidos na rede polo EDLG do IES Espiñeira, de Aldán (Cangas).
Destacamos, a xeito de exemplo, estes vídeos:
