Arquivo da categoría: Homenaxes
A Coruña: XX Memorial de Teatro Ibán Toxeiro
A Asociación Cultural Alexandre Bóveda, ao chegar o seu Memorial Ibán Toxeiro á súa XX edición, pretende celebralo dun xeito diferente, aínda que complementario a anteriores ocasións. Sempre, o noso Memorial quixo unir a actrices e actores amadores e profesionais nun mesmo escenario, nunha clara homenaxe a un actor que formou parte activa de ambos mundos. Mais esta vez, é a pretensión dos directores da gala, Xoán Carlos Mejuto e Lino Braxe, realizar unha fusión do oficio actoral, tanto amador como profesional, non presentando obras en compartimentos estanco diferenciados, senón abordando a estrea da obra de Álvaro Cunqueiro Romeo e Xulieta, famosos namorados, peza na que participarán actores e actrices profesionais e amadores sen distinción. O grupo de teatro da ACAB, Teatro Valacar e a coral Breogán da ONCE, xunto con actores como Xosé Bonome, Manuela Varela, Pedro Picos, Sabela Hermida, Xosé Vilarelle e outros profesionais da escena, serán os encargados de levar adiante este desafío. Asemade, Teatro Proscrito realizará un fragmento do Edipo de Manuel María.
A AELG adhírese á Homenaxe Nacional a Camilo Nogueira
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega adhírese á Homenaxe Nacional a Camilo Nogueira que terá lugar mañá, 11 de novembro, a partir das 19:00 horas, no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, destacando o inmenso valor das súas achegas á escrita ensaística, tanto no ámbito historiográfico como no da atenta análise económica, social e política. É un motivo de orgullo para a AELG contar coa súa participación como escritor no noso colectivo, e desexamos que o seu caudal creativo continúe abrindo horizontes para a cultura, lingua e sociedade galegas.
Compostela: Homenaxe a Camilo Nogueira, o 11 de novembro
O 11 de novembro o Auditorio de Compostela acollerá a Homenaxe Nacional a Camilo Nogueira, un acto que contará coa presenza de representantes da cultura, da sociedade civil e da política (estarán presentes os portavoces dos 4 grupos parlamentares); mais tamén de numerosos cidadáns que queren recoñecer unha figura que, como admiten os propios promotores do acto, non tivo o recoñecemento que merecía. Máis de 700 persoas se sumaron xa a esta iniciativa. (Desde Sermos Galiza)
Santiso d’Abres: homenaxe a Clemente Amago López-Villar, o sábado 29 de outubro
Actividades destacadas do VI Festival Internacional Vigo Kerouac de Poesía e Performance
O VI Festival Kerouac Vigo de Performance e Poesía, ten os seguintes actos destacados dentro do seu programa:
Xoves 20
– 13:00 h. Porta do Sol. Antonio García Teijeiro participa na homenaxe a Carlos Oroza.
– 19:00 h. Urban Market Progreso 41. Obradoiro Internacional de Tradución Poética. Recital a seis voces coordinado por Yolanda Castaño, coa participación de Dores Tembrás.
Venres 21
– 19:00 h. MARCO (Rúa Príncipe, 54) -entrada para o espectáculo completo: 5 euros-. Recital de María N. Soutelo.
– 22:15 h. La Fiesta de los Maniquíes (Rúa Rogelio Abalde, 11) -entrada para o espectáculo completo: 5 euros con consumición-. Recital de Antonio García Teijeiro.
Domingo 23
– 13:30 h. Urban Market Progreso 41. Vermú poético, coa presenza de Francisco Castro.
Compostela: Simposio Xaime Isla Couto: raíz e utopía de Galicia
A Fundación Xaime Isla Couto organiza o Simposio Xaime Isla Couto: raíz e utopía de Galicia, na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela. A inscrición é gratuíta e pode facerse aquí.
O programa é o seguinte:
Xoves, 20 de outubro de 2016
Mañá
9:00. Entrega de documentación.
9:30. Inauguración. Juan Viaño, Anxo Lorenzo, Manuel Meixide e Marcelino Agís.
Sección I. O galeguismo político de Xaime Isla.
• 10:00. Carlos Baliñas Fernández (USC): “Un intento de Partido Galeguista: o Partido Popular Galego (1976-1979)”.
• 10:30. Uxío Breogán Diéguez Cequiel (UDC): “Xaime Illa: dos agrupamentos Ultreya á Federación de Mocedades Galeguistas (1932-1936)”.
• 11:00. Justo Beramendi (USC-Museo do Pobo Galego): “Os dilemas do galeguismo baixo a Ditadura”.
• 11:30. Rolda aberta.
• 12:15. Visita guiada á exposición “Xaime Isla: raíz e utopía de Galicia”
• 12:45. Miguel Barros (USC): “A Xeración Galaxia e a revisión do nacionalismo”.
• 13:15. Ramón Villares (USC-Consello da Cultura Galega): “A viraxe de 1950: da política á cultura”.
• 13:45. Rolda aberta.
Tarde
Sección II. O pensamento humanista de Xaime Isla.
• 16:00. Carlos Fernández (UVIGO): “O pensamento epocal da Xeración Galaxia”.
• 16:30. Alba Iglesias Varela (USC): “O rexionalismo xaponés de Kenichi Ohmae no pensamento de Xaime Isla”.
• 17:00. Xosé Luis Pastoriza Rozas (USC): “Xaime Isla e os homes da Populorum Progressio: J. Maritain, W. Röpke, E. Mounier e J-L. Lebret”.
• 17:30. Rolda aberta
• 18:15. Pepe Barro (Grupo Revisión Deseño): “Tres pés para un tríscele. Os irmáns Isla Couto e a identidade corporativa de Zeltia”.
• 19:15. Rolda aberta
• 19:30. Presentación da fotobiografía Xaime Isla: raíz e utopía de Galicia (Vigo, Editorial Galaxia, 2015).
Venres, 21 de outubro de 2016
Mañá
Sección III. O pensamento económico de Xaime Isla.
• 10:00. Xoán Carmona (USC): “O emprendemento galeguista: os irmáns Fernández López e os Illa Couto”.
• 10:30. Mesa redonda: “O pensamento económico galego nos anos 50 e 60”.
o Miguel Anxo Bastos Boubeta (USC): “Liberalismo económico no galeguismo da posguerra”.
o Xavier Martínez Cobas (UVIGO): “Os berros galeguistas de Xaime Isla: a Revista de Economía de Galicia”.
o Modera: Xosé L. Pastoriza Rozas (USC)
• 11:30. Rolda aberta.
Sección IV. Xaime Isla e a galeguización da Igrexa.
• 12:15. Quico Dominguez (SEPT): “Xaime Isla e a inculturación da Igrexa Galega”.
• 12:45. Xosé Fernández Lago (ITC): “A tradución da Biblia ao galego desde as linguas orixinais. Atrancos e axudas no camiño da luz”.
• 13:15. Marcelino Agís Villaverde (USC): “A misa de Rosalía: os acontecementos de 1969”.
• 13:45. Rolda aberta.
Tarde
Sección V. O galeguismo cultural de Xaime Isla.
• 16:00. Víctor F. Freixanes (Editorial Galaxia): “A Editorial Galaxia: unha ollada estratéxica”.
• 16:30. Xosé Luís Franco Grande (Real Academia Galega): “Xaime Isla nas orixes do europeísmo en Galicia”.
• 17:00. Mª Dolores Villanueva Gesteira (Fundación Penzol): “Xaime Isla, o proxectista da Editorial Galaxia (1950-1963)”.
• 17:30. Rolda aberta.
Sección VI. Xaime e os “Novos”: a transmisión xeracional do galeguismo.
• 18:15. Xosé Carlos Morell (Empresario): “O futuro da cultura galega e Xaime Isla: entre o pragmatismo e a revolución”.
• 18:45. Camilo Nogueira Román (Economista e ensaísta): “Xaime Isla e o galeguismo que herdamos”.
• 19:15. Rolda aberta.
• 19:30. Mesa de clausura: Xaime Isla nas institucións galegas.