Arquivo da categoría: Entrega de premios
Ourense: acto de entrega da Medalla de Ouro do Liceo de Ourense a Xesús Alonso Montero
Bueu: entrega dos premios de poesía e xornalismo Johan Carballeira 2023
Premios concedidos no Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo 2023
“O pasado 5 de maio celebrouse a cerimonia de entrega de premios do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo.
O xurado, composto por Ana Cabaleiro López (representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), Esperanza Luz Mariño Davila (representante da Asociación Galega da Crítica), José Ignacio Silva Regueira (primeiro premio na 31ª edición) e Alfredo Ferreiro (director literario do Certame, que asistiu como secretario, con voz e sen voto), decidiu por maioría conceder os seguintes premios:
O primeiro premio para Sinfonía a 3 voces sobre unha cidade a tumba aberta, presentada baixo o lema “Unha historia posible” e con autoría de D. Roberto Rodríguez González (no seu nome recolleu o premio por causas xustificadas D. Anxo Sánchez), que contou coa seguinte dotación: 4.000€ e a edición da obra;
O segundo premio para Levidade, presentada baixo o lema “Etérea” e con autoría de D. Agustín Agra Barreiro, que contou coa seguinte dotación: 2000€ e a edición da obra;
O terceiro premio para Endodoncias, presentada baixo o lema “Paki” e con autoría de Dna. Inmaculada Núñez Núñez, que contou coa seguinte dotación: 1000€ e a edición da obra.
Os premios, elixidos entre 55 concorrentes, coñecéronse durante unha cerimonia que presentou Alfredo Ferreiro e contou coa arte musical de Mónica de Nut (acompañada de Luís Martíns) á volta do seu último traballo Raíces aéreas. O arranxo floral do escenario, acorde coa temática do disco da artista, foi responsabilidade do decorador florista Richar del Toro. (…)”
Arteixo: entrega dos Premios do 32º Certame de narracións breves Manuel Murguía
Gondomar: acto de entrega do XIV Premio de poesía Victoriano Taibo
Ramil, Agolada: “Entroido 2023. V Lupercais na Eira da Xoana”
A Coruña: Gala de Premios dos Certames da Cultura da Deputación
Vigo: entrega do XX Premio de poesía Afundación a Ledicia Costas
Toda a información sobre o acceso ao evento aquí.
O escritor Álex Alonso recibirá o premio Lueiro Rey o domingo 15 no Grove
Desde Pontevedra Viva:
“O acto de entrega do XXVIII Premio Manuel Lueiro Rey terá lugar este domingo 15 de xaneiro a partir das 12.00 horas na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.
O escritor Álex Alonso recibirá este premio pola súa novela O estranxeiro, un traballo no que adapta a obra orixinal de Albert Camus buscando un estilo máis humorístico. (…)
O Manuel Lueiro Rey está dotado con 3.000 euros e a obra será publicada pola editorial Edicións Xerais.”