“Chelo Suárez
e Martiño Maseda, en galego, e José Manuel Moreno e Miguel Sánchez Carballos, en castelán, foron os gañadores da décimo terceira edición do Certame de narración curta Ánxel Fole, convocado polo Concello de Lugo. O xurado, composto polos escritores Isidro López Novo e Xosé Otero Canto e o editor Henrique Alvarellos, decidiron outorgar o primeiro premio do certame en galego á obra Recantos, presentada por Chelo Suárez Muíños, da Coruña. En castelán, o primeiro premio levouno Ningún ollo humano, de José Manuel Moreno Pérez, de Madrid. Desta obra. o xurado valorou o dominio da linguaxe experimental e a gran tensión narrativa, que manteñen o clímax da obra. En total, presentáronse 52 obras: 20, en galego, e 32, en castelán. En cada unha das categorías, o primeiro premio é de 1.000 euros e o segundo, de 500. O xurado destacou a gran calidade das obras, especialmente as escritas en galego”. Vía El Progreso.
Arquivo da categoría: Premios narrativa: ditames
Lugo: entregados os Premios da Edición 2010
O gremio editorial galego celebrou o sábado 12 de marzo en Lugo a VI Noite da Edición de Galicia, unha gala coa que a Asociación Galega de Editores reúne anualmente a todos aqueles que traballan no eido da produción e edición do libro. No acto entregáronse os Premios da Edición 2010, concedidos polos propios editores. O acto foi presidido por Manuel Bragado Rodríguez, presidente da AGE, e contou coa presenza do director xeral do Libro, Francisco Rodríguez Barxas, o secretario xeral de Política Lingüistica, Anxo Lorenzo, o vicepresidente da Deputación de Lugo, e a concelleira de Cultura de Lugo. Nesta VI Noite da Edición foron homenaxeadas no apartado da Edición Histórica as editoriais Ir Indo e Hércules de Ediciones, polo seu XXV aniversario, así como o que fora director e editor de Edicións Toxosoutos, Xosé Agrelo Hermo, falecido no ano 2006. Os editores nomearon socio de honra ao seu ex presidente, Alfonso García Sanmartín, ao que se lle recoñeceu o traballo e a traxectoria profesional. O Premio Francisco Fernández del Riego recaeu en Espazo Lectura, unha iniciativa da sociedade civil coa que se pretende incentivar a lectura e a relación cos libros desde asidades máis temperás.
Tralas votacións dos membros do xurado composto por un escritor, unha editora, un crítico, un libreiro e unha xornalista, resultaron gañadores das correspondentes modalidades:
– Premio Ánxel Casal ao Libro de ficción do ano 2010: Todo é silencio, editado por Edicións Xerais, de Manuel Rivas.
– Premio Ánxel Casal ao Libro de non ficción do 2010: Construtores, editado por Kalandraka Editora, de Xulio Gutiérrez.
– Premio Ánxel Casal ao Libro de poesía ou teatro do ano 2010: Estremas, editado pola Editorial Galaxia, de Ana Romaní.
– Premio Xosé Neira Vilas ao Libro infantil e xuvenil 2010: Contos para nenos que dormen deseguida, editado por Kalandraka Editora, de Pinto & Chinto.
– Premio Lois Tobío ao Libro traducido do 2010: 30 gramos, editado por Alvarellos Editora, traducido por Ramón Nicolás.
– Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro ilustrado do ano 2010: A colección Rodribrico, editada por Baía Edicións, ilustrada por Xosé Tomás.
– Premio Xosefa Vilarelle ao Libro educativo do ano 2010: Gramática práctica galega, editado por Baía Edicións, de Xoán López Viñas e outros.
– Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor ou autora do ano 2010: Xosé Neira Vilas.
– Premio Rosalía de Castro á iniciativa editorial 2010: Asociación Culturgal, iniciativa do sector editorial galego consolidada e formalizada no ano 2010 como entidade asociativa responsable da Feira das Industrias Culturais de Galicia.
Gañadores do Premio Adiala 2010
“Reunido
o xurado do Premio Adiala 2010 de relato curto, do Centro Galego de Mallorca, o pasado 17 de decembro de 2010 e composto por D. Perfecto E. Cuadrado Fernández, Dna. Mª del Carmen González Moreno e D. Carlos Ramos Aguirre, decidiu por unanimidade conceder o PRIMEIRO PREMIO a Chelo Suárez Muíños polo seu relato Monólogo dun cadáver. Asimesmo, conforme ás bases do certame, o xurado decidiu conceder un ACCÉSIT a Darío Portela Núñez polo seu relato A partida. Ademais o xurado salientou a boa calidade dos orixinais presentados nesta edición, sinaladamente a dos relatos A garda de Diana Varela Puñal e Agre de Clara do Roxo, que tamén serán publicados na Revista Adiala”.
Santiago: entrega dos premios Minicontos de Outono
Acta do xurado do XIX Certame Literario A Pipa 10 da Alta Montaña (poesía e relato)
Silvia Álvarez gaña o certame Minicontos de Outono, promovido polo Centro PEN Clube e L-V
No ventre morno do río, unha crúa historia de Silvia Álvarez que agocha moitos segredos, resultou o relato gañador do primeiro premio do certame de Minicontos de Outono, que promoveron o Centro PEN de Galicia e LV-De Luns a Venres e que está dotado con 600 euros libres de impostos. O segundo premio, que ten unha dotación de 300 euros, recaeu en Controladores e calendarios, un texto do mestre pontevedrés José de la Torre Culler que aborda unha temática tan de actualidade como é o recente caos aeroportuario vivido en España. Finalmente, un orixinal e arriscado microtexto de Eugenio M. Alonso, Calcio, foi merecedor do terceiro premio, que está recompensado con 100 euros. Ademáis, as tres pezas recoñecidas serán publicadas nas edicións, tanto impresa como dixital, do xornal gratuíto De Luns a Venres. O xurado do certame, que se reuníu o pasado venres en Compostela no Centro PEN de Galicia, que preside Luís González Tosar, estivo composto polo escritor e xornalista Santiago Jaureguizar, o escritor Bieito Iglesias, a escritora e profesora da UVigo Rexina Vega, a profesora e tradutora Daniela Sotgiu, o director do Centro PEN Galicia, Xabier Castro Martínez, e os xornalistas Diego de Cora e Juan Méndez. Máis información en Galiciaé. Tamén aparece recollida esta nova en Galicia Hoxe, e ampliada posteriormente en Galiciaé.
Emma Pedreira e Pepe Pol gañan os premios de poesía e narrativa Manuel Oreste Rodríguez López
Xosé Alfredo Naz gaña o XXXVI Certame Nacional de Narracións Breves Modesto R. Figueiredo
Xosé
Alfredo Naz gañou o premio XXXVI Certame Nacional de Narracións Breves Modesto R. Figueiredo, que outorga a Fundación Pedrón de Ouro en colaboración co Concello de Vilagarcía de Arousa, coa obra O Mal, e tamén obtivo o primeiro accésit con A sombra da curuxa. O segundo accésit foi para Clara Isabel Rodríguez con Retallos da memoria perdida. O xurado do premio, que tivo escoller entre as máis de 60 obras presentadas, estivo formado nesta edición polo presidente do Pedrón de Ouro, Manuel Caamaño, os membros do Padroado David Otero e Xesús Santos Suárez, os escritores Ramón Caride Ogando, Marcos Calveiro e Miro Villar e o responsable de Normalización Lingüística do concello de Vilagarcía, Manuel Campos Sanmartín. A nova foi recollida en La Voz de Galicia e Faro de Vigo.
Fallados os premios do certame literario Terras de Chamoso
A Asociación Cultural Arumes do Corgo entregou este sábado 17 de decembro os premios aos gañadores do IV Certame Literario Terras do Chamoso nun acto celebrado no Centro Sociocultural do Corgo. Deixamos aquí un extracto da acta da reunión do xurado, que se pode consultar completa neste enlace:
“Sendo as 19:00 h do día 14 de decembro de 2010, na localidade do Corgo, reúnense os membros do xurado para fallaren os premios da IV edición do Certame Literario “Terras de Chamoso”, convocado pola Asociación Cultural Arumes do Corgo, do que forman parte: D. Xurxo Xosé Rodríguez Lozano, D. Xosé Manuel Castro Castedo, D. Xabier P. Docampo, D. Isidro Novo e Dna. Pilar García Negro, exercendo de secretario do xurado, sen voto, o secretario da A.C. Arumes, D. Mario Outeiro Iglesias.
Logo das deliberacións pertinentes e das votacións oportunas, os membros do xurado conclúen declarar premiados na IV edición do Certame Literario “Terras de Chamoso” como segue:
CATEGORÍA: INFANTIL
Modalidade: poesía
1º premio: Ana Celeiro Sal, de Espasande (Castroverde), pola obra O outono.
2º premio: María López Pérez, de Cela (O Corgo), pola obra Á beira do Neira.
1º accésit: Ángela Rincón Rodríguez, de Sarria, pola obra A lúa.
Modalidade: relato
1º premio: Judit Lourido Villa, de Nadela (Lugo), pola obra Lobezno e a lúa.
2º premio: Silvia López López, de Mirandela (Castroverde), pola obra Cousas da vida, xa sabes….
1º accésit: Andrea Varela Díaz, de Barredo (Castroverde), pola obra O trasno do Monte Patuco.”
2º accésit: Rubén Manuel Torrón Vázquez, de Manán San Cosme (O Corgo), pola obra A fábula de Wall Street.
CATEGORÍA: XUVENIL
Modalidade: poesía
1º premio: Elisabet Rey González, de Noia, pola obra O que eramos e agora xa non somos.
2º premio: Cristina Pernas Pereiro, de Paradela (O Corgo), pola obra O Corgo.
Modalidade: relato
1º premio: Sandra López López, da Veiga de Anzós (Láncara), pola obra Carta a unha amiga maltratada.
2º premio: Antía Tacón García, de Lugo, pola obra A viaxe de Karima.
CATEGORÍA: ADULTOS
Modalidade: poesía
1º premio: Xosé Otero Canto, de Lugo, pola obra Chuchas acaroadas das vagas.
2º premio: Natalia Alonso Ramos, de Vilaronte (Foz), pola obra A equilibrista e o circo.
Modalidade: relato
1º premio: Pedro Naveira Pedreira, da Coruña, pola obra Unha viaxe desacougante.
2º premio: Xosé Luís Vázquez Somoza, de Zolle (Guntín), pola obra Conta xusta.”
Coñécense os gañadores dos Premios Ánxel Casal da Concellaría de Educación de Santiago
Afonso
Francisco Traficante Fernández, de Ordes, con 14 anos, foi o gañador do XV Premio Ánxel Casal, convocado pola Concellaría de Educación de Santiago, na modalidade de poesía por Nós corredizos, unha obra que a escritora Dores Tembrás, integrante do xuri, considerou “extraordinaria e dunha brillantez e madurez poética pouco habitual”. Na modalidade de conto, o premio foi para Brais Lamela Gómez, de 16 anos, alumno do IES Basanta Silva (Vilalba). Da súa obra, Fiat Voluntas Tua, sinalou Marcos Calveiro, escritor e membro do xuri, a “calidade literaria e o uso dos recursos lingüísticos do galego”. En teatro, a premiada foi Lara Porto Mato, de 17 anos, alumna do colexio compostelán Manuel Peleteiro, por Sagrada Familia. A entrega dos premios celebrarase o xoves 16 de decembro, ás 12:00 h. no Pazo de Raxoi, en Santiago. Máis información aquí.
